Archive by Author

V Trofeo Internacional de Xadrez en Rianxo, esta semana

26 Ago

Esta semana, en concreto o sábado 31 de agosto, terá lugar en Rianxo un evento de nivel, o V Trofeo Internacional Distribunosa Concello de Rianxo. Só hai que dicir que virán ata a nosa localidade que os mellores xogadores de Xadrez que se poden ver neste tipo de torneos. De feito, xa está confirmada a presenza do Gran Mestre Internacional cubano Arian González.

Calquera pode participar no toreno. Só ten que completar a inscrición ata o 29 de agosto, ben na web do Club de Xadrez Rianxo ou ben enviando un correo electrónico a escolaxadrezrianxo@gmail.com 

Hai un feixe de premios para os gañadores. Así, o primeiro clasificado levará 500 euros e o trofeo Distribunosa, o segundo contará con 300€ e unha copa e o terceiro 200€ e un trofeo. Pero ata o 8º clasificado todos levan premio en metálico. Nos tramos de ELO tamén haberá ata 12 premios en metálico.

O evento terá lugar no pavillón municipal de Rianxo dende as 10.30 horas.

Bases_e premios do trofeo_de Xadrez

Entrevistamos a José Abuín, da carnicería O Freixo

23 Ago

Na exposición de Ruando Rianxo, que estará no Auditorio no mes de novembro e que conta co apoio do Concello, queremos contar pequenas historias de ducias de rianxeiros. Porque somos unha localidade moi rica en canto a persoas. Con algunhas delas tratamos a miúdo, como é o caso de José Abuín Tubío un carniceiro moi novo (17/07/1987) que sempre nos recibe cun sorrise na praza de abastos de Rianxo. Falamos con el dos hábitos “carnívoros” dos nosos veciños.

jose1

Seguir lendo

O ecce homo rianxeiro: o estraño cruceiro da praza de Brión

21 Ago

En Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.

cruceirobrion

Seguir lendo

Fotos antigas de Rianxo de procesións e actos relixiosos

20 Ago

Queremos agradecer publicamente a Rafael Caamaño, de Disteva, por facernos chegar estas fabulosas fotografías antigas do noso Concello que son un gran documento histórico e social:

procesions procesions (2)

Seguir lendo

Véndese o pazo de Baltar

19 Ago

Buscando imaxes sobre o praia de Tanxil en Google, atopeime con imaxes do pazo de Baltar e, oh sorpresa, descubrín que está á venda. Realmente debe levar bastante á venda, pero eu descoñecía este feito, xa que pensaba que seguía pertencendo á familia Baltar e que pasaban algún que outro día do verán por alí. Pero está visto que non. O que non sei é que pasaría entón coa estatua da Guadalupe feita por Asorey no caso de que se venda a propiedade. Venderase tamén como parte da finca ou a familia Baltar xa se queda con ela para sempre? A min dáme que en Rianxo nunca máis a imos ver de novo 😦

Non sei dende cando está á venda o pazo de Baltar, pero está claro que mínimo un ano ou dous. Facendo buscas pola Rede, vexo que nun portal inmobiliario de Madrid se valorou a propiedade en 6 millóns de euros. Noutros portais pode verse que estivo por 4,7 millóns de euros. E agora mesmo, pode verse en Idealista.com por 4,5 millóns de euros, polo que a rebaixa foi considerable e seguramente consecuencia de que ninguén fixera ningunha oferta ata a data.

Seguir lendo

Como era a praia de Tanxil?

18 Ago

Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.

tanxil

Seguir lendo

Entrevista a Roberto Figueira, escultor de madeira

16 Ago

RobertoFigueira

Ás veces, a liña que separa a un artista dun artesán é moi fina. Este podería ser o caso do rianxeiro Roberto Figueira Martínez (1982), quen non só trata de vivir do que esculpe na madeira, senón que tamén trata de plasmar nas súas creacións gravados tan complicados como os de Gustave Doré. É unha persoa desas que consideras tímida nas distancias curtas, pero con moito de retranca, como se pode ver tanto no seu blog como nas respostas que nos dá nesta entrevista.

Seguir lendo

Imaxe

Cartel das festas da Guadalupe 2013

16 Ago

CartelProgramaGuadalupe2013WebFonte: web da Guadalupe

Arte ou cousa de feitizos?

10 Ago

Hai tempo, paseando pola ribeira do río Te na zona de Asados e xusto á altura de Carballal, entrei nun dos múltiples muíños abandonados que hai en Rianxo. Alí atopei isto que podedes ver:

muinho1

Non sei se o vedes como parte dun ritual ou ben como un proxecto artístico. A verdade é que a min me descolocou bastante. Todas as pedras, tanto a central como as do lado estaban perfectamente colocadas e pintadas de dourado. Está claro que pola zona non pasa moita xente, sobre todo se non é época de pesca, e alí puideron facer isto sen que ninguén vira nada.

Vós que credes que é?

muinho2

Entrevista a Sabela Galbán

9 Ago

sabela1

Como cada venres, traémosvos unha nova entrevista a alguén que apecerá a finais de ano na exposición Ruanxo Rianxo, que presentaremos no auditorio. Desta vez, temos a oportunidade de coñecer a Sabela Galbán Rodríguez, que de seguro a tedes visto en máis dunha ocasión tocando coa banda de música, acompañando á charanga NASA ou ben animando cos Carapaus.

Seguir lendo