Archive by Author

Fotos de San Pedro de Vilas 2016

28 Xuñ

IMG_1884

Este ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.

Seguir lendo →

A Santa Compaña 2016 volveu percorrer Rianxo

27 Xuñ

IMG_5594
Había anos que os vellos de Rianxo non falaban da Santa Compaña, porque non percorría os camiños e corredoiras dos montes das distintas parroquias. A cousa cambiou o sábado pola noite, cando as almas en pena conseguiron un séquito de 200 persoas e deixaron tras de si un rastro de luz.

Seguir lendo →

Helena Villar Janeiro, a escritora que trouxo os Ancares a Rianxo

27 Xuñ

IMG_1691

O pasado sábado 25 de xuño, Rianxo vestiuse de gala para homenaxear a nosa veciña e escritora Helena Villar Janeiro. Foi un momento moi emotivo, xa que recibiu da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o seu XII galardón “Escritora na súa terra“, a letra E.

Seguir lendo →

As revistas musicais dos anos 20

6 Xuñ

(1)

O pasado venres, 3 de xuño, presentouse na Biblioteca Municipal de Rianxo a exposición “As Revistas Musicais dos anos 20”, vinte reproducións das portadas das revistas depositadas no Fondo Local de Música do concello de Rianxo.

Seguir lendo →

Crónica do IV Torneo EBO, memorial Abel

30 Mai

IMG_20160528_091647_1

Esta fin de semana, o campo de fútbol de Vilas, en Asados, acolleu o mellor fútbol. Os rapaces que seguramente nuns anos estean a xogar nas categorías superiores do fútbol, nos equipos máis recoñecidos e nas competicións máis esixentes, pasaron por aquí para deleitarnos co seu fútbol.

Seguir lendo →

Procesión de Santa Rita 2016

23 Mai

IMG-20160522-WA0004
Esta fin de semana celebrouse en Rianxo a procesión de Santa Rita, patroa dos imposibles. Había orquestra o sábado pola noite, pero o mal tempo non permitiu desfrutar dela, e pola chuvia houbo que suspender a actuación. Iso si, onte fixo un tempo perfecto para desfrutar da procesión, da cal vos deixamos algunhas imaxes.

Seguir lendo →

O deporte base rianxeiro imparable

9 Mai

IMG_0285

Despois dos logros acadados pol@s padexeir@s de remo e piragüismo as pasadas semanas, onte pola tarde, no Campo Municipal de Vilas fíxoselle unha homenaxe ás categorias inferiores do clube, consistente nun corredor feito polos seniors do Unión e os do Carcacía, previo ó encontro que estes últimos desputaron.

Seguir lendo →

Galego na rede

23 Abr

Xoan A. Castro 2 (1 de 1).jpg

A nosa veciña Helena Villar Janeiro, ademais de ser unha grande escritora, demostra ser unha estupenda mestra que se sabe adaptar a calquera medio. Tanto é así que a rede se converte para ela nunha estupenda aula virtual na que poder difundir e promover a nosa lingua. Ademais de aos seus máis de 5.000 amigos no Facebook, grazas ao seu caderno dixital, non só nos dá o seu punto de vista sobre a actualidade, senón que desenvolve un curso de galego coa metodoloxía que se emprega para ensinar calquera lingua. Falamos con ela sobre o tema. Seguir lendo →

Museo vivinte dos oficios invisibles

14 Mar

PROBA CARTEL OFICIOS INVISIBLES-1

Na mañá de onte, diante da casa museo de Manuel Antonio, tivo lugar unha pequena performance para recalcar a enorme importancia dos oficios que non se ven e que normalmente son desempeñados polas mulleres. Tratouse dunha iniciativa para visibilizar todo o que as mulleres fan e traballan, tarefas moitas veces non valoradas. Hai que lembrar que a semana pasada tivo lugar o Día da Muller Traballadora, unha data que sempre saca á luz datos escalofriantes sobre a discriminación que sofren no día a día en materia laboral.

 
Seguir lendo →

Presentación equipacións do Clube Voleibol Rianxo

2 Mar

presentación

.- O pasado domingo, 21 de febreiro, ás 11 h., no salón de Plenos do Concello de Rianxo tivo lugar a presentación das novas equipacións do Club Voleibol Rianxo – Mexillón de Ouro para o ano 2016. O club lucirá a partir de agora camisetas cun deseño inspirado en elementos da cultura rianxeira e que inclúe debuxos “Cousas da vida” de Castelao e a imaxe da escultura da Rianxeira de Buciños. O obxectivo é mesturar deporte, cultura e tradicións de Rianxo, dándoos a coñecer por toda Galicia nos desprazamentos da entidade.

Seguir lendo →