Deixámovos hoxe unhas cantas fotos que fixemos o martes de entroido na praza de Castelao en Rianxo. Como vedes, volveu ateigarse de cativ@s con ansias enormes de pasalo ben. A carpa instalada no campo estaba chea de inchables, Wii, Ps4, e zona de pintado de caras.
Preguntas e respostas sobre o PXOM de Rianxo
17 FebUn Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) sempre é un documento polémico. En todos os concellos. Así que quixemos informarnos un pouquiño máis sobre o tema e tamén explicar distintas cuestións que, como cidadáns e veciños de Rianxo, nos afectan.
Fotos do antroido 2015 no Araño
15 Feb
O pasado sábado pola tarde celebrouse o entroido no Centro Sociocultural do Araño. Non faltaba de nada, sobre todo filloas. De feito dende primeira hora estivo a facer filloa tras filloa para que non faltasen entre os asistentes. Por certo, que tedes moitas máis fotos no álbum de Rabunho Rexeita. Seguir lendo
Primeiro día do entroido 2015 en Rianxo
14 FebAntes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.
Programación do Entroido 2015 en Rianxo
12 FebXa está lista a programación do Entroido 2015 no Concello que este ano vén cargadiño de actividades moi variadas. Moitas delas realizaránse na carpa instalada na praza de Castelao. De todos os xeitos, se a chuvia nos abanadona, algunha poderase realizar na praza. E senón, pois estaremos abrigados. Incluso haberá calefación no caso de que vaia frío!
Vídeo-montaxe do valse “Rianxo”
11 FebVelaquí un vídeo coa canción “Rianxo, capricho para piano”, de L. Fernández. A adaptación para frauta e guitarra foi de J. Luís do Pico Orjais. A gravación correu a cargo de Pepe Romero (frauta) e J. Luís do Pico (guitarra). Pertence ao depósito de J. Ramón Nine Piñeiro, tío avó de José Nine Ces (depositante).
E as fotos son dos rapaces de Vai de Roda bailando por distintos puntos de Rianxo e da xente que se animou a bailar na praza de Rafael Dieste.
Valse “Rianxo”
9 FebA fin de semana pasada vímonos inmersos no enorme pracer de poder contribuír fotograficamente ó desenvolvemento da promoción do valse “Rianxo, capricho para piano” que se levou a cabo por varias partes do Concello.
O cabo de Trececruces
8 Feb> Documento da Xunta sobre as Tres Cruces
Por certo, que na punta de todo os cruceiros que aparecen son os da foto inferior.

Celtas sen filtro, de Airiños e convocatoria para bailar valse
7 FebSábado de teatro no Auditorio de Rianxo. Ás 20.30 horas o grupo Airiños representará a obra Celtas sen Filtro. O prezo da entrada é de 2€.

Por outra banda, o domingo 8 de febreiro, ás 17.00 horas na praza de Rafael Dieste, hai unha convocatoria aberta para bailar o valse. Dende a organización piden como único requisito querer “pasalo ben”.
Na nota enviada dende o Concello sinalan que se trata “dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no que se pretende que participe o maior número posible de persoas de todas as idades. É por isto que se pide a colaboración de quen queira participar bailando”.








