Archive by Author

San Pedro de Vilas 2016

24 Xuñ

Este sábado 25 de xuño, ten lugar unha das romarías populares máis famosas de Rianxo: o San Pedro de Vilas. Ao mediodía haberá unha comida campestre que é un dos momentos máis bonitos da xornada. Pero xa, dende as 10 da mañá, comezarán as celebracións, con pasarrúas grazas a Río de Anxo.

Seguir lendo

Homenaxe á escritora (e veciña de Rianxo), Helena Villar Janeiro

22 Xuñ

Aínda que Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá, dende hai anos vive no noso municipio. E en Rianxo será onde a Asoaciación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) lle renda unha homenaxe pola súa traxectoria o sábado 25 de xuño durante todo o día.

Seguir lendo

Escola de triatlón

21 Xuñ

Un dos deportes de moda nestes momentos é o triatlón, no que se combina natación, ciclismo e atletismo. O caso é que Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 contará cunha escola para esta disciplina, centrada nos rapaces de entre 7 e 16 anos.

Segundo comentan dende a Concellería de Deportes de Rianxo, “dun xeito ameno e divertido”, practicaranse estes tres deportes “de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan un coñecemento do triatlón como un deporte e non como tres independentes”. Iso si, din que hai que saber xa nadar e montar en bici e ter xa o material para practicar estes deportes.

Os adestramentos terán lugar os martes, xoves e venres, entre a piscina municipal, as pistas poliedeportivas do colexio Castelao e o aparcadoiro do instituto Félix Muriel.

Para inscribirse, hai que chamar ao móbil 661 247 136, ao fixo 981 866 381 ou escribir ao correo deportes@concelloderianxo.gal

Únete á Santa Compaña

21 Xuñ

Este sábado 25 de xuño, pola noite, terá lugar unha iniciativa moi curiosa. Está organizada polo Club Barbantia Roda, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Sairase ás 23.00 horas de Campo Maneiro (Taragoña) e regresarase ao mesmo lugar despois de andar uns 10 quilómetros.

Seguir lendo

Antón Castro, de Rianxo en Común, valora o primeiro ano desta lexislatura

18 Xuñ

Esta semana cumpríase xusto un ano dende que se celebrou o primeiro pleno da nova lexislatura en Rianxo. Unha das incorporacións á corporación municipal foi Rianxo en Común, con dous edís. Un grupo novo nun novo tempo sen maiorías no Concello e que nos conta, a través do seu voceiro, Antón Castro, como foi a súa experiencia nestes primeiros 12 meses de lexislatura. Ao tempo que nos indica cales considera que son as prioridades de Rianxo e como ve as Mareas de cara ás eleccións xerais.

Seguir lendo

Fotos e crónica da XVII Subida ao Castro Barbudo

16 Xuñ

IMG (103)

Semella complicado que en 17 edicións dunha proba se poida innovar e sorprender, pero a Peña Cicloturista Castro Barbudo fíxoo no evento deste ano. Na súa tradicional proba de xuño non só ofreceron unha nova variante polas corredoiras e camiños de Rianxo e Lousame, senón que tamén incorporaron unha nova andaina, demostrando que peóns e bicicletas son os mellores compañeiros de viaxe no monte.

Seguir lendo

O Combo Dominicano, na Bacariza

13 Xuñ

Faltan poucos días para que chegue o verán e, con el, as festas e os bailes. Acabamos de ter festa no Pazo e tamén en Asados. E a cousa non para, porque este sábado 18 de xuño, na Bacariza (Isorna), tiran a casa pola fiestra traendo unha das orquestras de moda: o Combo Dominicano.

bacariza

Tamén estará a orquestra Samba a  partir das 23.00 horas. Pero, sen dúbida, os canarios serán o prato forte, xa que ademais arrastran tras súa unha lexión de fans e amantes dos merengues, bachatas e demais música latina. O dito, apuntade na axenda xa que o sábado pola noite na Bacariza hai festa rachada 😉

Mañá, último día para apuntarse á XVII Subida ao Castro Barbudo

8 Xuñ

Os amigos da Peña Ciclista Castro Barbudo organizan nin máis nin menos que a 17ª edición da súa tradicional Subida ata o monte que dá nome á súa asociación. Este ano, ademais, organizan unha andaina e a actividade será pola mañá, en concreto o domingo 12 de xuño.

Seguir lendo

Restauración do cruceiro de Pousada, no Araño

5 Xuñ


Hai 15 días, o lugar de Pousada, no Araño, volveu recuperar o seu cruceiro, despois de que no ano 2009 se partise. O motivo foi un temporal, que provocou que caese ao chan, partíndose en varios cachos, como se pode ver nas imaxes.
Seguir lendo

Chat

Retirada de abellas na praza da Guadalupe

2 Xuñ

Durante esta tarde a policía municipal de Rianxo acordoou parte da praza da Guadalupe. O motivo foi un exame de abellas.

Nun primeiro momento pensamos que podían ser avespas asiáticas, pero xa nolo desmentiron dende o Concello, polo que pedimos desculpas polo erro.

image

image

image

Ao pouco, chegou un apicultor, protexido totalmente cun traxe. Colleu algunhas abellas, coa raíña, e pouco a pouco o resto fóronse introducindo. Dese xeito xa se evita todo perigo na zona. A actuación, como vino, foi moi rápida.

image

image

image