Archive by Author

XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía

11 Ago

AleivosíaO vindeiro día 16 de agosto celebrarase o XII Festival de baile e música tradicional Aleivosía. Será a partir das 21:30h na praza de Rafael Dieste (Rianxo). Participarán as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía, cun total de 7 agrupacións formadas por nenos e maiores de entre 3 a 50 anos de idade, que ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…

O festival está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo e colabora o Concello.

Cartel das festas de Asados 2014

7 Ago

Deixamos hoxe o cartel das festas de verán de Asados. Son esta vindeira fin de semana, do 8 ó 10 de agosto e estarán adicadas o venres a San Roque, o sábado ó Carme e o Domingo a Santa Ana.

Entre os grupos musicais teremos ao grupo De la Cruz Show (vellos coñecidos da romaría de San Pedro de Vilas), a orquestra Acordes Son de Swin e a disco móbil Troula. O venres e o sábado tamén haberá grupos de gaitas e o grupo Vai de Roda. O domingo pola tarde haberá unha festa da escuma e hinchables para @s máis cativ@s.

IMG-20140806-WA0000

 

 

Xuntanza de Asados 2014

6 Ago

Wilson
Calquera tempo pasado foi mellor! Así nos comeza explicando Merchi Pimentel de que se trata a “Xuntanza de Asados”, que este ano celebrou a terceira edición. A idea, certamente é moi boa, xa que “xurdiu dun encontro de amigos e amigas da infancia de entre os cales algúns, por distintos motivos, viven fora da “tribu” (Asados)”. Así que agora, unha vez ao ano, intentan quedar e lembrar vellos tempos.

Seguir lendo

Noites de Jazz 2014 (II)

4 Ago

Wilson-10

Imos hoxe coas fotos dos dous últimos días das Noites de Jazz 2014.

Seguir lendo

Noites de Jazz 2014 (I)

1 Ago

IMG_0190

 

Xa van alá dous días das Noites de Jazz 2014 no Concello e estamos en pleno ecuador de concertos, xa que aína quedan outras dúas xornadas máis. E asegurámovos que estas noites de calor nas que apetece saír e dar unha volta, a praza de Rafael Dieste é un sitio idóneo para pasar un bo rato. E se por enriba podemos escoitar música da talla do que estamos a ver, que mellor!

Seguir lendo

Cartel das festas do Araño 2014

31 Xul

Esta fin de semana, os días 1, 2 e 3 de agosto celébranse as festas do Araño. O venres será a festividade do Carme, o sábado o Santísimo Sacramento e, para rematar, o domingo celebrarase a festa da Virxe dos Milagros coa misa grande ás 13.00 horas. Ese día, pola tarde, haberá xogos para nenos e unha divertida festa da escuma.

Actuarán as orquestras Brujas, D’Noche, Abanico, Terranova, Alcázar e o trío Unión y Fuerz. Aquí vos deixamos o cartel para quen queira desfrutar:

2014-07-30 21.07.12

Quedada para ganchillar

30 Xul

IMG_0001O pasado 25 de xullo, tivo lugar a I Quedada para ganchillar. A idea, de Pepa Martinez Vicente, consistía, desta vez en confeccionar un chal para a estatua da rianxeira, que está na praza de Padrón, coméntanos Pepa que esta será a primeira de outras quedadas, pois xa andan a bulirlle pola cabeza outros proxectos creativos…

Á iniciativa sumouse tamén o colectivo Entreagullas, a ONG Implicadas no Desenvolvemento,  e a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).

Seguir lendo

Feira do Libro de Rianxo (presentacións libros I)

28 Xul

Dourado

Xa rematou a  Feira do Libro de Rianxo deste 2014, e imos coa subida de fotos dos actos que fomos cubrindo.

Seguir lendo

Feira do Libro de Rianxo (inauguración)

27 Xul

IMG_0047

O xoves 24 inaugurouse a  feira do libro de Rianxo, acontecemento que acae no noso pobo por segundo ano consecutivo, a feira poderá visitarse ata hoxe domingo, 27 de xullo.

Seguir lendo

Roteiros Teatralizados

26 Xul

IMG_0160

Durante a Feira do Libro de Rianxo, estanse a celebrar uns roteiros teatralizados polas rúas de Rianxo. Aínda queda unha función máis, hoxe sábado ás 11:00 da noite, na rúa de Abaixo. Estas funcións están realizadas polos Quinquilláns, teatro de rúa, saíndo da praza de Castelao e percorrendo as casas de Manoel Antonio, Castelao, Dieste e rematando na biblioteca.

Aquí vos deixamos unhas fotos da función do xoves pola noite para, se non o fixeches, te animes a vir desfrutar do teatro na rúa:

Seguir lendo