Tag Archives: Rianxo

Vídeo-montaxe do valse “Rianxo”

11 Feb

Velaquí un vídeo coa canción “Rianxo, capricho para piano”, de L. Fernández. A adaptación para frauta e guitarra foi de J. Luís do Pico Orjais. A gravación correu a cargo de Pepe Romero (frauta) e J. Luís do Pico (guitarra). Pertence ao depósito de J. Ramón Nine Piñeiro, tío avó de José Nine Ces (depositante).

E as fotos son dos rapaces de Vai de Roda bailando por distintos puntos de Rianxo e da xente que se animou a bailar na praza de Rafael Dieste.

Foto antiga do paseo da ribeira coa igrexa ao fondo

6 Feb

Rianxo

Agradecémoslle a Manuel Franco que nos deixara as fotografías. Son da familia de Moncho Bravo.

A antiga “molinera” de Rianxo

3 Feb

Hoxe queremos compartir con vós unha foto desa historia non tan antiga, xa que moitos dos nosos pais e avós de seguro que se lembran. É o tempo no que case todo o mundo tiña leiras e cultivaba millo para darllo aos animais.

molinera

E moitos rianxeiros, o que facían era acudir ata a chamada “molinera”, que tedes na imaxe. Pertencía á familia Pérez, polo que nos contou algún veciño. Polo visto, orixinalmente estaba situada preto do Castillo, onde a rexentaba o señor José e a súa muller Urbana (da familia Pérez).

Máis adiante levouse para Rinlo, onde seguiron os fillos, Lucho e Ramón. Estivo activa ata que comezaron a construír pola zona, pero ata a década dos 80 aínda funcionou.

As mozas adoitaban ir con sacos co millo en gran e alí moíano para despois darllo ás galiñas ou aos porcos da casa en forma de fariña. E para que vexades como eran as cousas, o muiñeiro non cobraba en pesetas, senón en especies. Quedábase coa chamada maquía. É dicir, unha parte da fariña que se quedaba o muiñeiro do traballo.

Esta palabra deu lugar a varias frases ao longo da nosa xeografía. Recollemos algunha presente no Corpus lexicográfico da lingua galega:

  • “Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro”.
  • “O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro”.
  • “O muiñeiro que oi e ve non pode ser paroleiro”.

Rematamos o post agradecéndolle a Manuel Franco que nos cedera a imaxe para a súa difusión.

De cando sor Lucía, a do milagre de Fátima, veraneou en Rianxo, se lle apareceu Deus e foi a un discurso de Castelao

8 Xan

Antes de nada, teño que comentar que este post é todo mérito de Rabunho Rexeita. Para quen non o coñeza, é unha das referencias do noso Concello en canto a historia, curiosades e información. E máis en concreto na parroquia do Araño. O caso é que un día estando con Tito, de Rabunho Rexeita, e con Juan Carlos Collazo, experto no noso patrimonio arqueolóxico, faláronme desta historia, que por outra banda xa publicara Tito.

Seguir lendo

Imaxes do último e espectacular solpor de Rianxo no 2014

2 Xan

Poucas cousas hai máis fermosas que unha posta de sol. Se esta ten lugar o último día do ano e nos deixa estampas tan fermosas como as que puidemos ver dende Rianxo, pois que menos que recollelas coa nosa cámara e tratar de gardalas na memoria para desfrutar destes intres.

solpor_Rianxo

solpor_Rianxo (2)

solpor_Rianxo (3)

solpor_Rianxo (4)

solpor_Rianxo (5)

solpor_Rianxo (6)

Todo listo para a cabalgata de Reis en Rianxo

2 Xan

cabalgata

 

O día 5 de xaneiro, as súas Maxestades os Reis Magos pasarán por Rianxo para estaren cos nenos da nosa localidade antes de comezar co reparto dos regalos.

Seguir lendo

O xeito en Bruxelas

1 Xan

Velaquí este vídeo que acabamos de atopar sobre como se presentou en Bruxelas, na Comisión Europea, o problema do xeito, unha arte de pesca tradicional que se confunde coa pesa masiva e destrutora doutro tipo de artes.

Por certo, que no facebook se creou a páxina “Salvemos o xeito” onde se poden seguir as últimas noticias relacionadas co tema.

Como foi a festa de fin de ano 2014 en Rianxo

1 Xan

1

 

Outro ano máis, puidemos desfrutar dos primeiros momentos do novo ano en Rianxo grazas a un traballo estupendo da Comisión de Juadalupeñas. Por ese motivo, moita da xente que saía ata Boiro an fin de ano agora queda aquí e dinamízase un pouco todo o que ten que ver coa hostalería.

Seguir lendo

As casas das cunchas rianxeiras

16 Nov

casa

Todos coñecemos de seguro a capela da Illa da Toxa. A súa gran peculiaridade é que está cuberta de cunhas de vieira. Aínda que no noso concello esa solución non é habitual, si que temos algúns exemplos parecidos.

Seguir lendo

A que lle chaman “rianxo” en Ourense?

16 Nov

Faro de Vigo. Foto de Jesús Regal

Para nós Rianxo é o noso concello. A terra de grandes escritores, de bos músicos, de mellor xente, de grandes produtos do mar e da terra… Pero en Ourense, a palabra “rianxo” ten o seu propio significado.

Seguir lendo