
As nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.

As nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.

O programa das festas da Guadalupe é tan completo e tan variado que ás veces non nos dá tempo a estar en todo nin a desfrutar de todo o que hai programado. Así que nesta pequena publicación lembramos algunha destas actividades que houbo durante a semana.
Seguir lendo

Un dos días que máis deben desfrutar os cativos das festas é o último, o venres, no que a praza da Guadalupe se enche de inchables e de xogos. E aos pais de seguro que tamén lles encanta aforrar algo e que todo sexa gratis por unha vez.
Seguir lendo

O pasado sábado realizouse o tradicional pregón da Guadalupe da man do grupo de teatro Airiños, que cumpre nin máis nin menos que 85 anos. Ese día transmitimos en directo ese momento no noso Facebook (aquí podes ver o vídeo), pero temos algunha fotiño que queremos compartir.

Como cada ano, na urbanización da Guadalupe tivo lugar un obradoiro de cultura urbana impartido por Vella Escola de Noia. Nesta ocasión foi de parkour, que consiste en sortear, saltar e pasar por riba de elementos do mobiliario urbano de forma elegante e moi estética. Ademais, ao final do taller deron unha demostración que nos deixou coa bocar aberta.
Seguir lendo

A Comisión de Juadalupeñas está todo o ano traballa que traballa, facendo eventos e actividades para poder facer un gran festival de música gratuíto e a verdade é que ten un mérito incrible. Ademais de que se nota o gran nivel que conseguen.
Seguir lendo

Como quen non quere a cousa, pasaron os oito días das festas da Guadalupe de Rianxo. Chegou o venres, o agardado día que para moitos supón o final do verán, un momento para celebrar e tamén para sentir nostalxia do que se vai co verán. Pero tamén unha xornada na que a celebración da Guadalupe acaba por todo o alto, cantando A Rianxeira con bengalas ás 2 da madrugada na praza de Castelao.

Nas festas máis calorosas que lembramos da Guadalupe, a actividade da festa da escuma foi do máis refrescante. Os máis pequenos pasárono en grande e algún veterano tamén se animou a acompañar aos nenos.
Seguir lendo

Pola tarde, no feirón moito máis ambiente e a tradicional Rianxeira na que participa calquera veciño ou foráneo cun instrumento.
Seguir lendo

Hoxe, 11 de setembro de 2018, os xigantes regresaron á vila de Rianxo. En concreto, durante a celebración do Día de Padrón puidéronse ver a dous. Un home e unha muller. Iso si, a xente, lonxe de terlles medo, aplaudía e ficaba alegre coa imaxe.