Exposición “De berros e olladas”, contra a violencia de xénero

8 Set

IMG_0065

O sábado 6 de setembro do 2014, quedou oficialmente inaugurada a exposición “De berros e olladas”, dos fotógrafos Marga Piñeiro Diaz, Enrique González e Isidro Cea no auditorio de Rianxo. A mostra plasma en imaxes un tema tan espiñento, e por desgraza tan á orde do día como é a violencia de xénero, lacra totalmente de actualidade en pleno século XXI.

Seguir lendo

Fotos do obradoiro de baile de Vai de Roda

7 Set

varias 071

O pasado sábado 30 de agosto, Vai de Roda organizou unha xornada de portas abertas no Campo de Abaixo. A clase foi impartida por Dani Pereiras. A actividade estaba enmarcada dentro do 10º aniversario da formación.

Seguir lendo

Fotos da feira labrega “Sachos á rúa”

6 Set

varias 109

O pasado sábado 30 de agosto, celebrouse no Campo de Arriba a feira labrega Sachos á rúa, organizada polos Foros Ecolóxicos do Barbanza. Velaquí algunhas imaxes.

Seguir lendo

Fotos do VI Torneo Internacional de Xadrez Concello De Rianxo

2 Set

IMG_0002

O pasado 30 de agosto, durante todo o día, celebrouse no pavillón polideportivo de Rianxo o VI Torneo Internacional de Xadrez Concello De Rianxo. Houbo 310 inscritos, 90 máis que o ano pasado, polo que o evento medra ano a ano. Ademais, nesta edición contouse coa presenza de cinco Grandes Mestres (GM).

Seguir lendo

Celébrase o VI Torneo Internacional de Xadrez “Concello de Rianxo”

28 Ago

Aínda que non fomos ao acto, dende o Club de Xadrez local mandáronnos a nota da presentación do evento, que terá lugar entre as 11 e as 19 horas do sábado, 30 de agosto. O pavillón municipal será o escenario dun acontecemento deportivo de primeiro nivel en Galicia, no que tomarán parte uns 300 inscritos (máis incluso que o ano pasado).

Seguir lendo

Fútbol Sala: Santiago Futsal vs FS Zamora

27 Ago

IMG_0043-2

Na noite do 26 de agosto celebrouse no pavillón polideportivo de Rianxo un partido amigable entre o Santiago Futsal (http://www.santiagofutsal.com/) contra o FS Zamora (http://www.fszamora.com/).

O evento, de primeiro nivel , achegou a Rianxo, a dous equipos de primeiro nivel do futbol sala galego e nacional, e ademais tivemos a oportunidade de ver ó Santiago Futsal por primeira vez nesta tempada 2014/2015.

O partido, entretido en todo momento estivo dominado no marcador polo Santiago futsal, pero a falta de cinco minutos do final do encontro, o FS Zamora foi quen de empatar o partido, remantando este cun resultado de 2-2.

IMG_0001 IMG_0004-2 IMG_0013-2 IMG_0014-2 IMG_0015-2 IMG_0016-2 IMG_0017-2 IMG_0026-2 IMG_0096-2 IMG_0116-2 IMG_0199-2 IMG_0160-2 IMG_0158-2 IMG_0139-2 IMG_0125-2 IMG_0241-2 IMG_0412-2 IMG_0503-2 IMG_0537-2 IMG_0259-2 IMG_0599-2 IMG_0610-2 IMG_0745-2 IMG_0810-2 IMG_0870-2 IMG_0873-2

Seguidamente do partido procedeuse ó lanzamento de penaltis (Tres por equipo), nos cales o Santiago Futsal foi quen de impoñerse ó FS Zamora.

IMG_0887-2 IMG_0890-2

Para rematar, repartíronse trofeos tanto para o equipo gañador coma para o finalista.

IMG_0922-2 IMG_0933-2

 

Concerto de clausura do X Ciclo de Bandas

26 Ago

IMG_0041

O pasado sábado 23 de agosto tivo lugar na praza da Virxe da Guadalupe a clausura do X Ciclo de Bandas,  a cargo do Trío Vahamonde, Lamas & Romero xunto coa Banda da Escola de Música de Rianxo.

Aquí vos deixamos unhas fotos que fomos facendo no transcorrer do concerto:

Seguir lendo

Entrevista con Carmen, A Pachina

25 Ago

Se dicimos Carmen Meda Ces, de seguro que pouco saben de quen falamos. Pero se a identificamos como Carmen A Pachina (6 de novembro de 1932) de seguro que todo o mundo a recoñece. O ano pasado foi unha das persoas que formaban parte da exposición de Ruando Rianxo. Hoxe, queremos facer pública a conversa que tivemos con ela, e que se nos perdera xunto cunha gravadora que agora atopamos. É unha persoa con carácter, que demostrou que a muller é o sexo forte sempre e cando lle deixan traballar e facer cousas. Ata andou ao estraperlo e foi a primeira fémina na zona en conducir en coche. Coñecémola un pouco máis. 

Seguir lendo

Barahunda en concerto

23 Ago

IMG_0321

O venres 22 de agosto tivemos o enorme pracer de escoitar en directo ó grupo Barahunda. Este dúo formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro, madrileños de nacemento e rianxeiros de adopción, estiveron desta vez acompañados á batería por Txema Mawenya.

Seguir lendo

Programa e cartel das festas da Guadalupe 2014

20 Ago

Xa está completiño o cartel das festas da Guadalupe 2014. Abaixo indicamos os grupos que veñen, pero na web da Comisión de Festas podedes descargar o programa completo.

  • Venres, 12 de setembro: Chupitaso con The Karavan
  • Sábado, 13 de setembro (Rock in Rian): Mosaico e Xacobeo
  • Domingo, 14 de setembro (procesión marítima): La Oca e Pontevedra. Na procesión estarán a banda de gaitas Buxaina e a de Forcarei
  • Luns, 15 de setembro (Juadalupeñas): Abanico e Gran Parada
  • Martes, 16 de setembro (día de Padrón): Palladium e Aché 
  • Mércores, 17 de setembro: Televisión do Nordés e Marbella
  • Xoves, 18 de setembro (feirón mariñeiro): Jerusalem e El Combo Dominicano
  • Venres, 19 de setembro (último día): Cinema, Ciclón e Charleston Big Band

Vese que despois do problema que houbo o ano pasado con Espectáculos Lito, polo cal non deixaban traer á Gran Parada porque había orquestras doutros promotores (o cal non foi unha excepción), este ano volveron contar coa empresa de Caldas de Reis.

O sábado 13 de setembro celebrarase tamén o Rock in Rian, organizado pola Comisión de Juadalupeñas. Estarán Medomedá, Forraje e Dios ke te crew e Ruxe Ruxe. Case nada:

E velaquí tedes o cartel do Rianxo on fire: