Arquivo | curiosidades RSS feed for this section

O ecce homo rianxeiro: o estraño cruceiro da praza de Brión

21 Ago

En Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.

cruceirobrion

Seguir lendo

Como era a praia de Tanxil?

18 Ago

Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.

tanxil

Seguir lendo

Arte ou cousa de feitizos?

10 Ago

Hai tempo, paseando pola ribeira do río Te na zona de Asados e xusto á altura de Carballal, entrei nun dos múltiples muíños abandonados que hai en Rianxo. Alí atopei isto que podedes ver:

muinho1

Non sei se o vedes como parte dun ritual ou ben como un proxecto artístico. A verdade é que a min me descolocou bastante. Todas as pedras, tanto a central como as do lado estaban perfectamente colocadas e pintadas de dourado. Está claro que pola zona non pasa moita xente, sobre todo se non é época de pesca, e alí puideron facer isto sen que ninguén vira nada.

Vós que credes que é?

muinho2

A historia do gato que mira o mundo dende o alto dun hórreo

3 Ago

Na aldea de Brión, en Leiro, hai un gato que leva décadas mirando a vida dende o alto dun hórreo. É un gato inmóvil, paciente e coa mirada fixa. Un gato de pedra. Os camiñantes que pasen polo lado, de seguro que se preguntan que fai un micho alí arriba nesa graneira, onde máis ben debería ir unha cruz ou outro tipo de adorno. Pois aquí temos a resposta.

gato1

Seguir lendo

Cando Taragoña e Asados tamén eran municipios independentes

23 Xuñ

Grazas outra vez ao noso amigo Rabunho Rexeita, descubrimos un novo e interesante episodio da historia de Rianxo: cando realmente non había un concello, senón tres. Pois si, amigos, pois Taragoña e Asados eran municipios que non tiñan nada que ver con Rianxo, agás que os límites xeográficos. Rianxo e Asados pertencías ao partido xudicial de Padrón, mentres que Taragoña pertencía ao de Noia.

Sorprende saber tamén que o concello máis grande era no seu día o de Asados, xa que formaban parte del as actuais parroquias do Araño, Leiro e Isorna. Vamos, que a día de hoxe a cousa podía ser tal que así:

rianxo_concellos

 

Seguir lendo

Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?

17 Xuñ

Realmente tampouco é que don Fernando, o cura de Rianxo, fixera unha cousa doutro mundo. Pero o que si choca é quen o fai e en que situación.

Sempre se comenta que os máis novos están pendentes do seu “mancontro”, que non fan máis ca whatsappear, estar no twitter ou estar hipnotizados por esa pequena pantalla chamada móbil no momento menos oportuno, como na hora da comida en familia ou ben no instituto, durante as clases.

Pero visto o visto, a dependencia do móbil afecta a todo o mundo. E aquí temos a demostración gráfica disto: o cura de Rianxo, en plena procesión do Corpus Christi 2013, falando polo móbil. Non sabemos con quen falaría nin se o tema era importante ou non, pero o certo é que se trata dunha imaxe máis ca curiosa e por iso a queríamos compartir con todos vós.

Cremos que polo de agora non ten whatsapp nin facebook, pero todo se andará 🙂

cura_mobil

A empanada, o bocadillo e o bolo preñado máis grandes do mundo saíron do Araño

19 Mai

Manuel Pereira García é un home acostumado a batir marcas e máis marcas. O seu nome saíu varias veces no Récord Guinness a pesar de que semellaba que dende a súa panadería do Araño non sería posible tal fazaña.

Natural de Carcacía (aínda que vivindo aquí dende 1981), colaborou durante anos na festa da Empanada de Rianxo. Outro día contarémosvos a idea de facer esta celebración, que parte duns mozos da Comisión de Festas de verán daquel ano do Araño. O caso é que Manuel Pereira colabora en varias edicións coa Comisión de Festas como se pode ver nestas fotos:

Empanada empanada2 empanada3 empanada4 empanada5 empanada6 empanada7 empanada8

O caso é que esa experiencia a acaba levando por Galicia adiante. De feito, o Récord Guinness á empanada máis longa acadouno en Marín, en setembro de 2004, e medía nin máis nin menos ca 104 metros.

Pero non quedou aí, senón que tamén fixo os bocadillos máis grandes do mundo dunha soa peza. O primeiro deles foi de 49 metros e realizárono en Vigo. Continuaron con outros de 50 metros en Santo Domingo de la Calzada (A Rioxa). Pero o máis longo foi o de Soria, con 51 metros, que ten oficialmente o Récord Guinnes.

bocadillo 8

bocadillo 9

bocadillo 10

bocadillo 11

Bocadillo (5)

Bocadillo (6)

bocadilo

Podía parar, pero non. En Pola de Siero (Asturias), elaborou o bolo preñado máis grande do mundo con 25 metros, que seguiría medrando en Xixón (30 metros) e en Soria.

bolo

bolo 1

bolo (2)

bolo (3)

bolo (4)

bolo (5)

bolo (6)

Bolo (7)

Bolo (8)

Bolo (9)

Bolo (10)

As empresas de Rianxo que máis facturan

13 Mai

Gustaríache saber cales son os negocios de Rianxo con maior facturación? Pois ben, grazas á base de datos de Ardán, podemos saber cales son as empresas rianxeiras con maior facturación no ano 2011, o último exercicio do que hai datos.

En concreto, hai 41 empresas que facturas máis de 400.000 euros. Ollo, que iso non significa que gañen limpos eses cartos, senón que os ingresan. Despois hai que pagar soldos e máis gastos, polo que algunhas igual facturan moito pero ao final igual gañan pouco ou ata perden.

A listaxe vai por orde alfabética (non vaiades pensar que vai por facturación). Sorprende ver que haxa tantas empresas relacionadas coa construción e despois tamén hai varios negocios relacionados co mar e coa alimentación, así como co sector textil:

AVICOLA MONTEGRANDE, S.L.
CARPINTERIA ALEJANDRO TUBIO E HIJOS, S.L
CESAR GONZALEZ, S.L.
COFRADIA DE PESCADORES DE RIANXO
COMERCIAL CAAMAÑO GONZALEZ, S.L.
COMERCIAL M. OTERO, S.L.
CONFECCIONES HORTENSIA, S.L.
CONFECCIONES MRF, S.A.
CONGELADOS HUSA, S.L.
CONSERVAS MIRAMAR, S.L.
CONSERVERA DE RIANXO, S.A.
CONSTRUCCIONES ANDRES SEIJAS, S.L.
CONSTRUCCIONES J. NOVOA, S.L.
CONSTRUCCIONES TUCHO, S.L.
DISTEVA, S.L.
DISTRIBUIDORA MATERIAL CONSTRUCCION, S.L
EDUARDO VARELA E HIJOS, S.L.
EDUARDO VARELA PIÑEIRO, S.L.
FELIPE CES, S.L.
GOMEZ TUBIO JOSE ANTONIO, S.L.N.E.
GRUPO CONSULTRES SOLUCIONES, S.L.
HEREDEROS DE FRANCISCO GEY GONZALEZ, S.L
HERMANOS MIGUENS RIAL, S.L.
HERMANOS OTERO LOSADA, S.L.
MAITE RIAL MUEBLES, S.L.
MARIÑA RIVEIRO, S.L.
MARISCOS CARLOS, S.L.
MATERIALES DE CONSTRUCCION FIGUEIRA, S.L
METALES TARAGOÑA, S.L.
MEXIRIAN, S.L.
O’TABERNEIRO, S.L.
PROAMEIXA FERNANDEZ, S.L.
RAMON IGLESIAS SANCHEZ, S.L.
RAMON Y OSCAR TUBIO, S.L.
SOTO LAVADO ENGRASE Y NEUMATICOS, S.L.
TALLERES RIANXO, S.L
TARRIO Y SUAREZ, S.L.
TRANSAGONZA, S.L.
TRASBACH Y VALLE OBRAS, S.L.
XANELA MUEBLES, S.L.

Adeus ao pavo real da rotonda de entrada a Rianxo

11 Mai

Polo visto, o elevado mantemento da figura vexetal que hai na rotonda de entrada a Rianxo, xusto en Rinlo, levou a que se retirara o máis que coñecido pavo real. Que vos parece? Unha boa decisión ou gustaríavos que continuara? Ídelo botar de menos? Colléstelle cariño ou parecíavos horrible?

Fonte: La Voz de Galicia

Fonte: La Voz de Galicia

A canción da Rianxeira a ritmo cubano

11 Mai

Interpretación da artista Yamila Purofilin da nosa Rianxeira. A fusión non puido dar mellor resultado: