
No verá non poden faltar as festas na nosa vila. E unha das máis agardadas é a da Virxe do Carme. Do venres 13 de xullo ao luns, día 16 de xullo, celebrarase en Rianxo esta festividade con moitas orquestras e actividades.

No verá non poden faltar as festas na nosa vila. E unha das máis agardadas é a da Virxe do Carme. Do venres 13 de xullo ao luns, día 16 de xullo, celebrarase en Rianxo esta festividade con moitas orquestras e actividades.
Este curso escolar, o centro CEIP ADR Castelao de Rianxo comezou a traballar coa metodoloxía de tratamento integrado das Linguas (TIL) no que participa todo o profesorado e os equipos do centro, a Biblioteca Escolar, o EDLG… Para comezar esta andaina, decidiuse que os nenos e nenas coñeceran a súa contorna máis próxima, Rianxo.
Baixo o lema “Abrir Rianxo ao mundo”, cada aula ou nivel elaborou distintos materiais relacionados con esta temática que podedes ver no Auditorio Municipal ata o 21 de xuño.
Hai materiais moi diversos: carteis con información sobre as parroquias, lendas, traballos de investigación, materiais elaborados cunha impresora 3D, xogos de preguntas, taboleiro para usar os “escornabots” (robots), libros de poesía, de contos, un video-roteiro…
Para inaugurar a exposición, o pasado venres 8 de xuño o alumnado de sexto de primaria representoulles ao resto dos compañeiros Os vellos non deben de namorarse de Castelao.






























De novo a devoción e a relixiosidade invadirán as rúas de Rianxo na Semana Santa de 2018. Coa ameaza da chuvia, o mércores, xoves e venres serán de novo os días máis intensos do programa organizado pola Irmandade da Paixón de Cristo.

Imaxe de El Periódico
Seguro que o coñeces porque é un dos humoristas máis destacados do momento. O que de seguro non sabías é que David Broncano, a pesar de que ten acento de Xaén, naceu en Rianxo. Con só 32 anos conduce un programa de radio na SER e ten un late night en Movistar #0. Hai pouco en El Periódico definíano como un “genio” do humor, sabendo rirse de calquera cousa “sin necesidad de recurrir a la burla o a la humillación”.
Hai varios días que a nosa veciña Esther Carrodeguas presentou o seu último libro, “Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior”. A verdade é que foi un acto íntimo, pero moi emotivo. Os que estivemos alí vivimos un momento máxico cando Esther dediciu lernos varias páxinas da súa obra.
Seguir lendo
Despois de moitos anos sen celebrar desfile de carrozas en Rianxo, neste antroido retomouse esta competición.
Os cativos do colexio Castelao desfilaron este venres previo ao carnaval para presumir de disfraces e de imaxinación. Dende logo que non faltou. O tema estaba centrado en cousas moi rianxeiras: nos nosos escritores, no mar e nos seus produtos e tamén na festa (si, pensades ben).
O entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.

Un ano máis, as pistas da nosa localidade enchéronse de deportistas con ganas de pasalo ben. Eran os participantes da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada polo clube Castro Barbudo, coa colaboración do Concello. Estaban apuntados nin máis nin menos que 864 participantes (206 na andaina e 658 na proba de bicicleta de montaña).
Ao final a chuvia non foi a esperada e a cabalgata de Reis polas rúas de Rianxo puido celebrarse tranquilamente.