Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

O latexo das prazas

1 Mar

No día de hoxe, inaugurouse no auditorio de Rianxo a exposición O Latexo das prazas. Unha exposición fotográfica que organiza e promove o Concello de Pontevedra a través da Concellería de Promoción Económica Emprego e Turismo.

Image

Na escolma de fotografías podemos ver as distintas visións de 12 fotógrafos profesionais dos medios de comunicación pontevedreses das prazas da cidade.

Estes fotógrafos son, Rafa Fariña, Javier Cervera-Mercadillo, Mónica Ferreirós, David Freire, Gonzalo García, Ramón Leiro, Gille López, Albá Sotelo, Noé Parga, Carlos Puga, Miguel Vidal e Xan Xiadas.

Image

Image

A exposición vén acompañada dunha publicación en papel, coa orixinal idea de que cada foto ten ó mesmo tempo e tamén dentro do libro, unha postal reproducindo a mesma imaxe.

Image

Tamén podemos disfrutar dunha vídeo-proxección de dous vídeos de Diego Pons:

-Pontevedra é un amor.

-Viaxando con Diego.

Image

Á inauguración asistiron a modo de presentación a Concelleira de Promoción Economía, Emprego e Turismo, Carlota C. Román García  e Raquel Abolo. Dende o concello de Rianxo así mesmo asistiron o alcalde Adolfo Muíños, Adelina Ces e María Teresa Sobradelo.

Image

Engadir tamén que a exposición escomeza o percorrido por toda Galicia e resto do estado eiquí en Rianxo, para voltar dentro dun ano outra vez á cidade do Lérez, e pasar a formar parte do arquivo fotográfico do concello.

Fotos do concerto de Roi Casal en Rianxo

3 Feb

O auditorio de Rianxo tivo a honra de acoller o inicio da xira 2013 de Roi Casal.

Teño que dicir que ao principio pensei que a afluencia non sería moi alta. Sempre somos de queixarnos de todo, de querer todo gratis e tendo en conta de que se trataba dun concerto de pagamento, moita xente tírase para atrás. E xa digo que a falta de 5 minutos para o comezo do concerto, había unhas 60 persoas no auditorio. Pero, sorprendentemente (ben por Rianxo), ao final vendéronse unhas 215 entradas, polo que non estivo nada mal.

roicasal1 (1 de 1)

Roi Casal e todos os membros dos grupos comezaron cunha canción que el mesmo definiu como “macarrada”, pero bastante animada.

roicasal2 (1 de 1)

Teño que dicir que o que máis me gustou foi sobre todo a voz de Silvia Ferre, da que ademais me enterei que é rianxeira de adopción (e asturiana de nacemento). Roi canta ben e toca de marabilla, pero a voz de Silvia é deliciosa e enche os oídos, regalándonos momentos impresionantes.

roicasal3 (1 de 1)

roicasal4 (1 de 1)

Entre canción e canción Roi confesábanos que os xornalistas moitas veces chamábano sen saber que tipo de música facía, pensando que era música “intimista”, por iso de que toca a arpa (ademais de moitos outros instrumentos). Pois non, toca sobre todo música galega de tipo pop, aínda que nunca canción se marcou un dúo zanfona-guitarra eléctrica que era puro rock. Si que houbo un momento intimista, cando con só a arpa e a voz de Silvia cantaron unha canción de cuna que Roi compuxo para o seu fillo.

roicasal5 (1 de 1)

roicasal6 (1 de 1)

roicasal7 (1 de 1)

roicasal8 (1 de 1)

Ao final do concerto case todo o auditorio acabou bailando a última das cancións do repertorio de Roi Casal e o aplauso foi enorme. Por certo, que o pianista é rianxeiro, Alfredo Susavila.

roicasal9 (1 de 1)

Teño que dicir que me encantou a voz de Silvia Ferre, pero que na canción “Maxicamente vello”, Roi Casal me puxo a pel de galiña. Aquí vos deixo un vídeo de Youtube:

Fotos da enchenta do río Te

3 Feb

O pasado venres choveu tanto, tanto, tanto, que o río Te botou por fóra. Velaquí tedes algunhas imaxes desa tarde á altura da ponte que hai no Batán (O Araño):

anegamento3 (1 de 1)

anegamento4 (1 de 1)

De feito, podedes ver como a forza da auga levou por diante esta ponte de madeira do paseo do río. Curiosamente esta ponte xa fora arrincada noutro anegamento hai cousa de dous anos e estivo así ata a primavera pasada, cando a arranxaron. Agardemos que desta vez non tarde tanto en poñerse ben.

anegamento5 (1 de 1)

anegamento6 (1 de 1)

anegamento7 (1 de 1)

As intensas chuvias tamén provocaron máis dun susto no que ao tráfico se refire. Nesta foto, toma preto de Carballal (O Araño), o coche ao haber tanta auga non puido ver onde comezaba o rego e meteu a roda sen darse conta:

anegamento8 (1 de 1)

Pero tamén ía con moitísima auga o regueiro que pasa polo medio do Pazo. De feito, o lavadeiro nin se vía:

anegamento1 (1 de 1)

anegamento2 (1 de 1)

Che Tembra no auditorio de Rianxo

28 Xan

O venres 25 de xaneiro inaugurouse no auditorio de Rianxo  a exposición de escultura en ferro de Che Tembra, a cal se manterá aberta ó público até o 23 de febreiro.

A exposición está dentro da programación dos ACTOS CASTELAO 2013 organizados pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüistica do Concello de Rianxo.

ImageImageImage

A casa de Castelao

15 Xan

Se ides pola rúa de Abaixo, teredes ocasión de ver a casa na que vivía Castelao.

Casa de Castelao

“Un bico, un cantar”, un programa adicado á Rianxeira na TVG

14 Xan

O duro traballo das mariscadoras

5 Xan

O día de fin de ano, non sei se o lembrade, pero choveron chuzos de punta, de tal xeito que aquilo parecía un temporal do vento e da auga que caía. O caso é, pasando polo coche á altura do Pazo, me sorprendeu que a pesares dese tempo as mariscadoras estivesen a traballar, xa que me parecían condicións moi malas.

Volvín coa cámara media hora despois, pero só tiven tempo de sacar dúas fotos cando medio recollían. Do vento que fixo, rompeume o paraugas, así que con isto xa volo digo todo.

mariscadoras

mariscadoras

Falece o mestre e articulista Manuel Dourado

26 Dec

Acábome de enterar de que hoxe morreu Manuel Dourado.

douradook

Era unha persoa moi coñecida en Rianxo, pero non está de máis comentar quen era segundo recolle na súa autobiografía. No seu facebook recolle o seguinte: “Son fillo de labregos. Como Autodidacta, despeguei ao luminoso mundo da Cultura a travén da música. Estudos medios, Maxisterio, e Dereito. Nunca exercín como avogado: chocaba coa miña ética. Exercín Maxisterio durante 3 xeracións”.

Naceu no Araño o 30 de agosto de 1929, no seo dunha humilde familia labrega. El mesmo practicou a labranza na casa de seus pais ata a súa xuventude.

Intentou estudar dun xeito autodidacta, para o que tivo que procurarse medios materiais mínimos para facer fronte aos custos que ese afán conlevaba. Por ese motivo percorreu Galicia, coma músico de aldea, tocando en bandas e orquestras populares para se poder pagar os estudos.

Despois dun Ensino Primario rudimentario, fragmentado polas fatídicas incidencias da Guerra Civil do 36, superou esas carencias con don José Bandín Figueira, Mestre sen oposición que recalou en Asados. A este Mestre debe a apertura das vías que o levaron aos estudos de Bacharelato, nos que se graduou con Premio Extraordinario, e de Maxisterio en Santiago de Compostela, carreira que simultaneou cos estudos na Facultade de Dereito que lle permitiron obter tamén o título de Licenciado en Dereito pola Universidade Compostelá. A súa vocación predominante foi a docencia, á que se dedicou con verdadeiro apaixonamento creativo. A outra gran paixón é a de escribir. As circunstancias fixeron que se decantase moi especialmente polo periodismo, particularmente o xornalismo de opinión.

Colaborou en La Noche, de Santiago. A partir de 1970, simultaneou periodismo de información co de opinión en El Faro de Vigo e La Voz de Galicia, sobre temas das populosas comarcas do Barbanza e A Arousa, que abranguían desde Sanxenxo a Muros. Algúns dos seus máis polémicos comentarios sobre a realidade socio-política imperante tiveron bastante repercusión na Galicia da Diáspora arxentina (periódico Galicia, do Centro Gallego de Bos Aires) e nas emisións radiofónicas do programa dominical Sempre en Galiza patrocinado polo Padroado de Cultura Galega de Montevideo.

Tamén foi colaborador habitual de El Correo Gallego e de Galicia Hoxe, tarefa que simultaneou como membro do Consello de Redacción de Encrucillada, Revista Galega de Pensamento Cristián, onde publicou algúns estudos. Foi galardoado co premio de xornalismo Ruta Xacobea 1991. Publicou o libro Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida) (Sotelo Blanco Edicións, S.L., 1999). Un segundo libro sobre Maruxa Villanueva, unha Galega de excepción, que se titula A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, en 2009.

Información sacada da web da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Fotos da Virxe da Guadalupe á altura de Quenxo

15 Dec

Velaquí unha fotos da Virxe da Guadalupe que fixen este verán. A escultura está realizada polo alemán Bert Gerresheim e que estas festas se inaugurou á altura da praia de Quenxo.

virxe1

virxe2

virxe3

virxe4

virxe5

virxe6

Conto do medo

23 Nov

Un conto de medo que nos relatan os alumnos do Félix Muriel.