Tag Archives: Rianxo

I Trial Concello de Rianxo: 20 e 21 de setembro

17 Set

trialrianxo

Esta fin de semana, celébrase nos montes de Leiro o I Trial Concello de Rianxo, que ademais é puntuable para o Campionado Galego de Trial. O evento está organizado polo Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego, como puidemos ler na web do Concello.

Así, a proba comeza o sábado 20 de setembro ás 16.00 horas coa proba infantil. Os nenos de entre 6 e 13 anos enfrontaranse a cinco zonas. Pola súa banda, os adultos terán o seu turno o domingo 21 dende as 10 h da mañá. A proba contará con 40 pilotos, algúns deles asturianos e castelán-leoneses.

Este evento será a sétima proba das nove que o compoñen o Campionato Galego.

Zona das probas

Programa:
Sábado, 20 de setembro, 16 a 18:30 h.: Proba infantil
Domingo, 21 de setembro, de 10 a 15:30 h.: Proba Absoluta.

Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: a procesión marítima

17 Set

inicio (1)

Velaquí vos traemos a segunda parte da procesión do domingo. Pero, nesta ocasión, dende o punto de vista marítimo, xa nos barcos. Queremos agradecerlle tanto á Comisión de Festas da Guadalupe como a David do Toffe a oportunidade de podermos ir, tanto Xoán coma min, en cadasúa embarcación e seguir así a procesión dende o mar. Aquí tedes parte das fotos que sacamos ese día.

Seguir lendo

Orquestra Abanico: “O luns das Juadalupeñas haberá algunha sorpresa”

12 Set

Foto de Rosendo © Fonte: facebook.com/pages/Abanico-Orquesta

A pesar de ser de Santiago, o cantante José Manuel Domínguez leva o nome de Rianxo con orgullo por toda Galicia. Faino dende o 2002 a través da orquestra Abanico. Unha formación que nos encanta e que nos fai desfrutar alí en canta festa os vemos. Este ano, de novo, estarán facendo desfrutar a mozos e non tan mozos no días das Juadalupeñas. José Manuel cóntanos máis sobre a historia de Abanico e como é o día a día dunha orquestra.

Seguir lendo

O estado das estradas rianxeiras

9 Set
Estado do firme por comunidades. Fonte: Asociación Española de la Carretera. 2014

Estado do firme por comunidades. Fonte: Asociación Española de la Carretera. 2014

Segundo un estudo da Asociación Española de la Carretera (AEC) realizado este ano, o estado do firme das estradas españolas é o peor dende que comezaron a analizalo en 1985. Os autores sinalan que hai un grave deterioro, ata o punto de que “actualmente as estradas españolas se atopan nun estado de conservación ‘deficiente’, rozando xa o ‘moi deficiente'”. Galicia, como se ve arriba, está entre as peores comunidades en canto ao estado do firme, xunto con Asturias, Navarra, A Rioxa e Aragón. Non obstante, somos das comunidades con mellores notas en canto a sinalización vertical ou barreiras de seguridade.

Pero neste blog centrámonos no noso concello, en Rianxo. Así que quixemos ver o estado das estradas rianxeiras, sobre todo a raíz dalgún tuit que nos chamou a atención:

Seguir lendo

Frases do arcebispo Santiago Agrelo

14 Ago

Fonte: Twitter

O noso veciño Santiago Agrelo, como todos sabedes, é arzobispo en Tánxer. É unha persoa que coñece moi ben o problema da emigración e todos os dramas que move. Temos preparada unha entrevista con el, pero antes pareceunos moi interesante recompilar aquí algunhas das frases que comparte nos seus perfís do Facebook e do Twitter, nun momento no que se fala tanto da emigración, pola chegada a Melilla e a tarifa de tantas persoas.

Seguir lendo

Quedada para ganchillar

30 Xul

IMG_0001O pasado 25 de xullo, tivo lugar a I Quedada para ganchillar. A idea, de Pepa Martinez Vicente, consistía, desta vez en confeccionar un chal para a estatua da rianxeira, que está na praza de Padrón, coméntanos Pepa que esta será a primeira de outras quedadas, pois xa andan a bulirlle pola cabeza outros proxectos creativos…

Á iniciativa sumouse tamén o colectivo Entreagullas, a ONG Implicadas no Desenvolvemento,  e a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).

Seguir lendo

Feira do Libro de Rianxo (presentacións libros I)

28 Xul

Dourado

Xa rematou a  Feira do Libro de Rianxo deste 2014, e imos coa subida de fotos dos actos que fomos cubrindo.

Seguir lendo

Feira do Libro de Rianxo (inauguración)

27 Xul

IMG_0047

O xoves 24 inaugurouse a  feira do libro de Rianxo, acontecemento que acae no noso pobo por segundo ano consecutivo, a feira poderá visitarse ata hoxe domingo, 27 de xullo.

Seguir lendo

Roteiros Teatralizados

26 Xul

IMG_0160

Durante a Feira do Libro de Rianxo, estanse a celebrar uns roteiros teatralizados polas rúas de Rianxo. Aínda queda unha función máis, hoxe sábado ás 11:00 da noite, na rúa de Abaixo. Estas funcións están realizadas polos Quinquilláns, teatro de rúa, saíndo da praza de Castelao e percorrendo as casas de Manoel Antonio, Castelao, Dieste e rematando na biblioteca.

Aquí vos deixamos unhas fotos da función do xoves pola noite para, se non o fixeches, te animes a vir desfrutar do teatro na rúa:

Seguir lendo

Cruceiro de Pastoriza I

25 Xul

_MG_9092 Este é un dos fermosos cruceiros que podemos atopar na aldea de Pastoriza, en Taragoña. Ten un gran pedestal sobre o que se asenta e arriba, podemos observar a figura de Cristo e, de costas, a da Virxe.

Seguir lendo