Canto mide un ferrado?

11 Nov

En moitas ocasións atopamos nas nosas casas as mesmas preguntas en conversas familiares entre as distintas xeracións dunha familia.
– Canto mide un ferrado?
– 12 Cuncas!
– E canto mide unha cunca en metros…?

E aí acaba a cousa, porque así acostuman acabar os diálogos deste tipo cando as xeracións máis “modernas” intentan cuantificar todo en metros cadrados, mentres as xeracións máis antigas seguen coas súas medidas ancestrais, sen atopar moita correspondencia entres ambos os dous métodos de medida.

AS RESPOSTAS
En Rianxo, 1 ferrado equivale a 420m², 1 cunca equivale a 35m², polo que 1 ferrado é igual a 12 cuncas. E si, é sobresaínte destacar que estas medidas son unicamente en Rianxo, pois o problema que teñen este tipo de cuantificacións é que van variando segundo cada concello de Galicia.

Habería que repasar cada un dos 314 concellos do noso país, para ver todas as medidas, xa que en poucos casos se repiten valores. É máis, os valores poden ser do máis dispar. Aí temos os exemplos de Cerceda con 639m²/ferr., Muros con 335m²/ferr., Boiro con 484m²/ferr., Vilanova de Arousa con 629m²/ferr.,…

A páxina web onde se poden comprobar todas as medidas de Galicia é http://www.proserga.es/ferrado.php

O normal é que en Galicia haxa unha media de entre os 400 a 600 m² en cada ferrado, como é o noso caso particular de Rianxo. Pero ao longo dos distintos concellos podemos atoparnos diferenzas moi considerables como son os casos de Soutomaior con só 64m²/ferr., Redondela con 69m²/ferr., ou Fornelos de Montes e Pazos de Borbén con 74m²/ferr., que presentan as superficies máis pequenas. No outro extremo da capacidade aparecerían concellos coma Portomarín onde albergan 671m²/ferr., Alfoz, Valadouro, Barreiros ou Foz con 714m²/ferr., e Xove ou Cervo con 725m²/ferr.

A ORIXE
Este tipo de medidas usadas en Rianxo, o ferrado, ao igual que outras utilizadas en toda Galicia, teñen a orixe en utensilios cunha capacidade concreta que se utilizaban para medir a produtividade da terra, así, en Rianxo farían falta 420m² de terra para producir o cereal preciso para encher un recipiente denominado ferrado.

ferrado-historiadeortono
Imaxe de un ferrado, extraida de: http://quepasanacosta.gal/

A outra medida que se utiliza en Rianxo, e non en outros moitos lugares, é a cunca, o cal tamén ten a súa orixe noutro recipiente máis pequeno, que igual que o ferrado era o que se enchía de cereal ca colleita de 35 m².

O ferrado é unha medida utilizada en toda Galicia, aínda que a cunca xa é algo mais propio da nosa zona, e igual que outras medidas teñen a súa orixe en utensilios de medida e capacidade hai outras medidas que se utilizan polo resto de Galicia. Desta maneira o cuartillo é unha medida utilizada en Boiro (entre outros lugares) (1 Cuartillo = 22,33m²), a Vara é unha medida utilizada na zona do Morrazo (1 Vara = 4,5 a 7,5 m²-segundo concello),… En definitiva, un amplo abano de utensilios e recipientes antigos que servían para medir a terra en base á súa capacidade productiva, de ahí a variación que se presenta nos distintos concellos, incluso en algún chegando a variar en cada parroquia.

A CURIOSIDADE
Existen varias fontes onde se mostra a Rianxo xunto con outros concellos da comarca con unha superficie de 484m² por cada ferrado. Esta dicotomía ca realidade anteriormente explicada ten a súa orixe nos cambios sufridos polas distintas parroquias do concello e polas provincias galegas durante a primeira metade do século XIX.

Orixinalmente as medidas eran valoradas por cada parroquia, como aínda na actualidade pasa en algún concello, mantendo esa diferenza interna por concello. Rianxo, como se debería saber, estaba repartido en tres concellos distintos (Rianxo, Taragoña e Asados), estando separados en distintos partidos xudiciais (Noia e Padrón), desta forma, cada concello tiña unha superficie equivalente dos ferrados segundo o partido xudicial no que se emprazaba. Na actualidade, aínda que en algunha base de datos poida aparecer esta segunda referencia, a medida oficial foi a comentada ao longo desta entrada (1 Ferrado = 420m²), tendo os 484 metros cadrados coincidencia con concellos coma Boiro co que antigamente se compartiu partido xudicial por parte do actual concello de Rianxo.

Por se todo isto non fora moito e xa para acabar co enredo, sería notorio destacar que cando temos necesidade de pasar polo notario ou pola oficina do catastro, en moitos dos casos aparecen os documentos das nosas parcelas coas superficies expresadas en áreas, o cal ten unha equivalencia de 100 m².

1 Ferrado = 12 Cuncas
1 Ferrado de Rianxo = 420 m²
1 Cunca de Rianxo = 35 m²
1 Área = 100 m²

Taller sobre a paisaxe en Galicia

10 Nov

1 bastos

O pasado xoves o Concello de Rianxo organizou xunto co Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela un taller de participación libre sobre a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Imaxe extraída da plataforma na que se traballou durante o taller: http://somospaisaxe.org/

O taller foi impartido por Francisco García do Laboratorio do Territorio da USC e Inés Santé, Directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Os participantes ateigaron a sala destinada a tal evento no auditorio, cun total de 14 asistentes onde se recollían varios arquitectos, algún fotografo, políticos… compoñendo unha variedade de persoas preocupadas polo entorno e o coidado do medio.

2 bastos

Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra ao profesor Francisco García explicando o manexo da plataforma na que se pode visualizar os puntos de interese paisaxística do noso país.

3 bastos
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto.

4 bastos

Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra o final da xornada, onde aínda había asistentes que alongaban os exercicios unha vez concluídas as horas de taller.

Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.
Os talleres celebrados coma o xoves pasado en Rianxo funcionan como base de datos de puntos de interese xeográfico repartidos polo territorio en base a coñecementos e intereses cidadáns. No taller rianxeiro quedou constancia de varios puntos de interese salientados polos participantes, zonas de gran valor paisaxístico e tamén de puntos negros ou degradados. Toda a información compartida poderá ser recollida e tida en conta en futuras normas sobre a paisaxe a nivel territorial.

Nosa señora das nubes, a nova obra do grupo de teatro Airiños

9 Nov

_MG_6941

O pasado venres e sábado estreouse no auditorio rianxeiro a obra “Nosa señora das nubes”, a cargo do grupo de teatro Airiños de Asados. Como sempre sucede, ateigaron o auditorio nas dúas representacións que tiveron.

Seguir lendo

Marcha protesta pola supresión do autobús dende Isorna ao instituto

7 Nov
instituto

Imaxe de Google

Mañá domingo, ás 10 da mañá, está convocada unha marca a pé que partirá de Isorna e chegará a Rianxo sobre as 12 horas. Trátase dunha camiñata en protesta pola eliminación do autobús que ía dende a Vacariza ata o instituto de Rianxiño.

Como podemos ler no blog Loqueyotediga, partirase da antiga escola da Vacariza para amosar o enfado por esta medida dentro da “política de recortes” levada a cabo pola Consellería de Educación, facendo fincapé en que de novo o rural se ve afectado.

Quen o desexe pode unirse á marcha para apoiar o obxectivo, que non é outro que os rapaces non teñan que realizar 45 minutos de ida e outros 45 de volta nunha viaxe que cansa aos estudantes, porque os pais destes mozos non se resignan a “que este recorte sexa definitivo”.

III Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo

4 Nov

_MG_5574

O pasado luns celebrouse en Rianxo a III carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo, cunha grande afluencia de público e participantes, que acadaron entre tódalas categorías mais de 1000 inscripcións.

Seguir lendo

Partido Unión femenino- C.D. Sar

3 Nov

_MG_5463

O pasado domingo achegámonos ó campo municipal de Vilas para presenciar o partido que enfrontaba ó Unión femenino co C.D. Sar.

Seguir lendo

O magosto 2015 no Araño

2 Nov

fotos 257

O pasado sábado celebrouse no centro sociocultural do Araño o tradicional magosto que organiza a asociación de veciños. Nesta ocasión asáronse preto de 40 quilos de castañas que estaban boísimas. Aquí podedes ver un pequeno resumo do que foi a xornada.

Seguir lendo

Os camposantos de Rianxo en Defuntos

1 Nov

O Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.

fotos 288

Seguir lendo

Magosto no Araño

30 Out

Quen ten ganas de castañas quentiñas? Pois mañá, 31 de novembro, no Araño haberá a fartar e de xeito gratuíto. Na Centro Sociocultural van celebrar o magosto, contando ademais con inchables e noso Magosto. Este ano pensamos nos máis cativos, polo que teremos inchables e tamén coa actuación de Fanfarra Títeres coa súa obra “A caixiña máxica”. O grupo A Restreva tamén animará a tarde e se queredes tomar algo na cantina, os prezos estarán tirados 😉

Día da biblioteca 2015

28 Out

_MG_4400

A pasada fin de semana, celebrouse na Biblioteca Municipal de Rianxo, as xornadas do día da biblioteca 2015.

Na tarde do venres 23 comezaron as actividades coa representación da obra “Por qué é salgada a auga do mar”, a cargo de Os Quinquillans que durante unha hora se encargaron de divertir a pequechos e maiores coa representación nas dependencias da biblioteca e logo polas rúas de Rianxo.

_MG_4408 _MG_4413 _MG_4415 _MG_4433 _MG_4440 _MG_4454 _MG_4460 _MG_4471 _MG_4477 _MG_4481 _MG_4485 _MG_4490 _MG_4496 _MG_4520 _MG_4525 _MG_4529

Xa o sábado pola mañá proseguiron as actividades cun obradoiro de nós mariñeiros coa colaboración do Clube Nautico de Rianxo e do colectivo Ondiñas Mainas.

Para rematar, os asistentes gozaron dun paseo guiado polo porto rianxeiro.

Queremos dende aquí dar as grazas a Sofía, da biblioteca Municipal de Rianxo por cedernos amablemente as fotos do sábado pola mañá, pois a nos foinos imposible asistir nesta xornada.

2Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 3Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 5Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 6Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 7Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 8Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 9Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 12Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 14Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 15Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 16Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 17Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 18Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015 19Día da Biblioteca 2015, Nautico de Rianxo, Obradoiro de nudos mariñeiros24 de octubre de 2015