Desta vez comezo co víde en lugar de coas imaxes. Que se vexa ben esa fumarada de polvo de cor verde que parece que vai envelenar a todo o mundo, pero que provoca euforia, saltos e alteración.
Fotos e vídeos dos xogos das Juadalupeñas nas festas de Rianxo 2018
10 Set
Pasou a fin de semana. Chegaron os días laborables. E non por ser luns hai menos festa. Ao revés. As Juadalupeñas inundaron as rúas de Rianxo facendo que por unha vez amemos os luns. Velaquí as fotos desta xornada.
Fotos das festas da Guadalupe 2018: o chupitaso
8 Set7 de setembro de 2018. Día sinalado no calendario de moitos rianxeiros. Semana grande das festas á vista. Moitos plans, moitas actividades, moitos amigos que no se ven o resto do ano e moitas ganas de espremer cada minuto ao máximo, como non querendo que a cousa acabe nunca.
Fotos antigas de Rianxo: Setefogas, rúa de Abaixo, do Medio e Igrexa
1 Set
Hoxe queremos compartir con vós estas marabillosas fotos antigas de Rianxo. Vímolas no Arquivo do Reino de Galicia. Alí contan que foron tomadas por Antonio Sánchez, alcumado “Tonecho” nos anos da década de 1960. É sorprendente como algunhas cousas case non cambiaron e outras parecen tan diferentes.
Canto debe o concello de Rianxo? Dato a finais de 2017
24 Ago
O Ministerio de Facenda acaba de publicar a débeda bruta e a débeta por habitante de cada concello. A última vez que a analizamos neste blog foi en 2014, cun dato relativo ao ano anterior. Daquela debíanse 3,27 millóns de euros. Baixou, subiu ou está a cousa igual?
Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos
22 Ago
Quedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.
Maite Mosconi: “Cando alguén se achega co meu libro, non podo evitar emocionarme”
20 Xul
Maite Mosconi é unha das autoras rianxeiras que presentarán a súa obra na Feira do Libro de Rianxo. Nacida en Asados en 1985, comenta que lle produce moita ledicia presentar a súa obra na terra. Sempre tivo a ilusión de poder contar a súa historia, algo que conseguiu con Gaedheal. Trátase do primeiro libro dunha triloxía de aventuras para a que se documentou moito, e que non deixa de ser unha homenaxe á cultura galega. Coñecemos un pouco mellor a Maite.
Feira do Libro de Rianxo 2018: todo o que non podes perder
18 Xul
Esta semana temos un evento de primeiro nivel en Rianxo: a feira do libro. Ademais de múltiples actividades, teremos a presentación de libros de veciños rianxeiros. Porque ademais de Castelao, Dieste e Manuel Antonio seguir a ter escritores e primeiro nivel, non deixes de descubrir a estes autores nin de desfrutar dos eventos programados.
Amanda Seibiel: “La primera vez que vi mi libro en el nº 1, me dio un parraque”
17 XulDentro duns días teremos a sorte de desfrutar dunha autora que colocou algún dos seus libros entre os máis vendidos de toda España. Se non che soa o seu nome, apúntao ben: Amanda Seibiel. Ademais de ser veciña de Rianxo, é unha escritora que no último ano publicou con grande éxito tres libros. Un deles está especialmente dedicado aos seus pais e cóntanos que podemos ver cousas de Rianxo. Leva máis de dúas décadas viviendo en Alacante, pero non pode evitar a morriña pola súa terra. Iso si, como ten o galego algo esquecido, nesta ocasión a entrevista é en castelán.
A desaparecida capela de San Diego
9 Xul
Grazas ao Arquivo do Reino de Galicia puidemos saber que na igrexa de Santa Comba de Rianxo había unha capela que hoxe non existe. Era a capela de San Diego, da cal podemos ver o plano, datado de 1757.

