Arquivo | xente RSS feed for this section

Torneo de Nadal da Escola de Xadrez de Rianxo

1 Dec

_MG_0166

Onte, 30 de novembro, celebrouse no Feliciano o Torneo de Nadal que disputa a Escola de Xadrez de Rianxo. Este evento, que xa vai pola segunda edición, resulta moi divertido, pois tod@s @s alumn@s da escola xogan entre si.

Seguir lendo

Faleceu Andrés Lojo

8 Nov

24082013-varias 017

Onte, a través de Marta, de La Voz de Galicia, coñecemos a notica de que Andrés Lojo (1926) falecera. Para quen non o coñeza, Andrés formara parte do Coro Castelao de Bos Aires, que gravou a peza orixinal da Rianxeira, “Ondiñas da nosa ría”, escrita por Romero e Pinziñas. Aínda que naceu en Rianxo, emigrou á Arxentina, onde estaban os seus pais. El mesmo foi quen mandou o disco dende alá, a través dun barco inglés, para que soase por primeira vez na terra no Feliciano.

Seguir lendo

Entrevista e fotos de Che Tembra, o ferreiro de Beluso

1 Nov

José Andrés Tembra Redondo (1955), máis coñecido como Che Tembra, o ferreiro de Beluso, é un artista do ferro. Nacido en Taragoña, onde tamén ten o seu taller e a súa forxa, dálle voltas e reviravoltas ao metal para transformalo en creacións artísticas. Algunhas delas xa as puidemos desfrutar no noso concello: viñetas de Castelao, personaxes rianxeiros, da cultura e da política, festas e celebracións, etc. A súa obra ten un marcado carácter galego, moi comprometido co noso. Coñecemos algo máis de Che.

Seguir lendo

Santiago Agrelo en “Galegos no mundo”

15 Out

O programa “Galegos no mundo” desta semana na TVG estivo en Tánxer. Así que falaron co noso veciño, o arcebispo Santiago Agrelo. A partir do minuto 42:20 podedes velo dando misa, na catedral ou no seu despacho.

agrelo2

Os máis bailongos de Rianxo

28 Set

bailongos (1)

Hoxe queremos adicarlles este post ao grupo de rianxeiros marchosos que sempre animan as festas. Son varios veciños de diferentes parroquias que enchen o campo coas súas coreografías.

Seguir lendo

Orquestra Abanico: “O luns das Juadalupeñas haberá algunha sorpresa”

12 Set

Foto de Rosendo © Fonte: facebook.com/pages/Abanico-Orquesta

A pesar de ser de Santiago, o cantante José Manuel Domínguez leva o nome de Rianxo con orgullo por toda Galicia. Faino dende o 2002 a través da orquestra Abanico. Unha formación que nos encanta e que nos fai desfrutar alí en canta festa os vemos. Este ano, de novo, estarán facendo desfrutar a mozos e non tan mozos no días das Juadalupeñas. José Manuel cóntanos máis sobre a historia de Abanico e como é o día a día dunha orquestra.

Seguir lendo

Santiago Agrelo, arcebispo de Tánxer: “Só faltei dous anos á Guadalupe, e un deles estaba hospitalizado, a piques de morrer”

11 Set

Santiago Agrelo Martínez (20/06/1942), natural de Asados, acode todos os anos ás festas da Guadalupe a oficiar a novena. Acode en coche dende Marrocos, onde foi nomeado en abril de 2007 arcebispo de Tánxer. Nunha entrevista que realizamos o ano pasado con motivo da exposición de Ruando Rianxo e que publicamos agora, puidemos falar con el durante case unha hora de relixión, emigración, fame, da súa actividade en Marrocos e de moitos outros temas. Velaquí a conversa ao completo.

Seguir lendo

Entrevista con Carmen, A Pachina

25 Ago

Se dicimos Carmen Meda Ces, de seguro que pouco saben de quen falamos. Pero se a identificamos como Carmen A Pachina (6 de novembro de 1932) de seguro que todo o mundo a recoñece. O ano pasado foi unha das persoas que formaban parte da exposición de Ruando Rianxo. Hoxe, queremos facer pública a conversa que tivemos con ela, e que se nos perdera xunto cunha gravadora que agora atopamos. É unha persoa con carácter, que demostrou que a muller é o sexo forte sempre e cando lle deixan traballar e facer cousas. Ata andou ao estraperlo e foi a primeira fémina na zona en conducir en coche. Coñecémola un pouco máis. 

Seguir lendo

Frases do arcebispo Santiago Agrelo

14 Ago

Fonte: Twitter

O noso veciño Santiago Agrelo, como todos sabedes, é arzobispo en Tánxer. É unha persoa que coñece moi ben o problema da emigración e todos os dramas que move. Temos preparada unha entrevista con el, pero antes pareceunos moi interesante recompilar aquí algunhas das frases que comparte nos seus perfís do Facebook e do Twitter, nun momento no que se fala tanto da emigración, pola chegada a Melilla e a tarifa de tantas persoas.

Seguir lendo

Xuntanza de Asados 2014

6 Ago

Wilson
Calquera tempo pasado foi mellor! Así nos comeza explicando Merchi Pimentel de que se trata a “Xuntanza de Asados”, que este ano celebrou a terceira edición. A idea, certamente é moi boa, xa que “xurdiu dun encontro de amigos e amigas da infancia de entre os cales algúns, por distintos motivos, viven fora da “tribu” (Asados)”. Así que agora, unha vez ao ano, intentan quedar e lembrar vellos tempos.

Seguir lendo