
Non queda nada para os 8 días máis festieiros do ano. O fin oficial do verán e o inicio da depresión. O momento no que o calendario comeza a contar para atrás, ata as seguintes festas da Guadalupe. Velaquí o programa completo da edición deste 2019.

Non queda nada para os 8 días máis festieiros do ano. O fin oficial do verán e o inicio da depresión. O momento no que o calendario comeza a contar para atrás, ata as seguintes festas da Guadalupe. Velaquí o programa completo da edición deste 2019.

Antes de nada, darlle a noraboa á comisión de festas do Araño, que fixo un traballo marabilloso durante todo o ano para que os veciños do Araño tivésemos tres días de celebracións. A nosa felicitación!

Compartimos con vós as fotos das carrozas e do enterro do Toribiño do entroido de Rianxo 2019.
Chega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.


As nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.

Se andas con mono de festa, non te preocupes porque a parroquia de Leiro celebra as súas grandes festas parroquias. E faino, como todos os anos, por todo o alto.

O programa das festas da Guadalupe é tan completo e tan variado que ás veces non nos dá tempo a estar en todo nin a desfrutar de todo o que hai programado. Así que nesta pequena publicación lembramos algunha destas actividades que houbo durante a semana.
Seguir lendo

Un dos días que máis deben desfrutar os cativos das festas é o último, o venres, no que a praza da Guadalupe se enche de inchables e de xogos. E aos pais de seguro que tamén lles encanta aforrar algo e que todo sexa gratis por unha vez.
Seguir lendo

O pasado sábado realizouse o tradicional pregón da Guadalupe da man do grupo de teatro Airiños, que cumpre nin máis nin menos que 85 anos. Ese día transmitimos en directo ese momento no noso Facebook (aquí podes ver o vídeo), pero temos algunha fotiño que queremos compartir.

Como cada ano, na urbanización da Guadalupe tivo lugar un obradoiro de cultura urbana impartido por Vella Escola de Noia. Nesta ocasión foi de parkour, que consiste en sortear, saltar e pasar por riba de elementos do mobiliario urbano de forma elegante e moi estética. Ademais, ao final do taller deron unha demostración que nos deixou coa bocar aberta.
Seguir lendo