O pasado sábado 23 de maio celebrouse a décimosexta edición da Subida Ao Castro Barbudo organizada pola Peña Cicloturística Castro Barbudo de Taragoña.
Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 2)
26 AbrOnte explicábamos aquí como, alá polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.
Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 1)
25 AbrHoxe queremos lembrar unha historia que aínda segue a dar que falar en Taragoña. E iso que xa van alá varias décadas, en concreto 45 anos. Pero foi un tema tan profundo e que callou tanto nesa parroquia, que aínda hoxe en día hai veciños que cando morren non fan funeral: entérranse directamente sen pasar pola igrexa e sen a cerimonia do funeral.
María, lavando á man nun lavadoiro de Taragoña
8 XanHai varias décadas, cando non existían electrodomésticos e había que lavar a roupa, os lavadoiros eran un punto de referencia para a veciñanza. Alí xuntábanse as mulleres coas sabas, roupa interior, pantalóns e saias para fregar e refregar contra a pedra, dándolle con xabón e cepillo. No noso Concello hai moitos lavadoiros e, aínda que parezan cousa do pasado, aínda hai xente que os usa.
Seguir lendo
O esteiro de Beluso dende o aire
23 OutEntre Cespón, Bealo e Taragoña, atopamos o fermoso esteiro de Beluso. Como curiosidade, comentar que a zona ten unha temperatura media anual duns 14ºC.
> Documento do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia da Xunta sobre o esteiro de Beluso.
Incidente no XIII Autocros O Castro 2014 de Taragoña
17 OutAlucinante o que pasou o outro día en Taragoña. Os pilotos deberían ter un pouco máis de coidado, porque xa é complicado o que pasa ao volante, como para poñerse a pelexar no medio da pista.
Entrevista con Carmen, A Pachina
25 Ago
Se dicimos Carmen Meda Ces, de seguro que pouco saben de quen falamos. Pero se a identificamos como Carmen A Pachina (6 de novembro de 1932) de seguro que todo o mundo a recoñece. O ano pasado foi unha das persoas que formaban parte da exposición de Ruando Rianxo. Hoxe, queremos facer pública a conversa que tivemos con ela, e que se nos perdera xunto cunha gravadora que agora atopamos. É unha persoa con carácter, que demostrou que a muller é o sexo forte sempre e cando lle deixan traballar e facer cousas. Ata andou ao estraperlo e foi a primeira fémina na zona en conducir en coche. Coñecémola un pouco máis.






