Archive by Author

O cabo de Trececruces

8 Feb

astrescruces

Documento da Xunta sobre as Tres Cruces

Por certo, que na punta de todo os cruceiros que aparecen son os da foto inferior.

Celtas sen filtro, de Airiños e convocatoria para bailar valse

7 Feb

Sábado de teatro no Auditorio de Rianxo. Ás 20.30 horas o grupo Airiños representará a obra Celtas sen Filtro. O prezo da entrada é de 2€.

Por outra banda, o domingo 8 de febreiro, ás 17.00 horas na praza de Rafael Dieste, hai unha convocatoria aberta para bailar o valse. Dende a organización piden como único requisito querer “pasalo ben”.

Na nota enviada dende o Concello sinalan que se trata “dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no que se pretende que participe o maior número posible de persoas de todas as idades. É por isto que se pide a colaboración de quen queira participar bailando”.

Foto antiga do paseo da ribeira coa igrexa ao fondo

6 Feb

Rianxo

Agradecémoslle a Manuel Franco que nos deixara as fotografías. Son da familia de Moncho Bravo.

A antiga “molinera” de Rianxo

3 Feb

Hoxe queremos compartir con vós unha foto desa historia non tan antiga, xa que moitos dos nosos pais e avós de seguro que se lembran. É o tempo no que case todo o mundo tiña leiras e cultivaba millo para darllo aos animais.

molinera

E moitos rianxeiros, o que facían era acudir ata a chamada “molinera”, que tedes na imaxe. Pertencía á familia Pérez, polo que nos contou algún veciño. Polo visto, orixinalmente estaba situada preto do Castillo, onde a rexentaba o señor José e a súa muller Urbana (da familia Pérez).

Máis adiante levouse para Rinlo, onde seguiron os fillos, Lucho e Ramón. Estivo activa ata que comezaron a construír pola zona, pero ata a década dos 80 aínda funcionou.

As mozas adoitaban ir con sacos co millo en gran e alí moíano para despois darllo ás galiñas ou aos porcos da casa en forma de fariña. E para que vexades como eran as cousas, o muiñeiro non cobraba en pesetas, senón en especies. Quedábase coa chamada maquía. É dicir, unha parte da fariña que se quedaba o muiñeiro do traballo.

Esta palabra deu lugar a varias frases ao longo da nosa xeografía. Recollemos algunha presente no Corpus lexicográfico da lingua galega:

  • “Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro”.
  • “O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro”.
  • “O muiñeiro que oi e ve non pode ser paroleiro”.

Rematamos o post agradecéndolle a Manuel Franco que nos cedera a imaxe para a súa difusión.

III Marcha BTT Concello de Rianxo

3 Feb

Xa non queda nada para unha das grandes probas deportivas que se celebran no noso municipio. Neste caso trátase da III Marcha BTT Concello de Rianxo, que terá o domingo 22 de febreiro. Se queres participar, podes apuntarte xa porque as prazas son limitadas por 7€ antes do 18 de febreiro.

Seguir lendo

O invernadoiro con fiestra de alumunio de dobre cristal

2 Feb

IMG_5232

 

Ola. Hoxe traémosvos unha destas cousas totalmente intrascendentes, pero ben curiosas 🙂 O primeiro invernadoiro de Rianxo con fiestra das boas, como as das casas.  Seguir lendo

Fotos do Pazo dos Calotes do Araño derruído (parte 2)

30 Xan

100_2719

 

Continuamos coa nosa serie de imaxes de hai unha década, nas cales se pode vero Pazo dos Calotes totalmente derruído. Nesta ocasión, podedes ver imaxes da capela que forma parte do entorno.  Seguir lendo

Fotos do Pazo dos Calotes do Araño derruído (parte 1)

30 Xan

Copia de 100_2759

Velaquí vos traemos en exclusiva unhas fotos do Pazo dos Calotes do Araño de hai unha década. Hai máis de 10 anos, como vedes, estaba nun estado lamentable, onde a edifición era toda ruínas. Un tempo despois, foi mercado e reconstruído para un proxecto de hostelería que non chegou a callar. E hoxe en día está en venda cun prezo a negociar.

Seguir lendo

Fotos da cabaltaga de Reis de Rianxo 2015

20 Xan

05012015-cabalgata-7564

Hoxe queremos compartir con vós unha serie de fotografías da cabalgata de Reis de este ano. Foron cedidas pola Concellería de Cultura de Rianxo e sacadas por Anxo Resúa, quen fixo un traballo estupendo. Agradecerlle a Hadriana e ao Concello que nos deixen compartir estas imaxes.

Seguir lendo

Os xeiteiros comezan a traballar despois de meses en paro

13 Xan

Estes días estamos a ver noticias esperanzadores na prensa sobre o sector do xeito. No xornal Faro de Vigo indican que se aprobou un novo plan para a sardiña. O que pasa é que non está clara a cota para o xeito:

“El sector del ‘xeito’, por su parte, es cauto con la modificación de la orden que reserva parte de la cuota para esta flota aunque no concreta cuál a pesar de que los xeiteiros aspiran a que se les deje faenar todo el año. “Habrá qué esperar a ver la cantidad que nos reservan y qué tipo de gestión se hace de la pesquería”, afirmó el presidente de la Asociación Gallega de Armadores de Artes Menores (Asoar-Armega), José Luis Rodríguez. “La cantidad reservada así como la flota a la que vaya dirigida será fijada mediante resolución del secretario general de Pesca”, recoge el documento del Ministerio de Agricultura.

Rodríguez pide “proporcionalidad” en el reparto. “El xeito ha dejado claro que es un arte sostenible, por lo que espero que haya una cantidad justa y necesaria para mantener su actividad durante todo el año. Los xeiteiros no son los que agotan el recurso”, defendió”.

Pola súa banda, en El Correo Gallego xa se indica que hai 200 toneladas para o xeito:

“El patrón mayor de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, mostró ayer su satisfacción por la modificación que hizo el Gobierno central de la orden por la que se establece una plan de gestión para la sardina de las aguas ibéricas y la de la que fija un plan de gestión para los buques de los censos del caladero nacional del Cantábrico y Noroeste, que permite a los xeiteiros volver a pescar sardina tras casi cuatro meses de paro.

Iglesias dijo que la reserva de 200 toneladas para los xeiteiros “é unha boa noticia, aínda que non temos moi claros os detalles. A orden da a entender que se trata dun tope para todo o ano, polo que esa cantidade sería ridícula, tendo en conta que en Galicia hai 427 barcos xeiteiros”. El patrón añade que “quero pensar que son 200 toneladas só para cando haxa peche”.

Por último, hai varios días en Diario de Arousa  tamén se falaba deste tema, e de como un par de barcos volveron á sardiñas, mentres que o resto vai á campaña do vou de bara.