Estes días celebrouse en Rianxo o Mercado Pirata. Unha sorprendente aposta que busca darlle unha pequena volta aos cada máis estendidos mercados medievais, celtas, da historia…
A Rúa de Arriba
11 AgoNela non viviron nin Manuel Antonio, nin Dieste nin Castelao. Nin falta que fai.
Nos seus 100 metros non hai o bulicio de xente doutras rúas da vila. Nin tampouco o necesita.
Ao seu paso non hai terrazas que esquivar, nin luces de neón. Só unha pequena perruquería. A vista do transeúnte ten tempo para admirar as pequenas e humildes vivendas, nas que habitan rianxeiros tamén humildes, boa xente que non precisa ser un Manuel Antonio para ver que a súa calzada contén poesía e historia.
De noite vólvese máxica. As súas luces descubren recunchos, balcóns, sombras na pedra, curvas nas fachadas, esconden cables e iluminan os vidros dos seus senlleiros edificios.
É a rúa de Arriba. Cando vaias por ela, ben para conectar co Campo ou coa rúa do Hospital, detente só un anaco, xira en derredor e verás que as rúas sinxelas e modestas son as máis fermosas.
Andaina nocturna en Rianxo
31 Xul
Esta noite haberá unha ruta por Rianxo. Para apuntarvos (andar polo de agora é gratis) hai que ir aos pavillóns polideportivos ou ao Servizo de Deportes. Tamén podedes enviar un correo a deportes@concelloderianxo.gal
A saída será ás 22.30 horas na praza de Castelao. Serán uns 16 quilómetros e irase polas praias de Tanxil e As Cunchas, por camiños de Leiro, Asados e Taragoña, para rematar outra vez en Rianxo. Velaquí o percorrido en Google Maps.
Entrevista a Gonzalo Hermo, poeta gañador do Premio da Crítica e do Premio Nacional de Literatura 2015
27 XulTen só 28 anos, pero a Asociación Española de Críticos Literarios xa lle concedeu o seu premio pola súa obra Celebración. Gonzalo Hermo, de Taragoña, daba xa antes mostra do seu talento como poeta en Crac, un poemario convertido en mediametraxe polo director Lázaro Louzao. Por se isto fose foi, acaba de ser premiado co Premio Nacional de Literatura 2015, na modalidade de Poesía Jovén “Miguel Hernández”, dotado con 20.000€. A súa obra, escrita en galego, vemos que ten un gran recoñecemento. De feito, o xurado valorou “a aposta por abrir novos camiños para a expresión poética apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora”.
Aínda que hai máis de 10 anos que non vive aquí, preguntámoslle que significa para el Taragoña, como foi a presentación do seu libro no Curral do Marqués e sobre a saúde da poesía e da nosa lingua.
A Feira do Libro 2015, xa en Rianxo
23 Xul
Dende esta mañá, e ata o domingo, poderemos desfrutar en Rianxo dunha nova Feira do Libro. As casetas estarán abertas de 12.00 a 14.00 horas (ata as 14:30 horas na fin de semana e festivo), e de 18.30 a 22.30 horas.
Cristina Noya, este venres no Mundial
22 XulA deportista rianxeira Cristina Noya Río, quen conta con grandes títulos ás súas costas, como o Campionato de España na modalidade C-1 sénior en 200 metros, estará este venres no Campionato do Mundo na modalidad de C2 sub 23 mulleres. Sen dúbida, xa un merecido premio para o Club Piragüismo Rianxo, canteira de grandes palistas como a propia Cristina.
Artefacto incendiario en Rianxo ou bengala marítima?
21 XulUn veciño de Abuín, en Leiro, denuncia a través da súa conta no Twitter que onte pola tarde caeu un suposto artefacto incendiario diante súa casa. Na fotografía, difundida por Julio Tubío, pode apreciarse o dispositivo. Abaixo de todo entendemos que estaría o resorte que prendería o lume, xa queimado.
Rianxo continúa baixando a súa débeda, pero aumenta o prazo no que paga a provedores
20 Xul
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de facer público o informe sobre a “débeda viva” das entidades locais a peche de 2014. Nel podemos observar como do 2011 ao 2014 os cartos pendentes de pagamento en Rianxo se reduciron ata a metade.
Festival Internacional de Baile Tradicional
20 XulActualización: por mor do falecemento do concelleiro Ricardo Besada, esta actividade queda suspendida.
Un ano máis terá lugar no noso concello o Festival Internacional de Danza. Será o mércores 22 de xullo na Praza Castelao ás 22.00 horas. Nesta ocasión participarán o Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira, Portugal) e un grupo holandés folclórico de imposible dición para un galego coma min (Achterhookse Folkloredansers de Ruurlo). Ademais, visto o cartel, os holandeses están en pleno forma, porque máis que bailar semella que fan acrobacias.






