Tag Archives: Rianxo

115 anos do nacemento de Manoel Antonio

12 Xul

Hai 115 anos, un 12 de xullo do ano 1900, nacía en Rianxo o principal poeta das vangardas galegas, Manoel Antonio.

11701226_841141465961782_6128801885777501731_n

Festas do Carme de Rianxo 2015

8 Xul

Este venres, sábado e domingo terán lugar as Festas do Carme de Rianxo. O día 10 a música virá da man da orquestra Israel, do grupo América e do dúo Calú.

O sábado continuarán Ritmo Joven e Compostela, e o domingo só tocará o grupo De Moda, xa que o luns pola mañá hai que madrugar.

Os actos propiamente relixiosos terán lugar o xoves 16, na honra, evidentemente, da Virxe do Carme.

O cruceiro de capela de Meiquiz

5 Xul

cruceiromeiquiz2

En Rianxo temos moitos e moi variados cruceiros. Un dos máis antigos está na aldea de Meiquiz, en Leiro, e data de 1651. É dicir, que ten máis de 350 anos de historia ás súas costas. Curiosamente, foi hai non moito tempo, o 1 de maio de 2002, cando sufríu o roubo das imaxes da súa pequena capela.

Seguir lendo

“Para rehabilitar hai casas con vistas ao mar, casas de remo, casas labregas e incluso algún pazo”

19 Xuñ

O pazo de Brión é unha das vivendas deste proxecto

Hai uns meses, o concello de Rianxo, a través da Oficina Municipal de Rehabilitación, sacou adiante un proxecto no cal se creaba unha bolsa de vivendas para rehabilitar baixo o lema”100 Casas, historias, soños,… Agardan por Ti”. A idea é que esa riqueza patrimonial da que forman parte as vivendas non queden abandonadas, senón “que poidan ser rehabilitadas e rehabitadas, como primeira ou como segunda residencia”, como se explica dende a web do Concello. Para sabermos máis desta idea, falamos co arquitecto responsable da Área de Rehabilitación Integral de Rianxo, Carlos Henrique Fernández Coto.

Seguir lendo

I Slalom Concello de Rianxo

15 Xuñ

cartaz slalom

No día de onte disputouse no polígono de Té o I Slalom Concello de Rianxo, organizado pola Escudería Rallyactividad. Durante todo o día, un total de 29 coches deixaron as rodas e esforzáronse ao máximo por entreter ó numeroso público que se pasou a ver esta proba, demostrando a súa pericia ao volante. Durante a mañá foron as tandas de adestramentos e, xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, tiveron lugar as dúaas tandas clasificatorias. Deixámovos unhas cantas fotos das tandas da tarde, agradecendo unha vez máis á organización o seu traballo e facilidades.

Seguir lendo

Vídeo da concentración moteira Jas a Tope 2015

10 Xuñ

“200 nenas galegas”, vídeo-poema de Marina Losada

6 Xuñ

No 2013 celebrouse en Rianxo o Slam Ferve a Lingua de poesía, que gañou Marina Losada Vicente, coa súa creación titulada “200 nenas galegas”.

O premio era a edición dun vídeo-poema co texto. O traballo final é certamente moi fermoso e moi reinvidicativo, polo que o difundimos co permiso de Marina. A final do certame foi no Día das Letras Galegas, así que esa foi a temática.

O escudo de Rianxo

6 Xuñ

escudosRianxo

En decembro de 1999 en Rianxo modificouse o escudo heráldico do Concello “considerou conveniente organizar correctamente as súas armas municipais, de xeito que se recollese a mellor tradición heráldica do antigo escudo, aprobado pola Corporación no ano 1961”.

Seguir lendo

Valoracións de Mari Carmen Figueira, do PSOE, do resultado das eleccións

28 Mai

IMG_7031

Quixemos preguntarlle a todos os líderes das formacións rianxeiras que concurriron a estas eleccións municipais cal é a valoración que fan dos resultados e como ven o seu traballo nos próximos catro anos. A primeira en contestarnos foi Mari Carmen Figueira, do PSOE.

A socialista indica que “queremos facer unha valoración dos resultados das eleccións locais 2015 positiva, xa que aínda que baixamos un concelleiro, foi só por 25 votos. Temos que ter en conta tamén os escasos tres meses que tivemos para prepararnos que, como saben, foi a partir do falecemento de Carlos Gey, que era o candidato”.

Por este motivo, sinalan que “nese pouco tempo, fomos quen de intentar recuperarnos e presentarnos ante o noso pobo de unha maneira, cremos que, moi digna”.

Por outra banda, explica que “omos conscientes do resultado das urnas. O único interese que temos é traballar porque Rianxo progrese dende a posición onde nos toque a estar durante esta vindeira lexislatura”.

En relación ás noticias que saíron estes días na prensa da proposta do populares para que goberne o PSOE en Rianxo, di que “non imos aceptar a proposta do PP, porque acatamos os resultados das votacións dos rianxeiros e rianxeiras. Queremos ser útiles para Rianxo, pero dende a posición onde nos situou o pobo”. Por todo iso, reitera, “o noso único interese é contribuír co noso traballo a que no noso Concello haxa un goberno estable para conseguir que Rianxo teña todo o que merece e necesita”.

Campionato de Traineriñas e XVI Subida ao Castro Barbudo

22 Mai

Esta fin de semana non só se decide a Liga de 1ª División, senón que tamén hai eventos deportivos de excepción en Rianxo, como a Regata de Traineriñas, pertencente ao Campionato Territorial Norte. En Taragoña, pola súa banda, cambian os remos polos pedais, xa que se celebra a XVI Subida ao Castro Barbudo. Bici de montaña a tope, con churrascada final!

traineras

catr