Crónica e fotos do arquitecto Carlos Bastos. A pasada fin de semana vivimos en Rianxo o 2º Foro de Rehabilitación. Despois do inicio no ano pasado a través do 1º Foro, o cal estaba máis dirixido a estudantes de arquitectura e a un campo de traballo sobre o tema, este ano de forma decidida centrouse no desenvolvemento arquitectónico a través da rehabilitación, dende puntos de vista técnicos, construtivos, políticos e sociais.
As empresas de Rianxo que máis facturaron no 2013
10 Abr
Imaxe de paxinasgalegas.es
Grazas á base de datos da Zona Franca de Vigo chamada Ardán, podemos saber cales son as empresas galegas que máis facturan, xa que se teñen os conta os datos depositados no Rexistro Mercantil. Quixemos ver cales eran precisamente as empresas de Rianxo que máis facturan. Sabemos que en Boiro, Ribeira ou na Pobra hai empresas que tiran moito da economía, polo que a nosa idea era ver se tamén hai negocios que moven a economía local.
Vertedura xunto á depuradora
29 MarEsta tarde, un veciño e seguidor do blog pasounos unhas imaxes dunha vertedura xunto á depuradora de Rianxo. As imaxes, segundo a persoa que nos informou deste suceso, corresponden ás 18.30 horas.
Dende aquí puxémonos en contacto co Concello e explicounos que se trata dun “verquido do que se informa á empresa e se agarda porque a Xunta faga as actuacións previstas que eliminarán en boa medida estas situacións”.
Actualización: dende o Concello acaban de informarnos que a policía local estivo pendente da vertedura e que esta xa cesou.
Agardamos, pois, que imaxes deste tipo non se repitan, porque sabemos que do mar depende o futuro de boa parte dos nosos veciños. Ademais, moi preto, hai unha praia na que todos os veráns se bañan centos de persoas. 
Fotos antigas da Capela da Guadalupe
15 MarVelaquí un par de fotos antigas que nos cedeu Manuel Franco e que son de Luis Noya. Nelas podesmo ver a capela sen ningún tipo de balaustrada, só coas escaleiras para subir. Tamén podemos ver a entrada a Rianxo dende Rinlo, coa estrad sen asfaltar e sen beirarrúas. E incluso observamos que está o cartel da antiga farmacia.
II Torneo de Poesía Recitada Erótica, ferve a lingua
10 MarO vindeiro sábado 14 de marzo, vaise presentar no Bar A Lareira do Pazo o II Torneo de Poesía Recitada Erótica, ferve a lingua. Ademais, este ano vén nin máis nin menos que cun premio de 1.000 euros para a/o gañador/a do torneo. Aí é nada.
Preguntas e respostas sobre o PXOM de Rianxo
17 FebUn Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) sempre é un documento polémico. En todos os concellos. Así que quixemos informarnos un pouquiño máis sobre o tema e tamén explicar distintas cuestións que, como cidadáns e veciños de Rianxo, nos afectan.
Primeiro día do entroido 2015 en Rianxo
14 FebAntes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.









