Archive by Author

Feira do Libro en Rianxo 2016

19 Xul

Un ano máis, no noso concello temos a sorte de contar coa Feira do Libro. Celebrarase esta semana, do xoves 21 de xullo ata o domingo 24 de xullo. E contará, ademais de coa presentación de varias obras, con obradoiros, actuacións musicais, maxia, contacontos, actividades infantís e moitos outros eventos.

Seguir lendo

Andaina nocturna 2016

18 Xul

Outro verán máis organízase en pleno verán unha andaina nocturna. En concreto será o venres 22 de xullo. Terá un percorrido de 14 quilómetros, comezará ás 22.30h e rematará a iso das 2.30h da madrugada. É preciso inscribirse previamente en deportes@concelloderianxo.gal ou ben no teléfono 981.86.63.81 e pagar os 3€ da inscrición (supoñemos que polo bus e pola auga que pon a organización).

Seguir lendo

Procesión da Virxe do Carme 2016 en Rianxo

17 Xul

procesion1

Onte tivo lugar a procesión da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros e, polo tanto, alguén á quen en Rianxo se rende respecto por toda a xente que traballa no mar. Non puidemos estar no acto, pero recollemos imaxes de Antena 3 Noticias en Galicia.

Seguir lendo

Fotos da reitorial de Isorna

17 Xul

reitoral (2)

Hai un tempo publicamos por aquí imaxes do hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo. Pois ben, hoxe queremos colgar as imaxes do resto do conxunto do que forma parte, da fermosa reitoral onde podemos atopar pezas únicas como un retrete de pedra que daba directamente ao rego que discurría por detrás da finca, algo pouco habitual naqueles tempos.

Agradecerlle de novo ao arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto e ao antigo sacristán da parroquia por poder gozar dunha visita única a un sitio realmente fermoso.

Seguir lendo

I Feira á Beira do Mar

16 Xul

feira_beira_Mar

O próximo domingo, 24 de xullo, terá lugar no noso concello a I Feira á Beira do Mar que terá lugar xunto ao Náutico. Comezará cunha andaina duns 10 quilómetros polo “Rianxo descoñecido”, que incluirá guía. Para apuntarse á camiñata e preciso apuntarse no correo grecia_81@hotmail.com ou chamar ao teléfono 647.650.787.

Seguir lendo

Mari Carmen Figueira, do PSOE, valora o primeiro ano desta lexislatura

8 Xul

Continuamos coas valoracións dos líderes locais do que está a ser este primeiro ano de lexilatura tras as últimas eleccións municipais. Desta vez é a socialista Mari Carmen Figueira quen nos explica cales son as demandas que lle están a realizar ao goberno rianxeiro e tamén como viu os resultados das eleccións xerais en Rianxo, onde o PSOE creceu en votos.

Seguir lendo

Gaiteiros do Liceo tocando nos anos 90 xunto a Tanxil

5 Xul

Impresionante o documento audiovisual da Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo). É da década dos 90 e forma parte dunha secuencia do programa de “Desde Galicia para el Mundo” que daquela emitía TVE. Como podedes ver, son gaiteiros do Liceo Marítimo de Rianxo tocando ao lado do paseo dunha praia de Tanxil sen anchear 🙂

Antonio Fachado

3 Xul

antonio_fachado

Hoxe publicamos a foto de Antonio Fachado, que vivía xunto á súa muller Evangelina Cespón en Brión xunto ao cruceiro que vai camiño da praia das Cunchas. A imaxe é cortesía da súa neta Marga Fachado.

Así foi o comezo das escolas do Barbanza Rugby Club

2 Xul

rugby_nenos (23)

O 25 de xuño as escolas do Barbanza Rugby Club comezaban a súa andaina en Rianxo, en concreto na parroquia de Asados, onde terán terán a súa base. De feito, adestrarán e xogarán no Campo de Fútbol da Santa Lucía. Non obstante, en Vilas foi onde tivo lugar a inauguración das escolas deportivas deste club que busca por riba de todo fomentar os valores, o respecto e o campañeirismo.

De feito, adestrarán en Vilas mentres o Concello de Rianxo acondiciona as instalacións da Santa Lucía, con novo alumeado, luz e vestiarios. A Concellería de Deportes foi quen se moveu para traer aos do Rugby Barbanza ata Rianxo, e quen conseguiu un convenio coa Comunidade de Montes de Asados, que cedeu o campo durante uns anos para usos deportivos. A verdade é que é unha moi boa noticia que dende Rianxo haxa está implicación deste xeito co deporte. Ao tempo, dende o clube pintarán o recinto e tamén se encargarán de facer unhas porterías de rugby para o campo.

Seguir lendo

Resultados das eleccións xerais 2016 en Rianxo

26 Xuñ

A primeira conclusión vendo os resultados das eleccións xerais en Rianxo (100% escrutado) é que o PP aumenta sensiblemente o seu número de apoios e a segunda é que hai un certo desencanto da política, xa que baixou a participación en 387 votantes. Tres de cada dez rianxeiros decidiron non acudir ás urnas.

votos

O Partido Popular pasou do 32,18% dos vostos ao 36,41% máis con 162 papeletas máis que hai seis meses, polo que a subida foi moi grande, tendo en conta tamén a baixada da partipación.

O PSOE recupera a súa posición (hai que lembrar que nas anteriores foi a terceira forza), pasando do 22,2% ao 24,96% dos sufraxios e 102 votos máis. Un resultado tamén moi bo, tendo en conta que os socialistas baixaron a nivel estatal

Podemos-En Marea foi o gran perdedor da noite en Rianxo, xa que baixa sensiblemente os seus apoios: do 27,1% ao 23,5%, deixando polo camiño 333 votos.

Outra das sorpresas é que Ciudadanos é o cuarto partido máis votado (da outra vez foi o quinto), pasando do 6,24% ao 6,75%, con 11 votos máis.

E o BNG (partido que goberna en Rianxo), deixa de ser a cuarta forza nas xerais. Foi o outro gran perdedor da noite nas xerais, pasando do 9,6% dos apoios ao 6,28%. Con Podemos-En Marea son as dúas grandes formacións que perden votos. No caso dos frentistas, 252 papeletas.

Se sumamos os votos do centro-dereita (Ciudadanos e PP), vemos que obterían 2.832 apoios, mentres que os grupos de esquerda (PSOE, Podemos e BNG) conseguirían 3.592 votos.

Velaquí os resultados da noite:

resultados2016

E os resultados en decembro de 2015:

resultados2015