Imos hoxe coas fotos dos dous últimos días das Noites de Jazz 2014.
Quedada para ganchillar
30 Xul
O pasado 25 de xullo, tivo lugar a I Quedada para ganchillar. A idea, de Pepa Martinez Vicente, consistía, desta vez en confeccionar un chal para a estatua da rianxeira, que está na praza de Padrón, coméntanos Pepa que esta será a primeira de outras quedadas, pois xa andan a bulirlle pola cabeza outros proxectos creativos…
Á iniciativa sumouse tamén o colectivo Entreagullas, a ONG Implicadas no Desenvolvemento, e a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).
III Romería Popular
27 MaiEste pasado sábado 24 celebrouse a III Romería Popular no CEIP Ana María Diéguez de Asados. Xa dende as 10 da mañá as actividades para cativos e non tan cativos sucedéronse nas pistas deportivas do colexio.
O martes de entroido
13 MaiPoucos días despois do acontecemento, subimos raudos e veloces as fotos do martes de entroido que se celebrou o pasado 4 de marzo 😉
Lembrando o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal
29 Abr
O pasado venres, un grupo de veciños de Rianxo quixo cantar o Grândola, Vila Morena, esa coñecida canción de José Afonso que en Portugal é todo un símbolo. Precisamente porque representa a revolución e a chegada da democracia a Portugal, grazas á Revolución dos Caraveis.
Semana Santa Rianxo 2014 (Desencravo e Santo Enterro)
23 Abr
Imos acabar hoxe a serie fotográfica da Semana Santa rianxeira 2014, coas fotos do Desencravo celebrado o venres pola tarde na Praza de Rafael Dieste.
Semana Santa 2014 (Santo Encontro)
22 Abr
Hoxe tócalle o turno ó Santo Encontro do venres pola mañá. Coido foi a procesión que máis xente xuntou de todas as que houbo esta Semana Santa en Rianxo. Aí van unhas fotiños:
Semana Santa de Rianxo 2014: Xoves Santo
21 AbrImos hoxe coas fotos da procesión do pasado xoves (Xoves Santo) en Rianxo, na que puidemos ver escenificada a última cea previa ó apresamento de Xesús.
Semana Santa 2014 (Vía Crucis)
20 AbrUnha vez pasada a Semana Santa rianxeira, comezamos coas fotos que fomos facendo estes días. O primeiro álbum de foto é do mércores noite, co Vía Crucis, que estivo marcado pola retrasmisión do partido Barça-Madrid, pois moita da xente deixouse quedar nos bares da vila e da que ía na procesión, moita dela ía máis pendente do que pasaba no partido que da procesión en si 🙂
Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo
15 Abr
O pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.




