Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.
Entrevista a Roberto Figueira, escultor de madeira
16 AgoÁs veces, a liña que separa a un artista dun artesán é moi fina. Este podería ser o caso do rianxeiro Roberto Figueira Martínez (1982), quen non só trata de vivir do que esculpe na madeira, senón que tamén trata de plasmar nas súas creacións gravados tan complicados como os de Gustave Doré. É unha persoa desas que consideras tímida nas distancias curtas, pero con moito de retranca, como se pode ver tanto no seu blog como nas respostas que nos dá nesta entrevista.
Arte ou cousa de feitizos?
10 AgoHai tempo, paseando pola ribeira do río Te na zona de Asados e xusto á altura de Carballal, entrei nun dos múltiples muíños abandonados que hai en Rianxo. Alí atopei isto que podedes ver:
Non sei se o vedes como parte dun ritual ou ben como un proxecto artístico. A verdade é que a min me descolocou bastante. Todas as pedras, tanto a central como as do lado estaban perfectamente colocadas e pintadas de dourado. Está claro que pola zona non pasa moita xente, sobre todo se non é época de pesca, e alí puideron facer isto sen que ninguén vira nada.
Vós que credes que é?
Entrevista a Sabela Galbán
9 AgoComo cada venres, traémosvos unha nova entrevista a alguén que apecerá a finais de ano na exposición Ruanxo Rianxo, que presentaremos no auditorio. Desta vez, temos a oportunidade de coñecer a Sabela Galbán Rodríguez, que de seguro a tedes visto en máis dunha ocasión tocando coa banda de música, acompañando á charanga NASA ou ben animando cos Carapaus.
Por que non se sabe que o hórreo máis longo do mundo é o do Araño?
4 AgoComo na parroquia do Araño se están a celebrar as festas e o elemento máis emblemático da parroquia é o hórreo, hoxe quixen lanzar unha reflexión: por que en toda Galicia se segue a dicir que a graneira máis longa do mundo é a de Carnota? Por que o hórreo do Araño é un gran descoñecido fóra do noso Concello? Por que non lle sabemos sacar todo o potencial que ten?
A historia do gato que mira o mundo dende o alto dun hórreo
3 AgoNa aldea de Brión, en Leiro, hai un gato que leva décadas mirando a vida dende o alto dun hórreo. É un gato inmóvil, paciente e coa mirada fixa. Un gato de pedra. Os camiñantes que pasen polo lado, de seguro que se preguntan que fai un micho alí arriba nesa graneira, onde máis ben debería ir unha cruz ou outro tipo de adorno. Pois aquí temos a resposta.
Matraquillada do Festival Antrospinos 2013
30 XulVelaquí unha selección da matraquillada que todos os anos se celebra no marco do Festival Antrospinos 2013. Tedes máis no noso facebook.










