Arquivo | Taragoña RSS feed for this section

XV Autocross O Castro

5 Out

autocross

Este próximo sábado, 10 de outubro, terá lugar en Taragoña o XV Autocross o Castro. A xornada comezará cediño, ás 9 da mañá, coa chegada dos participicantes e as oportunas verificacións. Así e todo, os motores comezarán a ruxir a partir do mediodía, cos adestramentos. E a adrenalina, derrapes e aceleróns viviranse sobre todo a partir das 14.45 horas, cando comezan as semifinais.

Praias de Rianxo: A Torre

29 Ago

torre1

Velaquí unha serie de imaxes da praia da Torre, en Taragoña, propiedade da web Turgalicia. Sorprende sobre todo a vista dende o aire e a lonxitude do areal, que hai anos estaba dividido en dous xa que onde hoxe está a torre de ladrillos, no seu día había unha fábrica de flotadores de batea.

Seguir lendo

Fotos da andaina ata o Pozo Bastón

10 Ago

Ruta pozo Bastón  (1)

Onte pola mañá convocamos a quen se animase a participar nunha andaina duns 11 quilómetros, os que unen a Ponte de Té, en Taragoña, co Pozo Bastón, no Araño. E a verdade é que a experiencia non puido resultar mellor, xa que ao percorrido fomos unhas 42 persoas, ás que se uníu outra media ducia na Ferrería. Velaquí un pequeno resumo rápido de como foi a mañá.

Seguir lendo

Ruta polo río Te ata o Pozo Bastón

2 Ago

rutapozobaston

Dende Rabunho Rexeita e dende Fotos de Rianxo gústanos presumir, e moito, das paraxes de Rianxo. Por esa razón, o próximo domingo, 9 de agosto se nos ocurríu facer unha ruta de sendeirismo, á que vos animamos a unirvos. Se queres pasar unha agradable mañá desfrutando da paisaxe rianxeira, só te tes que apuntar en http://ir.gl/rutaTe

Seguir lendo

Entrevista a Gonzalo Hermo, poeta gañador do Premio da Crítica e do Premio Nacional de Literatura 2015

27 Xul
No paseo marítimo de Rianxo. Cedida por Gonzalo Hermo

No paseo marítimo de Rianxo. Cedida por Gonzalo Hermo

Ten só 28 anos, pero a Asociación Española de Críticos Literarios xa lle concedeu o seu premio pola súa obra Celebración. Gonzalo Hermo, de Taragoña, daba xa antes mostra do seu talento como poeta en Crac, un poemario convertido en mediametraxe polo director Lázaro Louzao. Por se isto fose foi, acaba de ser premiado co Premio Nacional de Literatura 2015, na modalidade de Poesía Jovén “Miguel Hernández”, dotado con 20.000€. A súa obra, escrita en galego, vemos que ten un gran recoñecemento. De feito, o xurado valorou “a aposta por abrir novos camiños para a expresión poética apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora”.

Aínda que hai máis de 10 anos que non vive aquí, preguntámoslle que significa para el Taragoña, como foi a presentación do seu libro no Curral do Marqués e sobre a saúde da poesía e da nosa lingua.

Seguir lendo

Festival Antrospinos 2015

20 Xul

Este ano celébrase a oitava edición do Festival Antrospinos. E como eles mesmos indican, nesta ocasión “volvemos ás raíces”, polo que “o Antrospinos orixinal renace en formato romaría e con concertos en familia”. Por esa razón animan a todo o mundo a “brindar polos vellos tempos”.

A festa comezará o venres, no Curral do Marqués de Taragoña. E seguirá o sábado 25 de xullo en Campo Maneiro. Ademais da tradicional matraquillada despois de comer, contarán pola noite con varios grupos e DJ.

Festas de Taragoña 2015

13 Xul

Esta fin de semana volve a troula ao noso Concello. En concreto a Taragoña, que celebra as súas festas grandes cunhas orquestrazas. Así que idea puntando na vosa axente que dende o xoves ao domingo toca pasar por Campo Maneiro para bailar e pasalo ben .

En concreto, o día 16 estarán a París de Noia (aí é nada) e a Atenas. O venres Charleston Big Bang e Nueva Generación serán as que animen a noite, mentres que A Oca e Chanel darán marcha ao sábado. A festa rematará o domingo con Marbella e Limón.

Entre medias estará os grupos de gaitas Buxaina, Río Anxo, Castromao e Río Vello, as bandas de Rianxo e de Boiro, a charanga Vai de Baile, marichis… así que non podes quedar na casa, xa que en Taragoña deseñaron un cartel impresionante.

taragonha2015_1
taragonha2015_2

Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 2)

26 Abr

taragonha_igrexa

Onte explicábamos aquí como, alá polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.

Seguir lendo

Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 1)

25 Abr

taragonha

Hoxe queremos lembrar unha historia que aínda segue a dar que falar en Taragoña. E iso que xa van alá varias décadas, en concreto 45 anos. Pero foi un tema tan profundo e que callou tanto nesa parroquia, que aínda hoxe en día hai veciños que cando morren non fan funeral: entérranse directamente sen pasar pola igrexa e sen a cerimonia do funeral.

Seguir lendo

O día a día dunha biblioteca escolar: a do Brea Segade de Taragoña

3 Abr