Onte tivo lugar a procesión da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros e, polo tanto, alguén á quen en Rianxo se rende respecto por toda a xente que traballa no mar. Non puidemos estar no acto, pero recollemos imaxes de Antena 3 Noticias en Galicia.
Fotos da reitorial de Isorna
17 XulHai un tempo publicamos por aquí imaxes do hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo. Pois ben, hoxe queremos colgar as imaxes do resto do conxunto do que forma parte, da fermosa reitoral onde podemos atopar pezas únicas como un retrete de pedra que daba directamente ao rego que discurría por detrás da finca, algo pouco habitual naqueles tempos.
Agradecerlle de novo ao arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto e ao antigo sacristán da parroquia por poder gozar dunha visita única a un sitio realmente fermoso.
I Feira á Beira do Mar
16 XulO próximo domingo, 24 de xullo, terá lugar no noso concello a I Feira á Beira do Mar que terá lugar xunto ao Náutico. Comezará cunha andaina duns 10 quilómetros polo “Rianxo descoñecido”, que incluirá guía. Para apuntarse á camiñata e preciso apuntarse no correo grecia_81@hotmail.com ou chamar ao teléfono 647.650.787.
Procesión de San Cristovo 2016
11 Xul

Un ano mais celebrouse a xa tradicional procesión de automóviles engalanados para honrar a San Cristovo.
Despois da misa celebrada na capela de S. Bartolomeu e logo de bendecir os camións, coches e motos asistentes arrincou a comitiva que se desprazou coma sempre, polas parroquias rianxeiras.
Eiquí vos deixamos unhas fotos arrincando no paseo da Ribeira:


Mari Carmen Figueira, do PSOE, valora o primeiro ano desta lexislatura
8 Xul
Continuamos coas valoracións dos líderes locais do que está a ser este primeiro ano de lexilatura tras as últimas eleccións municipais. Desta vez é a socialista Mari Carmen Figueira quen nos explica cales son as demandas que lle están a realizar ao goberno rianxeiro e tamén como viu os resultados das eleccións xerais en Rianxo, onde o PSOE creceu en votos.
Gaiteiros do Liceo tocando nos anos 90 xunto a Tanxil
5 XulImpresionante o documento audiovisual da Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo). É da década dos 90 e forma parte dunha secuencia do programa de “Desde Galicia para el Mundo” que daquela emitía TVE. Como podedes ver, son gaiteiros do Liceo Marítimo de Rianxo tocando ao lado do paseo dunha praia de Tanxil sen anchear 🙂
Fotos de San Pedro de Vilas 2016
28 Xuñ
Este ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.





