
O domingo da Guadalupe é dos días grandes, porque A Moreniña pasea pola ría de Arousa. Faino nunha procesión marítima na que participan centos de rianxeiros e ducias de barcos, lanchas e ata motos acuáticas.
Seguir lendo
O domingo da Guadalupe é dos días grandes, porque A Moreniña pasea pola ría de Arousa. Faino nunha procesión marítima na que participan centos de rianxeiros e ducias de barcos, lanchas e ata motos acuáticas.
Seguir lendoHabía moitas ganas de festas. O coronavirus provocou, entre outras cousas, que levemos dous anos sen sentir o que é vivir oito días de festas en Rianxo. E onte, por fin, puidemos desquitarnos. Chegou a celebración coa que despedimos o verán. A nai de todas as festas. A Guadalupe 2022.

Tras un par de anos de pandemia, as festas da Guadalupe recuperan o seu formato habitual, con oito días de festas. Fano con moita ilusión e con caras novas, porque á fronte da comisión xa non estará o Xixí, quen pasa a ser Presidente de Honra. No cargo substitúeo Carlos Ces, quen levaba moito tempo como vicepresidente. Falamos con el de como serán estas festas, do traballo da comisión e do que custa sacar adiante tantos días de celebración.

Os días 2 e 3 de setembro asistiremos no Auditorio de Rianxo a unha preestrea. Alí poderemos desfrutar por primeira vez da ópera electrónica en galego Papagenea, que despois viaxará por catorce concellos de toda Galicia. O seu autor é o compositor rianxeiro Iago Hermo, quen se uniu neste proxecto coa compañía ButacaZero. Na dirección, unha coñecida tamén da casa, Esther F. Carrodeguas, quen codirixe xunto con Xavier Castiñeira.
Hoxe queremos felicitar dende aquí a Manu Gómez por apostar pola súa terra, por Rianxo, para abrir un novo restaurante. Neste caso trátase do Aghro da Corna, un local que está onde antes se situaba o portiño.
A verdade é que ten unha pinta inmellorable. O restaurante está decorado con moi bo gusto, non lle falta detalle e todo o equipo, nesta xornada de estrea, volcouse para que que o arrinque do Aghro da Corna fose todo un éxito.





O rosario e a buguina. Ou o que é o mesmo, a nai de Manoel Antonio e o poeta. A vida estrita, a misa dos domingos e a liturxia fronte á liberdade, á brétema e á poesía. Dúas voces que, despois de tempo separadas, se atopan de novo nos últimos meses de vida do rianxeiro. Este é o argumento do novo libro de Xosé Ricardo Losada (1961) co que gañou en 2020 o Premio Torrente Ballester. Velaquí o cuestionario que lle fixemos ao escritor da rúa de Arriba.
O mes que vén, Adrián Gómez Ramos (1994) presentará a súa novela Cando sangren os lobos na túa terra, en Rianxo. Adrián vén de estrearse por todo o alto no mundo da literatura, xa que o fai tras gañar o Premio Xuventude Crea na categoría de novela. Neste cuestionario falamos de como recibiu a noticia e sobre a obra que vén de publicar en Xerais.
“Sentíminos grandes e pequenos ao mesmo tempo”. Quen así falaba era Maruxa Miguéns, a metade de Os Rosales de Asados. Falaba en nome dela e do seu home, de Xosé Romero. Toda unha vida xuntos. Historia viva da música tradicional galega. Paixón e amor polo folclore, tal e como se recolle no libro que se presentou onte no auditorio, “Os Rosales. O son da festa”.

O domingo, 18 de abril, tivo lugar en Bueu o Campionato Galego de Bateis, no que participou o Culb de Remo Rianxo. Os resultados non puideron ser mellores, xa que en cadete feminino as rianxeiras se proclamaron subcampioas de Galicia. Na categoría xuvenil feminina as nosas fixéronse co primeiro posto, como campioas galegas. Destacar tamén a categoría senior feminina, na que as remeiras de Rianxo subiron ao podio, coa 3ª praza. Por último, na categoría infantil masculina, os nosos veciños foron campións. Case nada. Orgullo de deportistas e de mozos!