Tag Archives: Rianxo

Rianxo, no programa “España, entre el cielo y la tierra”

1 Nov

rianxo

Nun dos programas de TVE, “España, entre el cielo y la tierra”, podemos ver un minutiño a Rianxo dende o ceo. O programa era sobre Galicia, pero no minuto 44:30 pasan por Rianxo.

O programa emitiuse por primeira vez o 17 de xullo de 2005, polo que podemos apreciar algún que outro cambio. O máis chamativo, sen dúbida, é o do porto, totalmente cambiado. Hoxe en día a distribución é moi diferente e non estaba tampouco o peirao da T.

Pleno para a aprobación inicial do PXOM de Rianxo

31 Out

Panorama_sin_título1Onte, 30 de outubro,  ás 20:00 horas, deu comezo no Concello a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Nun abarrotado salón de plenos, a corporación municipal deu a coñecer a grandes rasgos o plan que se remitíu á Xunta de Galicia e que agora, xa devolto ao Concello, se procedeu a votar.

Seguir lendo

Rianxo perde nunha década un 10% de persoas que sempre falaban galego

14 Out

galego

 

O noso segue a ser un concello de galegofalantes. Non obstante, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), nunha década Rianxo perdeu máis dun 10% de habitantes que usan o galego como primeira lingua.

Así, mentres no 2001 había un 96,77% de rianxeiros que dicían falar “sempre en galego”, fronte ao 2,18% que o facían “ás veces” e ao 1,04% que non o facían “nunca”, a cousa mudou. No ano 2011 (non sabemos que é o que pasa a día de hoxe) os que se comunican en galego sempre pasaron ser o 85,73%, fronte ao 14,27 que din falalo “non sempre”. O que non me queda claro é porque non se manteñen as opcións de “ás veces” ou “nunca”.

Se falamos dos municipios que están próximos a nós, onde máis baixou a porcentaxe de galegofalantes foi en Boiro. Aí baixaron un 20,89% (do 88,36 ao 67,47%).

En Lousame baixou un 12,89% (do 97,80 ao  84,91%). En Dodro a porcentaxe baixou en 10,73 puntos (do 97,30 ao 86,57%). Pola súa banda, en Padrón é onde menos se fala galego entre maiores de 5 anos. A porcentaxe entre 2001 e 2011 baixou nun 11,37% (do 70,58 ao 59,21%).

Da outra banda da ría, en Catoira a coua baixou en 14,67 puntos (do 84,36 ao 69,69%). Pero onde case non hai galegofalantes a tempo completo é en Vilagarcía, xa que no 2011 declaraban que só o falaban o 24,05% , fronte ao 36,8% da décad anterior.

Sinalización para localizar o patrimonio arqueolóxico en Rianxo

5 Out

campos

 

A semana pasada, paseando entre o monte de Rianxo e o de Leiro, descubrín con asombro que ao lado dos camiños puxeron carteis indicativos de que preto hai petróglifos ou mámoas. Ata o de agora, os únicos carteis que podíamos atopar estaban a carón das estradas e, despois, alá te mataras no monte. Dende a Alcaldía, explícannos que foi unha acción de “Arousa Norte coa indicación do Concello”, e que sinalizará un roteiro arqueolóxico.

Seguir lendo

Rexistros eléctricos sen protección no recheo

3 Out

contadores (2)

Hoxe queremos difundir as imaxes que nos pasa un lector do blog sobre uns rexistros eléctricos que hai no recheo de Rianxo. Non sabemos se están conectados á luz ou non, pero non teñen ningún tipo de protección, polo que están expostos ao aire e a que calquera os poida tocar. Actualización: dende o Concello xa nos comunicaron que se van poñer en contacto con Portos, xa que esta zona depende deles.  Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro

26 Set

feiron trial 002

Este ano, o feirón mariñeiro foi o domingo. E o ambiente foi inmellorable. O sol e as ganas de festa fixeron que todo Rianxo saíse a celebralo.

Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o último día

25 Set

ultimo dia banda 052

Aquí tedes as fotos do, a priori, último día de festa, o venres das bengalas.
Seguir lendo

O pobo de Rianxo cantando no feirón mariñeiro

22 Set

Un dos momentos máis fermosos do feirón mariñeiro tivo lugar ás 8 da tarde na praza da Igrexa. Alí xuntouse boa parte do pobo de Rianxo para cantar unidos a unha voz a “Rianxeira”:

Como a xente pedía máis, os músicos animáronse e cantaron tamén “Rianxo, pájaro pinto”:

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: os fogos artificiais

22 Set

procesion oscar 909

Un dos momentos das festas que conta con máis público é o domingo pola noite, cando podemos contemplar no porto o espectáculo pirotécnico.

Seguir lendo

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o día das Juadalupeñas

18 Set

Velaquí as fotos do luns das Juadalupeñas.

procesion xoan 642

Seguir lendo