Campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene
21 MaiDurante o mes de maio, a Concellaría de Servizos Sociais realizará unha campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene en colaboración cos centros educativos.
Necesítanse produtos como por exemplo deterxente, suavizante, lava pratos, lixivia, desodorizante, xel, champú, papel hixiénico, pañais, compresas, maquinillas de afeitar, pasta de dentes, xabón, e moitos máis….
Os produtos que se recollan repartiránse entre as familias do concello con menos recursos económicos.
Se queres doar algún produto de hixiene ou limpeza, pódelo deixar nos seguintes puntos de recollida:
– Escolas Unitarias do C.R.A. Rianxo
– Instituto Félix Muriel
– Escola Infantil
– Servizos Sociais
E se queres facer algunha doazón para as familias con menos recursos económicos, podes poñerte en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios, que está na estrada de Tanxil, nº 12. Tamén podes contactar con eles no teléfono 981 860 061 ou ben no correo servizos.sociais@concelloderianxo.es
Lembrando o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal
29 Abr
O pasado venres, un grupo de veciños de Rianxo quixo cantar o Grândola, Vila Morena, esa coñecida canción de José Afonso que en Portugal é todo un símbolo. Precisamente porque representa a revolución e a chegada da democracia a Portugal, grazas á Revolución dos Caraveis.
Semana Santa 2014 (Vía Crucis)
20 AbrUnha vez pasada a Semana Santa rianxeira, comezamos coas fotos que fomos facendo estes días. O primeiro álbum de foto é do mércores noite, co Vía Crucis, que estivo marcado pola retrasmisión do partido Barça-Madrid, pois moita da xente deixouse quedar nos bares da vila e da que ía na procesión, moita dela ía máis pendente do que pasaba no partido que da procesión en si 🙂
Acto cívico en lembranza da República
14 Abr
O pasado domingo 13 de abril, celebrouse en Rianxo unha xuntanza en lembranza da República, constituída o 14 de abril. Xunto ao monolito no que estivo emprazado o antigo campo de concentración rianxeiro, xuntouse un grupo de persoeiros rianxeiros e chegados doutros lugares, para lembrar a data e realizar unha ofrenda floral en lembranza das vítimas da guerra.
Os pazos de Rianxo
14 AbrDe novo, na canle de Youtube do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto Félix Muriel atopamos outro documento moi interesante. Neste caso é un vídeo explicando os distintos pazos que hai en Rianxo, así como información do hórreo do Araño. Foi realizado por Sandra Castaño e por Lara Gómez.
Crónica dunha morte anunciada
8 AbrHoxe queremos lembrar aquel famoso “edificio da farmacia”, que estaba á entrada do centro urbán de Rianxo, e ó cal tantas e tantas voltas se lle dou, ata que ó final acabaron por derrubalo.
Deixamos aquí a secuencia de fotos que fomos facendo do seu derrubamento ata o actual estado do solar hoxe en dia.
O que esconden as máquinas expendedoras en Rianxo
4 AbrAs casetas dos pescadores de Rianxo, popularmente coñecidas como o Bingo, agochan dúas máquinas expendedoras. Ata aí nada raro. Nunha delas, iso si, pódense ver unhas letras arriba que indican “CEBO VIVO”. Non é o habitual, pero se pensamos que hai moitos mariñeiros e pescadores, a verdade é que se pode tratar dun negocio interesante. Agora ben, estas máquinas esconden cousas que para un sitio tan tradicional coma Rianxo poden chocar. E avisamos que este artigo non é para menores de idade.
Seguir lendo
O Clube de Remo de Rianxo salva dun naufraxio a dous fotógrafos de patacón
3 AbrPor fin podemos desvelar un suceso que aconteceu o ano pasado que, afortunadamente, non tivo consecuencias maiores. Este material non puido ver a luz ata o día de hoxe, porque os seus protagonistas tiñan o material gráfico oculto. Agora, en exclusiva, podedes ver as fotos do que aconteceu.









