Despois de moitos anos sen celebrar desfile de carrozas en Rianxo, neste antroido retomouse esta competición.
Fotos das carrozas de entroido de Taragoña 2018
17 FebDespois dunha semana chuviosa, chegou a fin de semana cun sol radiante. Xusto a tempo para desfrutar das carrozas de Taragoña.
O First Dates á Jaleja, celébrase no Araño
15 Feb
Esta é sen dúbida a semana do amor. Acabamos de celebrar San Valentín, o día por excelencia dos namorados. E se en Cuatro tiveron un especial First Dates para conmemorar esta data, en Rianxo teremos o “First Dates á Jaleja”. En concreto o sábado 17 de febreiro pola noite.
Imaxes de entroido do colexio Castelao de Rianxo
9 FebOs cativos do colexio Castelao desfilaron este venres previo ao carnaval para presumir de disfraces e de imaxinación. Dende logo que non faltou. O tema estaba centrado en cousas moi rianxeiras: nos nosos escritores, no mar e nos seus produtos e tamén na festa (si, pensades ben).
Fotos do entroido no cole de Asados 2018
9 FebXa esta aquí Don Carnal. Ou para que todos nos entendamos, xa chegou o entroido. Unha data para festexar e saír á rúa disfrazados.
Toda a axenda de actividades no entroido 2018 en Rianxo, Taragoña e O Araño
7 FebO entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.
Fotos, vídeos e crónica da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo
5 Feb
Un ano máis, as pistas da nosa localidade enchéronse de deportistas con ganas de pasalo ben. Eran os participantes da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada polo clube Castro Barbudo, coa colaboración do Concello. Estaban apuntados nin máis nin menos que 864 participantes (206 na andaina e 658 na proba de bicicleta de montaña).
600 inscritos xa para a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo
20 Xan
Un ano máis en febreiro terá lugar a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo de primeiro nivel na localidade, xa que cada ano acoden centos de persoas de toda a xeografía. No 2017 houbo unha inscrición de 700 participantes e este ano xa a subiron a 1.000.
Cabalgata de Reis en Rianxo 2018
6 XanAo final a chuvia non foi a esperada e a cabalgata de Reis polas rúas de Rianxo puido celebrarse tranquilamente.
Os mozos de Rianxo escollen a vila para pasar o fin de ano
1 XanÉ sorprendente como as cousas poden cambiar grazas ao traballo e á constancia da xente. Hai uns anos era impensable celebrar o fin de ano en Rianxo e agora, semella inimaxinable non facelo. Todo polo estupendo labor que fan as Juadalupeñas.





