Os irmáns Insua e a súa tráxica morte

17 Xan
irmansinsa

Os irmáns Insua. Foto de rianxeiros.blogspot.com.es

De seguro que a todos vos soan os irmáns Insúa. Pero pola rúa que teñen en Rianxo, que moitos de vós colledes para ir ao Mercadona, ao aparcadoiro da praza ou á farmacia, pero non pola súa tráxica historia. Grazas ao blog de Comoxo queremos contarvos quen eran e que foi o que lles aconteceu.

Seguir lendo

Chuvia

11 Xan

auga

Velaquí algunhas imaxes do moito que choveu estes días nas parroquias de todo Rianxo.

auga2

IMG_2177

IMG_2187

IMG_2189

IMG_2192

IMG_2193

IMG_2195

IMG_2198

IMG_2199

IMG_2202

IMG_2203

IMG_2208

Os Reis Magos xa están en Rianxo

5 Xan

Reis

Semella que a pesar da chuvia e do mal tempo os nenos de Rianxo van ter moitos regalos porque se portaron moi ben. Melchor, Gaspar e Baltasar xa se pasaron por Rianxo, recibindo un a un a todos os cativos que se pasaron polo Pavillón Polideportivo.

Seguir lendo

150.000 visitas durante o 2015

3 Xan

estatisticas2015

Temos que darvos unha vez máis as grazas, porque neste 2015 batemos unha nova marca en canto a visitas. Nin máis nin menos que 151.646 visitas. Ou o que é o mesmo, un 50% máis que o ano pasado (que xa eran moitas). Un incremento enorme que nos dá certa vertixe e responsabilidade, todo hai que dicilo. Seguramente neste 2016 non consigamos tantas, pero intentaremos seguir publicando contidos e entrevistas interesantes.

2015

Os 10 artigos que máis repercusión tiveron foron os seguintes:

mapa2015

Ademais, tivemos visitas de 102 países de todo o mundo, polo que vemos que hai moitos rianxeiros que nos seguen dende lonxe da súa terra. Os Estados Unidos (1.984 visitas), Reino Unido (1.943 visitas) e Suíza (753) son os países que máis pendentes están do noso blog. E incluso tivemos, xa como dato anecdótico, unha visita dende Mongolia e outra dende a Illa de Man.

Informe completo do blog durante 2015.

O fin de ano en Rianxo, un éxito

2 Xan

20160101_022207

Non se podería cualificar con ningunha outra palabra que non fose a de éxito. Está claro que cada vez máis rianxeiros deciden quedarse aquí en lugar de saír noutros concellos como Boiro, porque o ambiente é inmellorable e teñen diversión e moi boa compañía durante toda a noite.

Seguir lendo

Celebra a chegada do 2016 en Rianxo

30 Dec

Outro ano máis, a Comisión de Juadalupeñas organiza a celebración de fin de ano nunha carpa instalada na praza de Castelao. Haberá DJs, cava gratis á entrada, badaladas ás 3 da mañá con gominolas e moitas outras sorpresas.

Algunhas das decoracións de Nadal máis chamativas de Rianxo

29 Dec

Ano a ano vemos como as luces invaden durante o Nadal as fiestras, balcóns e portais das casas. O que hai un tempo era inimaxinable, hoxe en día é cada vez máis habitual e axuda a crear ese ambiente de festas. Velaquí algunhas desas decoracións que máis nos chamaron a atención. E vós, tedes algunha preto?

luces (1) luces (2) luces (3) luces (4) luces (5) luces (6) luces (7)

Xusto Xosé Ordóñez será quen substitúa a Adolfo Muíños á fronte do BNG

28 Dec

Á dereita, Xusto Xosé Ordóñez, con Adolfo Muíños ao seu carón. Imaxe de futgal.es

Xa o adiantaba o propio Adolfo Muíños nunha entrevista antes das eleccións locais de maio deste ano: “Pase o que pase, este será o meu último mandato”. E así vai ser. O alcalde de Rianxo cumprirá toda a lexislatura á fronte da corporación municipal, tal e como estaba previsto. Pero dende a formación nacionalista están a dar pasos para cubrir ao líder rianxeiro e ter unha figura de peso de cara aos próximos comicios.

Seguir lendo

O belén de Isorna

28 Dec

Onte, grazas ao señor José, que foi sacristán de Isorna, puidemos ver o belén que montan na parroquia. O certo é que debe ser o máis grande dos que hai en Rianxo e non lle falta ningún detalle.

IMG_2130

Seguir lendo

Capela da Guadalupe no Nadal 2015

25 Dec

Velaquí como loce a capela da Guadalupe nestas festas.

capela guadalupe