Archive by Author

Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo: “Somos unha gran familia que continúa coa tradición dos nosos maiores”

24 Mar

irmandade (1 de 1)

A piques de chegar a Semana Santa, falamos coa Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo, que promove e organiza os actos litúrxicos deste período. O cuestionario está contestado por Gustavo Galbán, irmán maior da Irmandade.

Seguir lendo

Fotos antigas da Capela da Guadalupe

15 Mar

capela1 capela2

Velaquí un par de fotos antigas que nos cedeu Manuel Franco e que son de Luis Noya. Nelas podesmo ver a capela sen ningún tipo de balaustrada, só coas escaleiras para subir. Tamén podemos ver a entrada a Rianxo dende Rinlo, coa estrad sen asfaltar e sen beirarrúas. E incluso observamos que está o cartel da antiga farmacia.

Álvaro Ordóñez, desenvolvedor da mellor app no concurso Faite Dixit@l!

10 Mar

alvaro Aínda que de seguro que moitos o coñecedes de velo actuar en Airiños ou de estar no bar dos seus pais, o Berberecho, Álvaro Ordóñez é un mozo estudante de Enxeñaría Informática. Como bo rianxeiro, presume de terra e de lingua. Tanto, que grazas aos seus coñecementos e habilidades desenvolveu unha aplicación para que escribamos ben en galego no noso smartphone. Esta app foi recoñecida como a mellor nun concurso organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.
Seguir lendo

Fotos do XIV Autocross o Castro

2 Mar

IMG_6717

Antes de nada, darlle as grazas aos organizadores do XIV Autocross o Castro de Taragoña, á escudería Rallyactividad e ao meu veciño Sergio por convidarnos a cubrir o evento do motor por excelencia en Rianxo. A verdade é que non defraudou.

Seguir lendo

Fotos e crónica da III Marcha BTT de Rianxo

26 Feb

24022015-BTT_Rianxo_saida (19)

Xa temos lista a colección completa de imaxes do que deu de si a III Marcha BTT de Rianxo. En concreto xuntamos 2.530 fotografías de distintos puntos da proba. Para que vexades mellor as imaxes, velaquí todo organizadiño por zonas:

Seguir lendo

Falece Carlos Gey, tenente alcalde de Rianxo

20 Feb

Hoxe é deses días nos que publicamos algo con moita tristura. Acabamos de coñecer a noticia de que faleceu de forma repentina Carlos Gey, tenente alcalde de Rianxo. Polo que dende aquí mandamos un abrazo á familia.

gey

Na cabalta de Reis. Foto de A Fiestra

Seguir lendo

Preguntas e respostas sobre o PXOM de Rianxo

17 Feb

planpxom

Un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) sempre é un documento polémico. En todos os concellos. Así que quixemos informarnos un pouquiño máis sobre o tema e tamén explicar distintas cuestións que, como cidadáns e veciños de Rianxo, nos afectan.

Seguir lendo

Fotos do antroido 2015 no Araño

15 Feb

varias 009

 

O pasado sábado pola tarde celebrouse o entroido no Centro Sociocultural do Araño. Non faltaba de nada, sobre todo filloas. De feito dende primeira hora estivo a facer filloa tras filloa para que non faltasen entre os asistentes. Por certo, que tedes moitas máis fotos no álbum de Rabunho RexeitaSeguir lendo

Primeiro día do entroido 2015 en Rianxo

14 Feb

entroido 001

Antes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.

Seguir lendo

Vídeo-montaxe do valse “Rianxo”

11 Feb

Velaquí un vídeo coa canción “Rianxo, capricho para piano”, de L. Fernández. A adaptación para frauta e guitarra foi de J. Luís do Pico Orjais. A gravación correu a cargo de Pepe Romero (frauta) e J. Luís do Pico (guitarra). Pertence ao depósito de J. Ramón Nine Piñeiro, tío avó de José Nine Ces (depositante).

E as fotos son dos rapaces de Vai de Roda bailando por distintos puntos de Rianxo e da xente que se animou a bailar na praza de Rafael Dieste.