Archive by Author

A desaparecida capela de San Diego

9 Xul

Grazas ao Arquivo do Reino de Galicia puidemos saber que na igrexa de Santa Comba de Rianxo había unha capela que hoxe non existe. Era a capela de San Diego, da cal podemos ver o plano, datado de 1757.

Seguir lendo

Festas do Carme de Rianxo 2018

9 Xul

No verá non poden faltar as festas na nosa vila. E unha das máis agardadas é a da Virxe do Carme. Do venres 13 de xullo ao luns, día 16 de xullo, celebrarase en Rianxo esta festividade con moitas orquestras e actividades.

Seguir lendo

Canto leva chovido en Rianxo este ano?

2 Abr

De seguro que moitos respondedes rapidamente á pregunta. Que canto choveu? Pois un montón. Non parou de chover no que vai de ano e iso que a finais de 2017 estabamos con sequía. En todo caso, esta publicación intentará responder a cantos litros de auga choveu fisicamente en Rianxo nestes tres primeiros meses de 2018.

Seguir lendo

Programa da Semana Santa rianxeira 2018

26 Mar

De novo a devoción e a relixiosidade invadirán as rúas de Rianxo na Semana Santa de 2018. Coa ameaza da chuvia, o mércores, xoves e venres serán de novo os días máis intensos do programa organizado pola Irmandade da Paixón de Cristo.

Seguir lendo

A fachada comercial que foi trending topic en Asados

24 Mar

“Fomos trending topic en Asados”. Así é como resume Graciela, do salón de beleza e peitados Pelos a curiosidade e as conversas que xerou o cambio na súa fachada comercial. Ao seu carón atópase a mercería PuntHadas, un negocio que moita xente non coñecía. Levaban tempo dándolles voltas á idea de facer unha reforma, pensando precisamente en captar a atención e deixar claro que ofrecían. O resultado chegou da man do Studio Moai e non deixou indiferente a ninguén.

As imaxes que compartimos foron sacadas por A Fiestra Fotografía.

Seguir lendo

David Broncano: “Mis padres vivían en Rianxo, así que nací ahí. Es muy bonito”

16 Mar

Imaxe de El Periódico

Seguro que o coñeces porque é un dos humoristas máis destacados do momento. O que de seguro non sabías é que David Broncano, a pesar de que ten acento de Xaén, naceu en Rianxo. Con só 32 anos conduce un programa de radio na SER e ten un late night en Movistar #0. Hai pouco en El Periódico definíano como un “genio” do humor, sabendo rirse de calquera cousa “sin necesidad de recurrir a la burla o a la humillación”.

Seguir lendo

A emotiva presentación do último libro de Esther Carrodeguas en Rianxo

2 Mar

Hai varios días que a nosa veciña Esther Carrodeguas presentou o seu último libro, “Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior”. A verdade é que foi un acto íntimo, pero moi emotivo. Os que estivemos alí vivimos un momento máxico cando Esther dediciu lernos varias páxinas da súa obra.
Seguir lendo

Desfile de carrozas en Rianxo 2018

18 Feb

Despois de moitos anos sen celebrar desfile de carrozas en Rianxo, neste antroido retomouse esta competición.

Seguir lendo

Fotos das carrozas de entroido de Taragoña 2018

17 Feb

Despois dunha semana chuviosa, chegou a fin de semana cun sol radiante. Xusto a tempo para desfrutar das carrozas de Taragoña.

Seguir lendo

O First Dates á Jaleja, celébrase no Araño

15 Feb

novaera1

Esta é sen dúbida a semana do amor. Acabamos de celebrar San Valentín, o día por excelencia dos namorados. E se en Cuatro tiveron un especial First Dates para conmemorar esta data, en Rianxo teremos o “First Dates á Jaleja”. En concreto o sábado 17 de febreiro pola noite.

Seguir lendo