Velaquí vos presentamos as listas dos catro partidos que se presentan ás eleccións municipais en Rianxo. A orde é a que aparece no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 2)
26 AbrOnte explicábamos aquí como, alá polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.
Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 1)
25 AbrHoxe queremos lembrar unha historia que aínda segue a dar que falar en Taragoña. E iso que xa van alá varias décadas, en concreto 45 anos. Pero foi un tema tan profundo e que callou tanto nesa parroquia, que aínda hoxe en día hai veciños que cando morren non fan funeral: entérranse directamente sen pasar pola igrexa e sen a cerimonia do funeral.
As empresas de Rianxo que máis facturaron no 2013
10 Abr
Imaxe de paxinasgalegas.es
Grazas á base de datos da Zona Franca de Vigo chamada Ardán, podemos saber cales son as empresas galegas que máis facturan, xa que se teñen os conta os datos depositados no Rexistro Mercantil. Quixemos ver cales eran precisamente as empresas de Rianxo que máis facturan. Sabemos que en Boiro, Ribeira ou na Pobra hai empresas que tiran moito da economía, polo que a nosa idea era ver se tamén hai negocios que moven a economía local.
A sala Castelao no Museo de Pontevedra
3 AbrNo Museo da Deputación de Pontevedra alberga unha sala adicada en exclusiva ao rianxeiro máis coñecido: Castelao. Alí poderemos atopar moitas das súas obras, algunhas de seguro que sorprendentes para o visitante, así como as caretas da súa obra Os vellos non deben de namorarse. Comentar que a entrada é gratuíta, así que se ides por Pontevedra, non deixedes de ir.
Vertedura xunto á depuradora
29 MarEsta tarde, un veciño e seguidor do blog pasounos unhas imaxes dunha vertedura xunto á depuradora de Rianxo. As imaxes, segundo a persoa que nos informou deste suceso, corresponden ás 18.30 horas.
Dende aquí puxémonos en contacto co Concello e explicounos que se trata dun “verquido do que se informa á empresa e se agarda porque a Xunta faga as actuacións previstas que eliminarán en boa medida estas situacións”.
Actualización: dende o Concello acaban de informarnos que a policía local estivo pendente da vertedura e que esta xa cesou.
Agardamos, pois, que imaxes deste tipo non se repitan, porque sabemos que do mar depende o futuro de boa parte dos nosos veciños. Ademais, moi preto, hai unha praia na que todos os veráns se bañan centos de persoas. 
Cal é a gasolineira máis barata de Rianxo?
28 MarMoitos de nós usamos o coche de xeito habitual, ben para ir ao traballo, movernos, ir de compras ou ben viaxar como agora en Semana Santa. Ata hai ben pouco en Rianxo había dúas gasolineiras, pero dobraron grazas que abríu outra de Meroil no porto de Rianxo e outra de BP no polígono de Te.









