Arquivo | festas RSS feed for this section

Fotos das Festas da Guadalupe 2014: a misa do domingo e primeira parte da procesión

16 Set

procesion oscar 112

O domingo tivo lugar un dos actos máis importantes da Guadalupe: a misa no Campo de Arriba, que este ano contou co arcebispo de Santiago, Julián Barrio, ao tempo que co arcebispo de Tánxer, Santiago Agrelo. Ademais, unhas 200 persoas doutros sitios de España, que viñan polo V Encontro de Santuarios, confrarías e Irmandades de NS de Guadalupe formaron parte do acto.

Seguir lendo

Programa e cartel das festas da Guadalupe 2014

20 Ago

Xa está completiño o cartel das festas da Guadalupe 2014. Abaixo indicamos os grupos que veñen, pero na web da Comisión de Festas podedes descargar o programa completo.

  • Venres, 12 de setembro: Chupitaso con The Karavan
  • Sábado, 13 de setembro (Rock in Rian): Mosaico e Xacobeo
  • Domingo, 14 de setembro (procesión marítima): La Oca e Pontevedra. Na procesión estarán a banda de gaitas Buxaina e a de Forcarei
  • Luns, 15 de setembro (Juadalupeñas): Abanico e Gran Parada
  • Martes, 16 de setembro (día de Padrón): Palladium e Aché 
  • Mércores, 17 de setembro: Televisión do Nordés e Marbella
  • Xoves, 18 de setembro (feirón mariñeiro): Jerusalem e El Combo Dominicano
  • Venres, 19 de setembro (último día): Cinema, Ciclón e Charleston Big Band

Vese que despois do problema que houbo o ano pasado con Espectáculos Lito, polo cal non deixaban traer á Gran Parada porque había orquestras doutros promotores (o cal non foi unha excepción), este ano volveron contar coa empresa de Caldas de Reis.

O sábado 13 de setembro celebrarase tamén o Rock in Rian, organizado pola Comisión de Juadalupeñas. Estarán Medomedá, Forraje e Dios ke te crew e Ruxe Ruxe. Case nada:

E velaquí tedes o cartel do Rianxo on fire: 

Festa do Mexilón de Rianxo 2014

9 Ago

Este sábado e domingo, 9 e 10 de agosto, celébrase a Festa do Mexillón de Rianxo, que chega á súa quinta edición. Conta coa colaboración do Clube de Remo de Rianxo, da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, da Xunta e do Concello, entre outros.

Hoxe, a partir das 20.00 horas, haberá degustación no Campo de Arriba. E mañá haberá unha andaina, para a cal se hai que apuntar nesta web, ademais de música e xantar a partir das 11.30 horas.

Cartel das festas de Asados 2014

7 Ago

Deixamos hoxe o cartel das festas de verán de Asados. Son esta vindeira fin de semana, do 8 ó 10 de agosto e estarán adicadas o venres a San Roque, o sábado ó Carme e o Domingo a Santa Ana.

Entre os grupos musicais teremos ao grupo De la Cruz Show (vellos coñecidos da romaría de San Pedro de Vilas), a orquestra Acordes Son de Swin e a disco móbil Troula. O venres e o sábado tamén haberá grupos de gaitas e o grupo Vai de Roda. O domingo pola tarde haberá unha festa da escuma e hinchables para @s máis cativ@s.

IMG-20140806-WA0000

 

 

Fotos das festas do Araño 2014

5 Ago

Un ano máis, traémosvos as fotos da romaría da Virxe dos Milagros do Araño.

aranho 001

Seguir lendo

Cartel das festas de Taragoña, 2014

11 Xul

Para o vindeiro fin de semana celebraranse na parroquia de Taragoña as súas festas do verán.

Durante os catro días de festa, poderemos desfrutar de grandes orquestras como  Abanico, Olympus, Capitol… Ademais de charangas, gaitas, bandas de música: cartaz Taragoña

Cartel das festas do Carme de Rianxo, 2014

10 Xul

O 11, 12 e 13 de xullo celébranse en Rianxo as festas do Carmen, coas orquestras Trovadores, D’Moda, Pasarela e Trébol. Para a semana tocaralle o turno á mesma celebración, pero na parroquia de Taragoña, coas súa festa grande.

Festa fin de curso da ANPA Os Gudiños

2 Xul

IMG_0030 O pasado 21 de xuño, e no colexio ADR Castelao de Rianxo, tivo lugar a festa de fin de curso da ANPA Os Gudiños.

Alí, e xa dende as 11 da mañá, poidemos asistir a diversas actuacións, degustar ricas lambetadas, e mesmo mercar diverso material de artesanía. Ademais, houbo unha carpa onde servían churrasco e polbo.

Seguir lendo

Máis fotos da romaría de San Pedro de Vilas 2014

30 Xuñ

Velaquí as fotos que nos quedaban de San Pedro de Vilas. Como o tiro con corda:

tirocorda (1)

Seguir lendo

Lanzamento de alpacas, esquí montuno e outros deportes olímpicos en San Pedro de Vilas

28 Xuñ

romariasanpedroxeral

Un ano máis, hai que felicitar a Comisión de Festas de San Pedro de Vilas polo estupendo traballo que fan. É unha celebración nun marco incomparable, pero que moitos rianxeiros aínda non coñecen pola propia localización do lugar, pero que paga a pena visitar e vivir, porque hai un ambiente inmellorable. Ademais, a organización gastou máis de 2.000 euros en actuacións musicais, o que amosa o traballo e o esforzo realizado.

Seguir lendo