Tag Archives: fotos

I Slalom Concello de Rianxo

15 Xuñ

cartaz slalom

No día de onte disputouse no polígono de Té o I Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad. Durante todo o día, un total de 29 coches deixaron as rodas e esforzáronse ao máximo por entreter ó numeroso público que se pasou a ver esta proba, demostrando a súa pericia ao volante. Durante a mañá foron as tandas de adestramentos e, xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, tiveron lugar as dúaas tandas clasificatorias. Deixámovos unhas cantas fotos das tandas da tarde, agradecendo unha vez máis á organización o seu traballo e facilidades.

Seguir lendo →

Fotos do antroido 2015 no Araño

15 Feb

varias 009

 

O pasado sábado pola tarde celebrouse o entroido no Centro Sociocultural do Araño. Non faltaba de nada, sobre todo filloas. De feito dende primeira hora estivo a facer filloa tras filloa para que non faltasen entre os asistentes. Por certo, que tedes moitas máis fotos no álbum de Rabunho Rexeita.  Seguir lendo →

Primeiro día do entroido 2015 en Rianxo

14 Feb

entroido 001

Antes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.

Seguir lendo →

A praia da Torre dende o aire

18 Nov

torre

> Plan de Ordenación do Litoral de Galicia: O Burato do río Te

Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014

29 Set

feiron14

juadalupenhas14

bengalas14

procesionmar14

misa14

chupitaso14

escuma14

rock14

fogos14

Fotos do I Trial Concello de Rianxo: a proba dos adultos

27 Set

trial 843

O 21 de setembro tivo lugar nos montes de Leiro a segunda das xornadas do I Trial Concello de Rianxo. Era unha proba puntuable para o campionato galego e os maiores dérono todo, cunhas vistas e un tempo moi de agradecer. O evento foi posible grazas ao Sabadell, o Concello de Rianxo, o Toffe, talleres Milocho e moitos outros colaboradores.

Seguir lendo →

Fotos do I Trial Concello de Rianxo: os nenos

27 Set

infantil_a

Grazas ao Banco Sabadell, ao Toffe, ao Concello de Rianxo, a talleres Milocho e ao clube de Trial de Teo, entre outros, en Rianxo puidemos desfrutar dunha proba de trial valedoira para o campionato galego. Velaquí algúns dos momentos da xornada do sábado 20 de setembro, cando participaron os máis cativos.

Seguir lendo →

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro

26 Set

feiron trial 002

Este ano, o feirón mariñeiro foi o domingo. E o ambiente foi inmellorable. O sol e as ganas de festa fixeron que todo Rianxo saíse a celebralo.

Seguir lendo →

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o último día

25 Set

ultimo dia banda 052

Aquí tedes as fotos do, a priori, último día de festa, o venres das bengalas.
Seguir lendo →

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: os fogos artificiais

22 Set

procesion oscar 909

Un dos momentos das festas que conta con máis público é o domingo pola noite, cando podemos contemplar no porto o espectáculo pirotécnico.

Seguir lendo →