Unha das grandes cousas que ten a Guadalupe é que conta con actividades todos os días, moitas delas pensadas para os máis pequenos, para que vaian sentindo coma súas as festas. Esta foi unha delas, un taller para personalizar gorras e no que tamén podían pintar.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: os fogos artificiais
12 SetAínda que o ceo estivo algo encapotado, por sorte non houbo néboa e puidemos desfrutar dos fogos artificias o domingo á medianoite. O que si, foron moitos os rianxeiros que no medio do espectáculo pirotécnico levaron un bo susto por unha detonación un tanto estraña. Foi un estrondo máis grande do acostumado, que procovou que moitos deran un chimpo e incluso se comentaba que ao final non soaron as tres bombas do final, polo que non se sabía moi ben se estas estouparon antes do tempo, pero no propio peirao, en lugar de no ceo.
Fotos e vídeos da Guadalupe 2016: o chupitaso
10 SetXa temos as primeiras fotos desta Guadalupe 2016 en Rianxo. Un ano máis, os máis novos ocuparon a praza de Castelao para dalo todo e celebrar a chegada dunha semana intensa de emocións e chea de parranda, música e bos momentos. Comentar que durante todo o día tiveron lugar actividades do festival TOSTA, pero que non puidemos asistir, polo que non temos fotos.
Fotos do XI Serán de Rianxo
30 MaiEste pasado sábado, 28 de maio, tivo lugar o XI Serán de Rianxo, organizado pola asociación Vai de Roda. Hai que dicir que tiveron un mérito enorme, xa que ao mal tempo lle houbo que sumar que ese día foi a final da Champions. Non era fácil competir contra ese evento deportivo, pero xa vedes que houbo resposta e que a xente foi ata o Campo de Arriba a cantar, bailar e divertirse.
IX Ruta Cabalar de Rianxo
27 SetHoxe, no lugar do Xogo dos Bolos, tivo lugar a IX Ruta Cabalar de Rianxo. Os xinetes apuntados saíron do punto de encontro ás 10.30h para percorrer os montes do municipio, parando na praia das Cunchas a tomar un picho.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o último día
22 SetO último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.
Fotos das Festas da Guadalupe 2015: Rianxolandia
19 SetComo cada venres de Guadalupe, os máis pequechos puideron gozar durante todo o día de actividades, xogos e inchables gratuítos. Nesta ocasión a actividade concentrouse precisamente na praza da Guadalupe.