O escudo de Rianxo
6 XuñEn decembro de 1999 en Rianxo modificouse o escudo heráldico do Concello “considerou conveniente organizar correctamente as súas armas municipais, de xeito que se recollese a mellor tradición heráldica do antigo escudo, aprobado pola Corporación no ano 1961”.
Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 2)
26 AbrOnte explicábamos aquí como, alá polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.
Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 1)
25 AbrHoxe queremos lembrar unha historia que aínda segue a dar que falar en Taragoña. E iso que xa van alá varias décadas, en concreto 45 anos. Pero foi un tema tan profundo e que callou tanto nesa parroquia, que aínda hoxe en día hai veciños que cando morren non fan funeral: entérranse directamente sen pasar pola igrexa e sen a cerimonia do funeral.
As empresas de Rianxo que máis facturaron no 2013
10 Abr
Imaxe de paxinasgalegas.es
Grazas á base de datos da Zona Franca de Vigo chamada Ardán, podemos saber cales son as empresas galegas que máis facturan, xa que se teñen os conta os datos depositados no Rexistro Mercantil. Quixemos ver cales eran precisamente as empresas de Rianxo que máis facturan. Sabemos que en Boiro, Ribeira ou na Pobra hai empresas que tiran moito da economía, polo que a nosa idea era ver se tamén hai negocios que moven a economía local.
Cal é a gasolineira máis barata de Rianxo?
28 MarMoitos de nós usamos o coche de xeito habitual, ben para ir ao traballo, movernos, ir de compras ou ben viaxar como agora en Semana Santa. Ata hai ben pouco en Rianxo había dúas gasolineiras, pero dobraron grazas que abríu outra de Meroil no porto de Rianxo e outra de BP no polígono de Te.
Eclipse de sol 2015
20 MarHoxe, 20 de marzo do 2015, produciuse un feito que vai tardar 25 anos en repetirse. Trátase dun eclipse solar total e que dende Rianxo se puido observar con moi boa claridade, aínda que, para a nosa desgraza, aquí non foi total, aínda que case.
A continuación deixamos a secuencia de fotos de todo o eclipse que fomos fotografar á estrada que sube á Muralla.
Fotos antigas da Capela da Guadalupe
15 MarVelaquí un par de fotos antigas que nos cedeu Manuel Franco e que son de Luis Noya. Nelas podesmo ver a capela sen ningún tipo de balaustrada, só coas escaleiras para subir. Tamén podemos ver a entrada a Rianxo dende Rinlo, coa estrad sen asfaltar e sen beirarrúas. E incluso observamos que está o cartel da antiga farmacia.
Primeiro día do entroido 2015 en Rianxo
14 FebAntes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.
A antiga “molinera” de Rianxo
3 FebHoxe queremos compartir con vós unha foto desa historia non tan antiga, xa que moitos dos nosos pais e avós de seguro que se lembran. É o tempo no que case todo o mundo tiña leiras e cultivaba millo para darllo aos animais.
E moitos rianxeiros, o que facían era acudir ata a chamada “molinera”, que tedes na imaxe. Pertencía á familia Pérez, polo que nos contou algún veciño. Polo visto, orixinalmente estaba situada preto do Castillo, onde a rexentaba o señor José e a súa muller Urbana (da familia Pérez).
Máis adiante levouse para Rinlo, onde seguiron os fillos, Lucho e Ramón. Estivo activa ata que comezaron a construír pola zona, pero ata a década dos 80 aínda funcionou.
As mozas adoitaban ir con sacos co millo en gran e alí moíano para despois darllo ás galiñas ou aos porcos da casa en forma de fariña. E para que vexades como eran as cousas, o muiñeiro non cobraba en pesetas, senón en especies. Quedábase coa chamada maquía. É dicir, unha parte da fariña que se quedaba o muiñeiro do traballo.
Esta palabra deu lugar a varias frases ao longo da nosa xeografía. Recollemos algunha presente no Corpus lexicográfico da lingua galega:
- “Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro”.
- “O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro”.
- “O muiñeiro que oi e ve non pode ser paroleiro”.
Rematamos o post agradecéndolle a Manuel Franco que nos cedera a imaxe para a súa difusión.








