Día da Biblioteca 2014

12 Nov

O pasado 24 de outubro celebrouse na bibloteca municipal de Rianxo o Día da Biblioteca 2014, coa segunda edición de acampada na mesma.Xa dende a tardiña, foron moit@s @s que se achegaron até o pazo do Martelo para desfrutar de Magín Blanco García que ofreceu un contacontos con música.

Seguir lendo

Faleceu Andrés Lojo

8 Nov

24082013-varias 017

Onte, a través de Marta, de La Voz de Galicia, coñecemos a notica de que Andrés Lojo (1926) falecera. Para quen non o coñeza, Andrés formara parte do Coro Castelao de Bos Aires, que gravou a peza orixinal da Rianxeira, “Ondiñas da nosa ría”, escrita por Romero e Pinziñas. Aínda que naceu en Rianxo, emigrou á Arxentina, onde estaban os seus pais. El mesmo foi quen mandou o disco dende alá, a través dun barco inglés, para que soase por primeira vez na terra no Feliciano.

Seguir lendo

II Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo.

4 Nov

Vista xeral Campo-1

O pasado 1 de novembro celebrouse en Rianxo a II Carreira Popular Toffe-Concello de Rianxo.

Nunha mañá espléndida, foron moitas e moitos que se achegaron ata o noso concello para poderen desfrutar desta xa segunda edición da carreira. Á cita inscribíronse mais de 900 persoas contando tódalas categorías que comezaron xa a competir dende as 11 da mañá.

A carreira estivo organizada polo Concello de Rianxo, coa colaboración do Clube de Atletismo de Rianxo, e o patrocinador oficial foi a Cafetería Toffe.

Tamén patrocinaron o evento Construcións Oñial, J. Stop, Obras e Servizos, Soldesin:hos, Solucións e Deseños Integrais na hostalería, Conservas Cortizo, In9 Eventos, Grupo HM- Estacións de Servizo BP, ROT, S.L. Electricidade, Neumáticos Soto-Estación de Servicio MEROIL, Academia Castelao, Administración de Loterías “O Mexillón de Ouro”, IMAXE  Rotulación, Centro Médico A Coviña.

No subministro dos avituallamentos estiveron EROSKI, Cabreiroá Disteva e Frutas Lozano.

E na parte de colaboradores estiveron  A Deputación da CoruñaAquiafit, S.L. Piscina Municipal, Boiropadel, Protección Civil Rianxo, Protección Civil de Noia e o blog fotosderianxo.com.

Tamén participaron a Garda Civil, Departamento de Obras e Xardíns, Departamento de Turismo e o Servizo de Deportes

Deixámovos as táboas c@s premiad@ nas diferentes categorías:

SKMBT_C45114110411000

SKMBT_C45114110409000_0001

 

SKMBT_C45114110409000_0002

E tamén as fotos que fixemos do podium para tódalas categorías:

Podium-1 Podium-2 Podium-3 Podium-4 Podium-5 Podium-6 Podium-7 Podium-8 Podium-9 Podium-10 Podium-11 Podium-12 Podium-13 Podium-14 Podium-15 Podium-16 Podium-17 Podium-18 Podium-19 Podium-20 Podium-21 Podium-22 Podium-23 Podium-24 Podium-25 Podium-26 Podium-27 Podium-28 Podium-29 Podium-30 Podium-31 Podium-32 Podium-33 Podium-34 Podium-35

Por último, deixámovos uns enlaces a uns álbumes en Flickr onde poderedes ver as fotos de tódalas carreiras.

Só nos queda por agardar que vos gusten as fotos. No caso de que vos vexades nalgunha imaxe na que non queredes saír, avisádenos ao correo fotosderianxo@gmail.com e pixelamos a imaxe.

 

 

 

Rianxo, no programa “España, entre el cielo y la tierra”

1 Nov

rianxo

Nun dos programas de TVE, “España, entre el cielo y la tierra”, podemos ver un minutiño a Rianxo dende o ceo. O programa era sobre Galicia, pero no minuto 44:30 pasan por Rianxo.

O programa emitiuse por primeira vez o 17 de xullo de 2005, polo que podemos apreciar algún que outro cambio. O máis chamativo, sen dúbida, é o do porto, totalmente cambiado. Hoxe en día a distribución é moi diferente e non estaba tampouco o peirao da T.

Entrevista e fotos de Che Tembra, o ferreiro de Beluso

1 Nov

José Andrés Tembra Redondo (1955), máis coñecido como Che Tembra, o ferreiro de Beluso, é un artista do ferro. Nacido en Taragoña, onde tamén ten o seu taller e a súa forxa, dálle voltas e reviravoltas ao metal para transformalo en creacións artísticas. Algunhas delas xa as puidemos desfrutar no noso concello: viñetas de Castelao, personaxes rianxeiros, da cultura e da política, festas e celebracións, etc. A súa obra ten un marcado carácter galego, moi comprometido co noso. Coñecemos algo máis de Che.

Seguir lendo

Pleno para a aprobación inicial do PXOM de Rianxo

31 Out

Panorama_sin_título1Onte, 30 de outubro,  ás 20:00 horas, deu comezo no Concello a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Nun abarrotado salón de plenos, a corporación municipal deu a coñecer a grandes rasgos o plan que se remitíu á Xunta de Galicia e que agora, xa devolto ao Concello, se procedeu a votar.

Seguir lendo

Andrea A Xouba, Herminda e Carmen a Montañesa

27 Out

Imos hoxe con dúas fotos que nos pasa Loli Yáñez (Acuarela Rianxo) que datan máis ou menos do ano 1955.

Na primeira delas aparece a avoa de Loli, Andrea a Xouba acompañada por Herminda con cinco grandes panelas do peixe.

SKMBT_C45114102107080

Na segunda fotografía que nos cede Loli, podemos ver de novo a Andrea a Xouba, desta vez acompañada por Carmen a Montañesa, tamén coas panelas e podemos localizalas na rúa que une  as rúas do Medio coa de Abaixo en Rianxo.

SKMBT_C45114102107070

Moitísimas grazas Loli Yáñez por agasallarnos con estas dúas fermosas fotos.

O esteiro de Beluso dende o aire

23 Out

beluso

Entre Cespón, Bealo e Taragoña, atopamos o fermoso esteiro de Beluso. Como curiosidade, comentar que a zona ten unha temperatura media anual duns 14ºC.

> Documento do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia da Xunta sobre o esteiro de Beluso.

Incidente no XIII Autocros O Castro 2014 de Taragoña

17 Out

Alucinante o que pasou o outro día en Taragoña. Os pilotos deberían ter un pouco máis de coidado, porque xa é complicado o que pasa ao volante, como para poñerse a pelexar no medio da pista.

O garaxe máis curioso de Rianxo

17 Out

Velaquí un curioso e moi ben pensado garaxe. En realidade son dous. Atópanse na parroquia de Isorna e, como vedes, é amplo e colle perfectamente un coche grande e todo o que se vos ocorra. Antes eran remolques dun camión e agora están reaproveitados como un espazo para gardar vehículos. Un dos remolques era do Froiz e outro dunha froitería. Así que xa vedes, baratos e funcionais 🙂

varias 2 042

varias 2 043

varias 2 044