Este xoves tiña que celebrarse o feirón mariñeiro, pero aprazouse ao domingo por mor do mal tempo. A chuvia fixo acto de presenza durante a mañá, pero a partir do mediodía escampou e a xente polas tardes saíu ás rúas con ganas de festa. Alí tamén estiveron Cé Orquestra Pantasma e a charanga rianxeira NASA, que se despedía na súa terra.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o Rock in Rian
16 SetOutro ano máis hai que felicitar á xente da Comisión de Juadalupeñas pola estupenda edición de Rock in Rian.
Fotos das festas da Guadalupe 2015: o día das Juadalupeñas
14 SetUn dos mellores día das Guadalupe, sen dúbida, é o das Juadalupeñas, onde as novas xeracións de rianxeiros se unen para desfrutar botando unha risas durante todo o día. Durante os xogos juadalupeiros que se fan pola mañá estivo un equipo de Vaia Troula da TVG, así que este domingo todos a ver a Galega 😉
Darlle a noraboa á Comisión polos novos xogos deste ano, xa que o curling humano e o rebenta-cús fixeron rir aos centos de persoas que estabamos alí, e sempre é de agradecer que se vaian renovando para ben as probas.
Fotos da Guadalupe 2015: o chupitaso
12 SetA pesar das previsións de chuvia para este venres en Rianxo, na praza de Castelao o único que choveron foron litros e litros de alcol. Nada máis entrar no Campo xa chegaba o olor a viño tinto. As peñas ían inundando o lugar, con ganas de dar comezo a unha das festas máis importantes de Galicia. É o caso de Perdoa… estaba borracho, que cada ano nos sorprenden e diverten coa súa idumentaria e posta en escea.
Praias de Rianxo: A Torre
29 AgoVelaquí unha serie de imaxes da praia da Torre, en Taragoña, propiedade da web Turgalicia. Sorprende sobre todo a vista dende o aire e a lonxitude do areal, que hai anos estaba dividido en dous xa que onde hoxe está a torre de ladrillos, no seu día había unha fábrica de flotadores de batea.
Clausura do XI Ciclo de Bandas de Rianxo
27 AgoO pasado sábado deu por finalizado o XI Ciclo de Bandas coa actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo, acompañada polo grupo Carapaus.
Os Irlandeses de Rianxo gañan o I Torneo de Rugby Praia celebrado no noso concello
25 AgoO pasado sábado, 22 de agosto, celebrouse no areal de Tanxil o I Torneo de Rugbi praia de Rianxo, onde participaron distintos equipos de toda Galicia, ao tempo que se contaba cun clube local, Os Irlandeses. Había equipos femininos e masculinos e, a pesar de que o tempo facía pensar que non se podería xogar, ao final disputáronse todos os partidos nun moi bo amabiente.
Caxade en concerto
20 AgoO pasado sábado 15 de agosto Alonso Caxade actuou no Auditorio de Rianxo. O músico, nminado aos “Premios Mestre Mateo”, aos “Premios Galegos da Música” aos “Martín Códax” e gañador do “Certame Música Xove” mediou o recinto para compartir a súa música.
Fotos do Mercado Pirata en Rianxo
16 AgoEstes días celebrouse en Rianxo o Mercado Pirata. Unha sorprendente aposta que busca darlle unha pequena volta aos cada máis estendidos mercados medievais, celtas, da historia…
A Rúa de Arriba
11 AgoNela non viviron nin Manuel Antonio, nin Dieste nin Castelao. Nin falta que fai.
Nos seus 100 metros non hai o bulicio de xente doutras rúas da vila. Nin tampouco o necesita.
Ao seu paso non hai terrazas que esquivar, nin luces de neón. Só unha pequena perruquería. A vista do transeúnte ten tempo para admirar as pequenas e humildes vivendas, nas que habitan rianxeiros tamén humildes, boa xente que non precisa ser un Manuel Antonio para ver que a súa calzada contén poesía e historia.
De noite vólvese máxica. As súas luces descubren recunchos, balcóns, sombras na pedra, curvas nas fachadas, esconden cables e iluminan os vidros dos seus senlleiros edificios.
É a rúa de Arriba. Cando vaias por ela, ben para conectar co Campo ou coa rúa do Hospital, detente só un anaco, xira en derredor e verás que as rúas sinxelas e modestas son as máis fermosas.









