
Deixámovos unhas cantas instantaneas do que deu de si o martes de entroido rianxeiro, con exhibición de Capoeira, obradoiro de caroutas, bingo…
























Deixámovos unhas cantas instantaneas do que deu de si o martes de entroido rianxeiro, con exhibición de Capoeira, obradoiro de caroutas, bingo…
























A nosa veciña Helena Villar Janeiro, ademais de ser unha grande escritora, demostra ser unha estupenda mestra que se sabe adaptar a calquera medio. Tanto é así que a rede se converte para ela nunha estupenda aula virtual na que poder difundir e promover a nosa lingua. Ademais de aos seus máis de 5.000 amigos no Facebook, grazas ao seu caderno dixital, non só nos dá o seu punto de vista sobre a actualidade, senón que desenvolve un curso de galego coa metodoloxía que se emprega para ensinar calquera lingua. Falamos con ela sobre o tema. Seguir lendo

Na mañá de onte, diante da casa museo de Manuel Antonio, tivo lugar unha pequena performance para recalcar a enorme importancia dos oficios que non se ven e que normalmente son desempeñados polas mulleres. Tratouse dunha iniciativa para visibilizar todo o que as mulleres fan e traballan, tarefas moitas veces non valoradas. Hai que lembrar que a semana pasada tivo lugar o Día da Muller Traballadora, unha data que sempre saca á luz datos escalofriantes sobre a discriminación que sofren no día a día en materia laboral.

Hoxe e mañá celebraranse en Rianxo duas xornadas de lembranza a Rosalía de Castro no 179 aniversario do seu nacemento.

Onte pola noite tivemos a oportunidade de disfrutar da obra Escenas de Familia, da man da directora Esther F. Carro deguas e cunha idea orixinal da Concellería de Benestar Social Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo Rianxo coa colaboración de La Caixa.
Francisco Alcalde (1973), coñece ben o mar. Antes de ocupar a presidencia no Consello Regulador do Mexillón de Galicia foi produtor. Natural de Taragoña, coñece a importancia que ten o sector para a economía local e costeira de Galicia. Por iso é unha das voces críticas da Lei de Acuicultura, contra a que toda a xente do mar se uníu como unha piña en Fuenteovejuna.
O pasado xoves o Concello de Rianxo organizou xunto co Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela un taller de participación libre sobre a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Imaxe extraída da plataforma na que se traballou durante o taller: http://somospaisaxe.org/
O taller foi impartido por Francisco García do Laboratorio do Territorio da USC e Inés Santé, Directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Os participantes ateigaron a sala destinada a tal evento no auditorio, cun total de 14 asistentes onde se recollían varios arquitectos, algún fotografo, políticos… compoñendo unha variedade de persoas preocupadas polo entorno e o coidado do medio.
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra ao profesor Francisco García explicando o manexo da plataforma na que se pode visualizar os puntos de interese paisaxística do noso país.

Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto.
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra o final da xornada, onde aínda había asistentes que alongaban os exercicios unha vez concluídas as horas de taller.
Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.
Os talleres celebrados coma o xoves pasado en Rianxo funcionan como base de datos de puntos de interese xeográfico repartidos polo territorio en base a coñecementos e intereses cidadáns. No taller rianxeiro quedou constancia de varios puntos de interese salientados polos participantes, zonas de gran valor paisaxístico e tamén de puntos negros ou degradados. Toda a información compartida poderá ser recollida e tida en conta en futuras normas sobre a paisaxe a nivel territorial.
Na web de Gafas e Pallaso defíneno como o que “manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle”. Duarte Galbán (1992), este rianxeiro do lugar da Carballeira é o produtor da webserie galega de humor máis transgresora e sen filtros. Duarte defínea directamente como “cutre”, aínda que non por iso deixa de estar moi currada e romper esquemas polos xiros dos seus guións e por todos os cameos cos que conta. Mañá, os seus dous actores principais estarán dándolle a benvida á Guadalupe no chupitaso. Pero antes, queremos que coñezades que é iso de Gafas e Pallaso da man dun dos seus cerebros, un estudante de Comunicación Audiovisual que se encarga de todos os aspectos organizativos, de buscar as colaboracións e de ofrecer tamén ideas tolas ao seus argumentos imposibles.
É unha das persoas con máis anos do Concello de Rianxo. Igual ata é a que máis, pero iso non o sabemos ao 100%. O que si, para os anos que ten, está estupenda. De feito, non fago máis que repetirlle que coñezo xente de setenta e pico anos que está peor ca ela. Ela, Evangelina Frieiro Varela, rise e dime que foi unha lástima que non a collese cunha roupa mellor, para disimularlle as engurras da gorxa. Vamos, que xa que lle saco as fotos, que saia o mellor posible.
Once da mañá do domingo despois da romaría de San Pedro. Aproxímome ó Toffe, onde quedei con Óscar para comezar a mañá. Vese que está algo impaciente, pois xa ten o zume de pexego a medias e normalmente é el quen chega tarde (eu son máis puntual….).
Pido un café con leite con xeo para coller forzas e logo de falar un par de cousiñas para ir tranquilizando ó xefe. Decidimos facer a entrevista na contorna do muíño da Laxe, en plena ruta do río Té.