Archive by Author

Imaxes de entroido do colexio Castelao de Rianxo

9 Feb

Os cativos do colexio Castelao desfilaron este venres previo ao carnaval para presumir de disfraces e de imaxinación. Dende logo que non faltou. O tema estaba centrado en cousas moi rianxeiras: nos nosos escritores, no mar e nos seus produtos e tamén na festa (si, pensades ben).

Seguir lendo

Fotos do entroido no cole de Asados 2018

9 Feb

Xa esta aquí Don Carnal. Ou para que todos nos entendamos, xa chegou o entroido. Unha data para festexar e saír á rúa disfrazados.

Seguir lendo

Toda a axenda de actividades no entroido 2018 en Rianxo, Taragoña e O Araño

7 Feb

O entroido comeza en Rianxo o día 9 de febreiro cunha festa organizada pola Comisión de Juadalupeñas na praza de Castelao. Pero hai moito máis.

Seguir lendo

Fotos, vídeos e crónica da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo

5 Feb

Un ano máis, as pistas da nosa localidade enchéronse de deportistas con ganas de pasalo ben. Eran os participantes da VI BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada polo clube Castro Barbudo, coa colaboración do Concello. Estaban apuntados nin máis nin menos que 864 participantes (206 na andaina e 658 na proba de bicicleta de montaña).

Seguir lendo

600 inscritos xa para a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo

20 Xan

Un ano máis en febreiro terá lugar a VI Marcha BTT e Andaina Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo de primeiro nivel na localidade, xa que cada ano acoden centos de persoas de toda a xeografía. No 2017 houbo unha inscrición de 700 participantes e este ano xa a subiron a 1.000.

Seguir lendo

Cabalgata de Reis en Rianxo 2018

6 Xan

Ao final a chuvia non foi a esperada e a cabalgata de Reis polas rúas de Rianxo puido celebrarse tranquilamente.

Seguir lendo

Os mozos de Rianxo escollen a vila para pasar o fin de ano

1 Xan

É sorprendente como as cousas poden cambiar grazas ao traballo e á constancia da xente. Hai uns anos era impensable celebrar o fin de ano en Rianxo e agora, semella inimaxinable non facelo. Todo polo estupendo labor que fan as Juadalupeñas.

Seguir lendo

The Navigator Company, a Ence portuguesa, terá a súa base en Rianxo

28 Dec

Acabamos de ter noticia de que a empresa The Navigator Company escolleu Rianxo como a súa sede en Galicia. A compañía papeleira portuguesa, que contaba en 2012 cunha facturación anual superior aos 1.500 millóns de euros, mercou hai pouco unha grande extensión das parcelas dispoñibles no polígono de Te. De feito, como puidemos comprobar, os operarios xa levan días traballando na base das novas instalacións.

Seguir lendo

Por que desapareceu o Castelo da Lúa?

22 Nov

Castelo da Lúa de Rianxo

Onde hoxe vemos as ruínas do que podería ser un fermoso edificio, no seu día só había maldade e terror. Polo menos para centos de labregos, comerciantes e burgueses.
A Idade Media é o final do Castelo da Lúa e de moitos outras fortalezas en Galicia. Son o símbolo do poder e da maldade da alta nobreza galega. Por iso, cando o pobo se levanta na Revolta Irmandiña (1467-1469), o de Rianxo será un dos castelos que se derruben. Caerán entre 50 e 150 máis segundo os historiadores.

A nobreza manda

Vívese unha época moi convulsa, onde a nobreza planta ao poder real e eclesiástico. Para marcar territorio e demostrar a súa forza, aparecen novas fortalezas por toda Galicia. Unha delas é a de Rianxo (que mesmo tivo unha orde de derribo do rei, por non contar coa licenza do arcebispo).

Na Revolta Irmandiña o señor de Rianxo é Sueiro Gomes de Soutomaior, que tamén conta cunha fortaleza en Lantaño (Meis) e outra na Insua de Vea (A Estrada). O castelo non era a súa residencia habitual, senón unha edificación que albergaba soldados. A misión dos castelos é controlar e explotar economicamente unha zona.

23511074_1942853655731579_3764540055974640782_o

Niño de malfeitores

Pero os castelos en boa parte de Galicia tamén se converten nun niño de malfeitores. Así o indica Carlos Barros, profesor de Historia Medieval da USC.

Tal era a impunidade da nobreza naquela época, que en lugar de defender os seus vasalos (a cambio de cartos, claro está), dan amparo a bandas que realizan secuestros, torturan, violan mulleres ou rouban os mercadores que ían polos camiños. Ou ben explotan cada vez máis aos vasalos.

Os gorrións perseguen os falcóns

Ante esta situación de indefensión, por toda Galicia se erguen as Santas Irmandades. Son organizacións que gozan de recoñecemento legal e contan coa aprobación real, formadas por xente de distintas clases. O seu cometido é garantir a orde fronte á inseguridade.
Escoitan a todos para frear os abusos. Como exemplo, está documentado que os pescadores de Vilanova de Arousa, diante dos alcaldes irmandiños, denuncian os agravios tanto do arcebispo de Santiago como de Sueiro Gomes de Soutomaior.

Ao final prodúcese un levantamento. Máis de 10.000 homes derrocan o castelo da Rocha Forte de Santiago (centro relixioso e político de Galicia). E se era posible despoxar gañar ao arcebispo, nada impedía facer o propio con outros señores.

Vitoria e derrota

Os irmandiños de Pontevedra e o Salnés botan abaixo, entre outras, as fortalezas de Lantaño e de Rianxo. Gomes de Soutomaior ten que escapar e esconderse. Incluso hai fonte documentais que din era alimentado por campesiños.

Como explica o historiador Carlos Galbán, destruír unha fortaleza non significa arrasala por completo, senón que moitas veces os irmandiños a volven inútil, derruíndo varias das súas partes. Era unha práctica máis rápida e efectiva, e seguramente foi o que pasou co castelo levantado no actual lugar do Pazo.

Con todo, os falcóns volveranse facer co poder un par de anos despois. Derrotado o movemento irmandiño, levantaranse de novo varias fortalezas arrasadas. Dese xeito, Sueiro Gomes trata de reconstruír o Castelo da Lúa (chamado así en teoría porque a súa segunda muller, filla do arcebispo de Toledo, era Juana de Luna).

Represión

Aínda que puidera semellar o contrario, a represión dos señores contra os vasalos non foi dura. Entre outras cousas porque os necesitaban vivos para traballar.

Así e todo, Rianxo foi unha desas excepcións. En 1480 os Reis Católicos reciben unha carta falando das crueldades feitas aquí por Luís de Acevedo (irmán do arcebispo Alonso de Fonseca, que tiña xurisdición ata Pontevedra).

Nesa misiva falábase de que Luís de Acevedo roubaba na vila, botaba abaixo e queimaba casas, torturaba e castraba homes, afogábaos no río coas mans atadas atrás e mesmo nalgún caso lles apertaba “as cabezas ata que lles facía saltar os sisos polos narices”.

Nova destrución

Ese mesmo ano (1480), Fernando Acuña, capitán e gobernador dos Reis Católicos, ordena que o Castelo da Lúa sexa destruído. Os reis buscan poñer couto ao poder da nobreza arrasando cos castelos que non son necesarios para a defensa do reino, que non son cabeza da xurisdición ou porque viven de roubos e abusos.

O de Rianxo queda nun estado lamentable a partir de aquí, como recollían no seu día Santos e Comoxo nun artigo en La Voz de Galicia. Sen portas e con parte da estrutura que daba ao río caída, abandónase e acentúase o proceso de desaparición. Co tempo, as súas pedras formarán parte do campanario da igrexa de Santa Columba e os veciños tamén empregarán os seus restos para construír muros e vivendas.

Vista aérea do Castelo da Lúa

16 Nov

No Castelo da Lúa estase a realizar unha intervención, coa que se pretende poñer en valor o novo patrimonio arqueolóxico. Dende o Concello de Rianxo pasáronnos estas fotos nas que podemos apreciar a lingua de terra na que se situaba este castelo, nun enclave privilexiado da ría de Arousa.

Seguir lendo