Onte tiveron lugar as eleccións ao Parlamento Europeo. Xa co 100% dos votos escrutados, podemos ver como foi a tendencia en Rianxo. A nivel estatal, os partidos maioritarios (PP e PSOE) tiveron unha porcentaxe de votos inferior ao 50%. No caso do noso Concello non pasou o mesmo, xa que entre estes dous partidos sumaron algo máis do 54% dos sufraxios.
Día das Letras Galegas 2014 en Taragoña
23 MaiO pasado 17 de maio, a xente da Asociación Antrospinos organizaba en Taragoña unha festa. Celebrábase a festa das nosas letras, o Día das Letras Galegas 2014. Ademais, pedían ir coa indunmentaria de 1906 para facelo máis enxebre.
Campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene
21 MaiDurante o mes de maio, a Concellaría de Servizos Sociais realizará unha campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene en colaboración cos centros educativos.
Necesítanse produtos como por exemplo deterxente, suavizante, lava pratos, lixivia, desodorizante, xel, champú, papel hixiénico, pañais, compresas, maquinillas de afeitar, pasta de dentes, xabón, e moitos máis….
Os produtos que se recollan repartiránse entre as familias do concello con menos recursos económicos.
Se queres doar algún produto de hixiene ou limpeza, pódelo deixar nos seguintes puntos de recollida:
– Escolas Unitarias do C.R.A. Rianxo
– Instituto Félix Muriel
– Escola Infantil
– Servizos Sociais
E se queres facer algunha doazón para as familias con menos recursos económicos, podes poñerte en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios, que está na estrada de Tanxil, nº 12. Tamén podes contactar con eles no teléfono 981 860 061 ou ben no correo servizos.sociais@concelloderianxo.es
O martes de entroido
13 MaiPoucos días despois do acontecemento, subimos raudos e veloces as fotos do martes de entroido que se celebrou o pasado 4 de marzo 😉
Peña Cicloturista Castro Barbudo, amigos da bicicleta e do monte
12 MaiEste sábado 17 de maio, terá lugar a XV Subida ao Castro Barbudo, que organiza a pena cicloturista que leva o mesmo nome que o coñecido monte de Taragoña. Aínda estades a tempo de apuntarvos e desfrutar dos montes rianxeiros. Como xa van alá 15 anos organizando esta proba, quixemos coñecer un pouco máis sobre eles e por iso lle mandamos un pequeno cuestionario ao seu presidente, Moncho. Fálanos do bo ambiente que se respira, da paixón pola bicicleta e do traballo ao longo de todo o ano para preparar non unha proba, senón tres.
Lembrando o 40 aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal
29 Abr
O pasado venres, un grupo de veciños de Rianxo quixo cantar o Grândola, Vila Morena, esa coñecida canción de José Afonso que en Portugal é todo un símbolo. Precisamente porque representa a revolución e a chegada da democracia a Portugal, grazas á Revolución dos Caraveis.
Presentación do disco Once Badaladas
27 AbrA Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, organiza o 4 de maio concerto-presentación do disco Once Badaladas da agrupación Alvariza. Será no Auditorio de Rianxo a partir das 19:00 h. Alí poderán mercarse as entradas (1€) e entrar no sorteo de 2 CDs de Alvariza.







