Podes marcar o partido ao que tes intención votar, xa que se trata de algo totalmente anónimo.
O resultado, loxicamente, dependerá dos que cheguen a esta enquisa, polo que o resultado non ten ningunha base científica.
Compartimos o cuestionario que lle realizamos a María Xosefa Comojo Sobradelo, candidata á alcaldía de Rianxo por Compromiso por Galicia.
Compartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Mari Carmen Figueira, que se presenta a través do Partido Socialista (PSOE) á alcaldía de Rianxo.
Compartimos hoxe o cuestionario que lle fixemos a Sara Resúa, candidata nas eleccións municipais de Rianxo á alcaldía a través do partido Ciudadanos.
Os seis candidatos á alcaldía de Rianxo participaron no día de hoxe nun debate organizado polo movemento veciñal Fousas ao Monte. No marco da I Romaría das Fousas, celebrada en Filgueiras (Taragoña), os aspirantes a facerse co mando do Concello expuseron as súas propostas en materia de medioambiete e de política forestal.
Compartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Adolfo Muíños, que se presenta como cabeza de lista do BNG á alcaldía de Rianxo.
Compartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Julián Bustelo, que se presenta a través do partido Rianxo en Común á alcaldía de Rianxo.
Acaba de celebrarse na televisión Canal Rías Baixas un debate entre catro dos seis candidatos nas eleccións municipais de Rianxo. Segundo puidemos saber, a norma do debate era que participasen os partidos con representación na actualidade no Concello, por iso non estaban os candidatos de Ciudadanos e de Compromiso por Galicia.
Sen máis, compartimos o vídeo no que participan Adolfo Muíños (BNG), Germán Allut (PP), Mari Carmen Figueira (PSOE) e Julián Bustelo (Compromiso por Galicia).

Van alá 5 anos dende que botaron abaixo o antigo “edificio da farmacia” e queremos lembrar convosco como foi a súa demolición.




