Archive by Author

A todas as Elvinas

7 Set

Hai imaxes e momentos que veñen de xeito recorrente á miña mente. Un deles é a man dereita da miña veciña Elvina agarrada a unha vella parra. É un mes de xullo e a sombra da viña non mingua a calor da tarde. Con 88 anos, encurvada, vestida de loito e apoiado o ombreiro esquerdo sobre o mango do sacho, deixa a mirada perdida.

Seguir lendo

Fotos antigas de Rianxo: Setefogas, rúa de Abaixo, do Medio e Igrexa

1 Set

Hoxe queremos compartir con vós estas marabillosas fotos antigas de Rianxo. Vímolas no Arquivo do Reino de Galicia. Alí contan que foron tomadas por Antonio Sánchez, alcumado “Tonecho” nos anos da década de 1960. É sorprendente como algunhas cousas case non cambiaron e outras parecen tan diferentes.

Seguir lendo

Canto debe o concello de Rianxo? Dato a finais de 2017

24 Ago

O Ministerio de Facenda acaba de publicar a débeda bruta e a débeta por habitante de cada concello. A última vez que a analizamos neste blog foi en 2014, cun dato relativo ao ano anterior. Daquela debíanse 3,27 millóns de euros. Baixou, subiu ou está a cousa igual?

Seguir lendo

Festas da Guadalupe de Rianxo 2018: cartel, actividades e grupos

22 Ago

cartel festas das Guadalupe de Rianxo

Quedan dúas semaniñas para que comecen as festas da Guadalupe de Rianxo. Se non o tiñas claro, a Guadalupe comeza o 7 de setembro e remata o 14 dese mesmo mes. Oito días de festa con grandes orquestras como Abanico, Gran Parada, o Combo Dominicano e os Satélites. Pero tamén grandes momentos como o Chupitaso, o Día das Juadalupeñas, o Feirón, a procesión marítima ou o Rock in Rian. Cada ano parece que o corpo non vai aguantar, pero realmente o que non aguanta o corpo é estar sen desfrutar das grandes festas de Rianxo.

Seguir lendo

A familia Vázquez Pombo (alias Follarín) na TVG

9 Ago

No programa Onde collen dous… da TVG puidemos ver unha familia rianxeira. Neste caso os Vázquez Pombo. Se eses apelidos non vos din nada, de seguro que si vos di algo o cantante da Abanico, coñecido como Follarín. Coñecemos como é o seu día xunto aos seus.

De cando Iñaki Gabilondo contou na radio a historia da Rianxeira

27 Xul

Un dos xornalistas máis coñecidos e respectados no noso país é Iñaki Gabilondo. Pois ben, cando estaba na Cadena SER, contou en directo a historia da Rianxeira. Como Ángel Romero, un dos fillos dos autores do segundo himno de Galicia, contactara coa radio porque tiña o disco que enviaran dende Arxentina coa peza. Pero como non tiña un aparello, nunca o puidera escoitar. Pero puido cumprir o seu soño.

Graciñas, Concha, por enviarnos a historia.

Maite Mosconi: “Cando alguén se achega co meu libro, non podo evitar emocionarme”

20 Xul

Maite Mosconi é unha das autoras rianxeiras que presentarán a súa obra na Feira do Libro de Rianxo. Nacida en Asados en 1985, comenta que lle produce moita ledicia presentar a súa obra na terra. Sempre tivo a ilusión de poder contar a súa historia, algo que conseguiu con Gaedheal. Trátase do primeiro libro dunha triloxía de aventuras para a que se documentou moito, e que non deixa de ser unha homenaxe á cultura galega. Coñecemos un pouco mellor a Maite.

Seguir lendo

Feira do Libro de Rianxo 2018: todo o que non podes perder

18 Xul

Esta semana temos un evento de primeiro nivel en Rianxo: a feira do libro. Ademais de múltiples actividades, teremos a presentación de libros de veciños rianxeiros. Porque ademais de Castelao, Dieste e Manuel Antonio seguir a ter escritores e primeiro nivel, non deixes de descubrir a estes autores nin de desfrutar dos eventos programados.

Seguir lendo

Amanda Seibiel: “La primera vez que vi mi libro en el nº 1, me dio un parraque”

17 Xul

Dentro duns días teremos a sorte de desfrutar dunha autora que colocou algún dos seus libros entre os máis vendidos de toda España. Se non che soa o seu nome, apúntao ben: Amanda Seibiel. Ademais de ser veciña de Rianxo, é unha escritora que no último ano publicou con grande éxito tres libros. Un deles está especialmente dedicado aos seus pais e cóntanos que podemos ver cousas de Rianxo. Leva máis de dúas décadas viviendo en Alacante, pero non pode evitar a morriña pola súa terra. Iso si, como ten o galego algo esquecido, nesta ocasión a entrevista é en castelán.

Seguir lendo

Festas de Taragoña 2018

17 Xul

A parroquia de Taragoña celebra as festas por todo o alto, con orquestras de primeiro nivel, como o Combo Dominicano, Gran Parada ou Os Satélites. Preparádevos para catro días de intensa festa do 19 ao 22 de xullo.

Seguir lendo