Hai uns meses, cando estabamos a traballar na exposición de Ruando Rianxo, fomos ata a lonxa sacar algunhas imaxes. Velaquí tedes algunhas delas:
Ten Rianxo unha lagoa?
7 MarDe seguro que vos preguntades de onde saquei esta imaxe, xa que en Rianxo non hai lagoa. Pois ben, non a hai, pero case case. A instantánea é real, iso si, e cada sacada dende un camiño no medio do monte.
Juadalupinos Fest
4 MarO 8 de marzo, no Campo de Arriba de Rianxo, dende as 14.00 horas. Hai un almorzo popular, por 15€ e pódese reservar por privado no facebook das Juadalupeñas, no de Antrospinos ou na cafetería Toffe, no bar Xuntanza ou no bar A Lareira.
Concerto de Sés no auditorio de Rianxo
17 FebEste pasado sábado María Xosé Silvar (Sés) presentou o seu último disco Co xenio destrozado no auditorio rianxeiro.
Durante dúas horas, a banda deleitou a un auditorio cheo, con cancións repletas de potencia, feminismo e cargadas de denuncia social, que nos fixeron vibrar e emocionarnos a cada golpe da voz desgarradora e doce desta magnífica artista.
Velaquí vos deixamos unha pequena escolla de fotos que fomos facendo ó longo do concerto.
O campo de concentración de Rianxo
17 FebUn interesante documento audiovisual realizado polo ENDL do Félix Muriel sobre o campo de concentración de Rianxo.
Fermosa posta de sol en Rianxo
16 FebUn incrible vídeo onde podemos apreciar un momento tan bonito como o paso do atardecer ao anoitecer en Rianxo.
Historia de Rianxo
12 FebHISTORIA DE RIANXO, así se chama unha nova páxina que dende o 7 de febreiro está a colgar fotos antigas da vila.
Coma esta do dique, cando aínda tiña auga e a súa Virxe da Guadalupe no alto, e dende onde os rapaces de Rianxo, aínda non hai moitos anos, se atrevían a tirarse dende aló enriba.
Ou estoutra, que amosa a tal cantidade de barcos que había amarrados no paseo da Ribeira, cargadiños de sacos de berberechos!!!
Démolle a benvida a esta páxina e augurémolle moitas, moitas visitas e boas lembranzas para @s rianxeiros e os que non son do Concello tamén.
As obras da gasolineira do porto de Rianxo, a bo ritmo
10 FebTrátase dunha demanda que vén de antigo en Rianxo. Pero, por fin, semella que a gasolineira do porto de Rianxo será realidade nunhas semanas. De feito, xa podemos ver moi avanzada a obra que promove a empresa Neumáticos Soto (que xa ten outra estación de servizo en Taragoña).
Concerto de María Xosé Silvar (Sés) en Rianxo
6 FebO próximo día 15 de febreiro ás 21:00 horas teremos un gran concerto en Rianxo, xa que Sés presenta o seu novo disco “Co Xenio Destrozado”, no Auditorio de Rianxo
As entradas están á venda na cafetería Castelao Rianxo e na Cervexería Gallaecia. Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto os tickets, pero hai que enviar un mail a info@dezetapro.com
O prezo é de 10€.
Como sinalan dende a promotora do concerto, “se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido”.
“Co xenio destrozado” é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Gravado nos estudios Bruar, da Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011 Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome “caseir”» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
Así que, xa sabedes. Se queredes pasar unha boa velada escoitando mellor música, alí nos vemos!
Actos Castelao 2014 e xira da Escola de Música de Rianxo
22 XanXa están dispoñibles as actividades a desenvolver polo concello de Rianxo con motivo dos actos Castelao 2014.








