Arquivo | Taragoña RSS feed for this section

Cartel das festas de Taragoña, 2014

11 Xul

Para o vindeiro fin de semana celebraranse na parroquia de Taragoña as súas festas do verán.

Durante os catro días de festa, poderemos desfrutar de grandes orquestras como  Abanico, Olympus, Capitol… Ademais de charangas, gaitas, bandas de música: cartaz Taragoña

Fotos e vídeos da XV Subida o Castro Barbudo

25 Mai

saida
O pasado 17 de maio, celebrouse a XV Subida ao Castro Barbudo. Nin máis nin menos que 15 anos dunha proba na que os participantes coñecen os montes rianxeiros e, nesta edición, tamén os de Lousame.

Seguir lendo

Día das Letras Galegas 2014 en Taragoña

23 Mai

Taragonha01

O pasado 17 de maio, a xente da Asociación Antrospinos organizaba en Taragoña unha festa. Celebrábase a festa das nosas letras, o Día das Letras Galegas 2014. Ademais, pedían ir coa indunmentaria de 1906 para facelo máis enxebre.

Seguir lendo

Peña Cicloturista Castro Barbudo, amigos da bicicleta e do monte

12 Mai

castrobarbudo

Este sábado 17 de maio, terá lugar a XV Subida ao Castro Barbudo, que organiza a pena cicloturista que leva o mesmo nome que o coñecido monte de Taragoña. Aínda estades a tempo de apuntarvos e desfrutar dos montes rianxeiros. Como xa van alá 15 anos organizando esta proba, quixemos coñecer un pouco máis sobre eles e por iso lle mandamos un pequeno cuestionario ao seu presidente, Moncho. Fálanos do bo ambiente que se respira, da paixón pola bicicleta e do traballo ao longo de todo o ano para preparar non unha proba, senón tres.

Seguir lendo

XV Subida o Castro Barbudo: 17 de maio

26 Abr

Como cada mes de maio, os amigos da Pena Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña organizan unha proba polos montes de Rianxo, a Subida ao Castro Barbudo. Este ano realizarase o sábado 17 de maio.

Hai un límite de 200 participantes e o prazo de inscrición remata o 15 de maio. Este ano rebaixaron a cota de inscrición, que será de 10 euros para federados e de 12 euros para non federados (polo seguro obrigatorio de un día por imposición da Federación Galega de Ciclismo).

Os que se queiran inscribir teño que facelo a través deste web.

Máis información e perfil da ruta en castrobarbudo.com

Fotos da I Regata de Kayak de Mar Concello de Rianxo – Conservera de Rianxo

17 Abr

kayak1

O pasado sábado, 12 de abril, celebrouse na nosa localidade a I Regata de Kayak de Rianxo. Aquí vos deixamos algunhas estupendas fotografías realizadas por Xigui. Iso si, trátase dunhas poucas imaxes que forman parten dun completo álbum que podedes visitar en tufutografia.es

Seguir lendo

Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo

15 Abr

IMG_0077 copia

O pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.

Seguir lendo

Imaxes da enchenta no río Te

31 Mar

rio1

As pasadas semanas, non fixo máis que chover, así que o río Te desbordou. Velaquí algunhas imaxes da enchenta ao seu paso polo Batán, A Laxe e A Castiñeiriña.

Seguir lendo

Mulleres que rompen Moldes

24 Mar

IMG_0343 copia

Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalizción lingüística do Concello de Rianxo encargoulle ao Cadro Artístico Airiños a realización dun novo TEATRO-EXPRÉS, que fale aos pequenos da vilae aos que se queiran achegar, das MULLERES que foron importantes para o desenvolvemento da nosa historia.

Seguir lendo

Reaberta a pasarela sobre o río Te

18 Mar

Como sabedes, a pasarela sobre o río Te estaba pechada ao público porque sufríu unha remodelación importante. Dende hai uns meses non se podía transitar por ela, a raíz dun acto vandálico no cal se viu afectada a estrutura da ponte de madeira. Pero o caso é que hoxe, despois de varios meses de espera, xa podemos desfrutar da pasarela. Así que os rianxeiros van poder estirar ao máximo os paseos pola beira do mar, chegando ata a praia da Torre. É unha mágoa que xusto esta fin de semana veña mal tempo, pero de seguro que pronto chega o sol para poder estrear a nova estrutura.

Foto de Xoán Antón Castro

Foto de Xoán Antón Castro

IMG-20140318-WA0002

Foto de Xoán Antón Castro