Clausura do XI Ciclo de Bandas de Rianxo

27 Ago

BEM e Carapaus editadas (9)

O pasado sábado  deu por finalizado o XI Ciclo de Bandas coa actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo, acompañada polo grupo Carapaus.

Seguir lendo

Nespras asiáticas en Taragoña

26 Ago

Diferenza de tamaño entre unha avespa normal e a asiática. Fonte http://www.telecinco.es

Dende Taragoña, en concreto dende o lugar do Montiño, unha lectora do blog, Verónica, acaba de avisarnos de que descubriron un niño de nespras asiáticas. Por ese motivo, e mentres non se retire do lugar, os veciños andan con bastante medo. De feito, Verónica indícanos que “tocaremos a todalas portas que sexa necesario para que nos quiten o antes posible ese perigo de onda nós”.

Seguir lendo

Os Irlandeses de Rianxo gañan o I Torneo de Rugby Praia celebrado no noso concello

25 Ago

Rubgy 001

O pasado sábado, 22 de agosto, celebrouse no areal de Tanxil o I Torneo de Rugbi praia de Rianxo, onde participaron distintos equipos de toda Galicia, ao tempo que se contaba cun clube local, Os Irlandeses. Había equipos femininos e masculinos e, a pesar de que o tempo facía pensar que non se podería xogar, ao final disputáronse todos os partidos nun moi bo amabiente.

Seguir lendo

Grave atentado ó patrimonio rianxeiro

25 Ago

_MG_4373

Pasaba das nove da noite cando Juan Carlos Collazo, gran coñecedor no patrominio rupestre rianxeiro, nos alerta de que os petróglifos dos Mouchos foran salvaxemente danados. Unha obra con miles de anos de antigüidade, de gran valor cultural, histórico e artístico, foi estragada só co obxectivo de facer mal.

Rapidamente decidimos achegarnos ata alí, e o panorama é totalmente desolador. Como podedes apreciar nas fotografías, as dúas laxes de abaixo foron debuxadas con pintura branca, o cal ten difícil solución, pois non se poderán usar líquidos que laven a pintura sen estragar os gravados.

_MG_4376 _MG_4377

Juan Carlos Collazo, Xusto Xosé Ordóñez (concelleiro de Deportes e Patrimonio do Concello) e eu mesmo non podíamos dar crédito ao que pasara. Estabamos ante unha das estacións petroglíficas máis importantes  de toda Europa polo gravados que conteñen, si, en Rianxo. E en lugar de apreciar o valor que ten isto, hai vándalos que se adican a atentar contra un xacemento dese tipo.

En situ, procedeuse a informar do suceso a Patrimonio. Ademais, ó longo de hoxe pola mañá procederase a informar tamén ó Seprona para cursar a denuncia correspondente.

_MG_4379 _MG_4382 _MG_4383

A verdade, é que non podemos atopar unha resposta nin unha razón ante semellante atentado contra o legado patrimonial de todas e todos nós. Agardemos que pronto se poida saber a autoría de tales feitos e que polo ben da historia esto teña unha solución que nestes intres, polo menos ó meu ver, ten difíil solución.

O dito, un día triste o de onte para os rianxeiros. Non deixas de preguntarte por que alguén faría iso. E, sobre todo, se ao final ten sentido dar a coñecer onde está os petróglifos e as mámoas de Rianxo, xa que se ao final o resultado vai ser este, é mellor que sigan escondidas. Alomenos aseguramos que sigan intactas uns anos máis e non que persoas deste tipo estraguen unha parte tan importante da nosa historia.

Roteiro Goza do Ulla en Rianxo

21 Ago

Continuamos cas andainas neste mes de agosto (como se nota que no verán nos gusta saír da casa). O sábado 29 de agosto de aproximadamente, dentro do programa Goza do Ulla 2015 terá lugar unha ruta duns 12 km (4 horas aproximadamente).

Seguir lendo

V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño

21 Ago

aranhoandainaComo cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.

A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉

Os Carapaus e rugby esta fin de semana en Rianxo

21 Ago

Mañá sábado, ás 22.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo Carapaus. Estaba previsto na praza de Castelao, pero como está previsto que chova, ao final cambia un lugar onde non nos mollemos e onde os músicos poidan tocar sen resfriarse 😉

Seguir lendo

Caxade en concerto

20 Ago

_MG_3314

O pasado sábado 15 de agosto Alonso Caxade actuou no Auditorio de Rianxo. O músico, nminado aos “Premios Mestre Mateo”, aos “Premios Galegos da Música” aos “Martín Códax” e gañador do “Certame Música Xove” mediou o recinto para compartir a súa música.

Seguir lendo

R habilita 80 puntos wifi gratuítos en Rianxo

19 Ago

 

O operador galego de telecomunicacións por cable R está a abrir por toda Galicia unha rede con miles de puntos wifi gratuítos para os seus clientes. wificlientesR, que así se chama este servizo, ten dispoñible algo máis de 80 puntos de acceso a internet en Rianxo.

Seguir lendo

Fotos do concerto de Seis por Oito en Rianxo

18 Ago

_MG_3038

Este pasado venres o grupo Seis por Oito actuou no auditorio rianxeiro
. Foi xa comezada a noite, a partir das 22:30 horas, presentando o seu disco Imos a-la!

Seguir lendo