Arquivo | O Araño RSS feed for this section

Colmeas

1 Set

Aínda que non sexamos unha localidade famosa polo mel, si que hai veciños que teñen colmeas. Non é habitual velas, pero xa vedes que hai quen ten incluso un par de ducias, como nesta finca que atopei preto do Vilar (O Araño).

colmeas colmeas2 colmeas3

Canto custa facer unha festa? O caso das do Araño

28 Ago

Ás veces non somos conscientes de todo o traballo que require organizar e pagar unhas festas. Por iso nos parece un interesante exercicio ver de onde se sacan os cartos e canto diñeiro fai falla para celebrar unhas festas parroquias. Moi acertadamente, para que se valore o seu traballo, dende a Asociación de Festas do Araño publicaron os seus gastos e ingresos.

Aquí está o cartel das festas, tres días coas orquestras Os Ánxeles, Bahía Blanca, D’Noche, La Torre, Brujas, Dúo Óbice, gaiteiros e fogos.

A isto habería que sumar outro día coas festas de Buhía:

Canto credes que custa?

Seguir lendo

Fotos das festas dos Milagres do Araño 2013

5 Ago

festa-araño-002

Seguir lendo

Por que non se sabe que o hórreo máis longo do mundo é o do Araño?

4 Ago

Como na parroquia do Araño se están a celebrar as festas e o elemento máis emblemático da parroquia é o hórreo, hoxe quixen lanzar unha reflexión: por que en toda Galicia se segue a dicir que a graneira máis longa do mundo é a de Carnota? Por que o hórreo do Araño é un gran descoñecido fóra do noso Concello? Por que non lle sabemos sacar todo o potencial que ten?

horreoaranho2

Seguir lendo

Entrevista a Rabunho Rexeita

12 Xul

De seguro que xa coñeces Rabunho Rexeita, unha páxina no facebook na que hai un feixe de fotos antigas do Araño e de Rianxo, onde te podes enterar de historias, curiosidades, información sobre o patrimonio rianxeiro, vídeos antigos… Vamos, que día a día é unha páxina de referencia para coñecer e redescubrir todo o que está ao noso arredor. Pero como somos curiosos, tamén nos preguntamos quen está detrás de Rabuno Rexeita, quen é esa persoa que cada día alimenta as nosas mentes con novas e interesantes cousas sobre Rianxo e O Araño. Hoxe imos descubrilo neste blog a través de fotos e dunha entrevista.

quene

Seguir lendo

A igrexa do Araño e cando lle caeu a tribuna

3 Xul

A igrexa do Araño é do século XVII. Coméntase que no seu día había un templo en Santa Baia, pero despois construiuse a igrexa arriba, onde está agora.

igrexa_aranho1

Como anécdota, cabe sinalar que en 1929 caeu a tribuna, que era de madeira, provocando un susto ben grande aos asistentes. Foi cambiada pola actual, unha de albanelaría. Foi tan soada a caída da tribuna, que por Rianxo circulaba un poema que nos comentou Xesús Santos:

Asados ponte firme
que o Araño xa caeu
e Taragoña está temblando,
co susto que lle meteu.

Seguir lendo

A antiga fonte do Pazo dos Calotes

2 Xul

Grazas ao gran Rabunho Rexeita, descubrimos que pegada aos Pazo dos Calotes (O Araño) había unha fonte preciosa:

fonte

 

Seguir lendo

Festa de San Xoán 2013

19 Xuñ

Chega a noite máis máxica do ano, a máis curta e a que nos deixa cheirando a roupa 🙂 O San Xoán, coas súas cacharelas, o churrasco e as sardiñas asadas tamén se celebra en Rianxo, aínda que agardemos que o tempo acompañe.  Velaquí algunhas das actividades que podes ter.

En primeiro lugar, en Buhía, no Araño, organízase a tradicional festa de San Xoán. Hai que ter en conta que na Hermida teñen unha capela na honra deste santo e todos os anos organizan unha celebración. Hai misa e dúas orquestras pola noite:

buhia

Foto sacada por Rabunho Rexeita

 

Ao día seguinte, o 23 de xuño a partir das 22:00 horas, a Asociación Antrospinos organiza unha festa na praia da Torre de Taragoña. Non faltará a comida e mesmo haberá unha barra de bebidas e actuación musical:

antros

Actividades de lecer para o verán 2013

19 Xuñ

Dende o 18 de xuño xa está aberto o prazo para as actividades de verán do concello de Rianxo.

Así que os pais e as nais do concello, polo menos xa teremos onde ter entretidos os cativos no periodo estival.

Este ano, tráennos diversos trocos que non tiñamos outros anos:

  • MÁIS TEMPO: o Campamento Urbano vai ter actividade cinco días á semana, triplicando o horario do ano anterior.
  • MÁIS IDADES: amplíase o espectro de idades, pois vai dirixido a nenos e nenas nados entre o 2001 e 2009.
  • MÁIS PRAZAS: ofértanse 150, podendo ampliarse ata as 200.
  • MÁIS PROFESIONAIS: 10 monitores con formación específica, aos que hai que sumar os monitores do Servizo de Deportes.
  • MÁIS ACTIVIDADES: actividades deportivas, obradoiros gastronómicos, flashmob, stopmotion, música e bailes, expresión corporal, obradoiros…

O fío condutor será unha VIAXE ARREDOR DO MUNDO, con inicio e remate en Rianxo, e que pasará por tódolos continentes.

Aquí o resumo de toda a programación dispoñible: www.concelloderianxo.es/avoltaaomundo

Tamén, e para os que lles guste a música, a Banda Escola de Música de Rianxo, vai dar durante os meses de xullo e agosto uns obradoiros musicais polas parroquias de Rianxo, Taragoña e o Araño , orientados a rapaces e rapazas de entre 3 e 7 anos.

Fotos do campo de fútbol abandonado do Araño

21 Mai

Agora que hai un grupo de mozos de Buía que están detrás da idea de recuperar o equipo da parroquia do Araño, colgamos aquí unha galería de fotos de como está agora mesmo o campo de fútbol. Roubaron uralitas, metal, cortaron cableado e mesmo romperon baños.

campo1

campo01

campo02

Aquí pode apreciarse como roubaron moitos dos tubos metálicos que rodeaban o campo para que non entrara o público durante os encontros: campo03

campo04

Esta é a zona na que se resgardaba a xente e tamén onde estaba a cantina na que se servían as bebidas: campo05

campo06

campo07

campo08

campo09

campo10

Velaquí os vestiarios dos equipos e dos árbitros:

campo11

campo12

campo13

campo14

Nos postes pode apreciarse como non hai ningunha lámpada das que iluminaba o campo:

campo15

campo16

Hai unha pequena caseta que era a que xeraba a electricidade ao campo. Roubaron e cortaron o cableado:

campo17

Este era o banco do equipo visitante:
campo18

E este era onde se sentaban os xogadores do Araño: campo19

campo20

O cuarto de baño está rompido:

campo21

Aquí podemos ver a taquilla por dentro:
campo22