Imaxe

Feliz 2014!

31 Dec

felizfotosderianxo

Presentación do libro Sobre Ruinas

27 Dec

O pasado 13 de decembro presentouse no Auditorio de Rianxo Sobre ruínas, o novo poemario de Xesús Rábade Paredes, escritor cospeitense, pero rianxeiro de adopción.

Imaxe

Seguir lendo

Os escudos de Rianxo debuxados por Castelao

26 Dec

Como ben sabedes, hais uns días publicamos un post sobre os escudos rianxeiros nos que se baseou Castelao para facer o de “Denantes mortos que escravos”. Aí comentamos que fixo un traballo xunto con Bouza Brei sobre os Escudos de Rianxo, publicado pola revista Nós, no nº 113, de 17 de maio de 1933, px. 77-83. Castelao recolle máis de 30 escudos diferentes.

Grazas ao Museo de Pontevedra, podemos ver eses escudos, algúns dos cales non chegaron ata os nosos días:

casamaroma

Escudo na chamada Casa da Maroma, en Rianxo

Seguir lendo

O novo aspecto da pasarela sobre o río Te

22 Dec

Como sabedes, este verán uns vándalos queimaron parte da ponte de madeira que formaba parte do paseo marítimo e que unía O Pazo coa praia da Torre. Por ese motivo, dende aquela permanece pechada ao tránsito. Non obstante, dende Costas están xa a substituír a vella ponte de madeira por unha nova de aceiro. É dicir, que cambiará completamente a estética á que estabamos acostumados ata o de agora. Imos coñecer cando estará lista a nova ponte, o custo e tamén o aspecto que vai ter.

pasarelaantiga

Seguir lendo

Imaxes con Fondo

18 Dec

Dende o 13 de decembro até o 4 de xaneiro do 2014, poderemos desfrutar dunha exposición do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición Imaxes con Fondo, que nace  dun concurso de fotografía,  pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe.

cARTAZ expòsición imaxes con fondo2 WEB GRANDE

Nesta expo, participa unha rianxeira de 23 anos que se chama Raquel Cespón Romero, quen nos conta que a súa formación en fotografía comezou en outubro do ano pasado con algúns cursos que organiza a USC, como obradoiros de creatividade fotográfica ou creación de proxectos fotográficos. Na actualizade participa en diferentes actividades do Fotoforum Compostela, como algunha exposición colectiva, un fotolibro ou actividades mensuais como a fotoliga que organizan.

Fotos con fondo-9855

 

Seguir lendo

Tempo de acivros. Tempo de libros

17 Dec

O venres 13 de presentouse no auditorio de Rianxo o tríptico de recomendacións lectoras Tempo de acivros. Tempo de libros.

Imaxe

O tríptico está elaborado polas bibliotecas escolares do CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES Félix Muriel e a Escola Infantil A Galiña Azul de Rianxo xunto coa Biblioteca Pública Municipal Castelao.

Velaquí unhas poucas fotos da gala:

Imaxe

Seguir lendo

Guía para a visita aos petróglifos dos Mouchos

16 Dec

Hoxe quero poñer outro interesante documento do Centro Arqueolóxico do Barbanza, unha guía explicativa para a visita aos petróglifos dos Mouchos, preto da praia de Cunchas. Como comentan Juan Carlos Collazo, “a dos Mouchos é a escena de caza e de monta (equitación)  máis espectacular de toda Europa”.

docGuía para a visita aos Mouchos

Artigo deste blog con fotos dos petróglifos.

mouchos

A inspiración do escudo de Castelao

12 Dec

Como sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?

escudocastelao

Seguir lendo

Catálogo da necrópole tumular dos Campiños, en Leiro

10 Dec

Hoxe quero poñer un gran documento realizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza. Trátase do catálogo dos Campiños e que recolle con todo detalle o que alí podemos ver. Así que é moi importante destacar o labor que realizan dende Neixón e que poidamos ter este tipo de documentos.

docCatálogo da necrópole tumular dos_Campiños

Oxalá algún día poidamos ter unha sinalización correcta ou algún tipo senda ou percorrido que nos permita descubrir os tesouros históricos que agochan os montes de Rianxo e que realmente a día de hoxe permanecen ocultos para unha maioría, xa que son moi difíciles de atopar.

campinhos1

No punto marcado como Campiños 6, podemos atopar a fermosa mámoa dos Campiños, que segundo se pode ver no catálogo elaborado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza Centro Arqueolóxico do Barbanza foi “explorada no ano 1977 por aficionados vencellados ao Teleclube de Leiro”. Trátase dunha sepultura de corredor curto que sufriu unha espoliación na súa cámara norte, polo que venceu a parede do corredor dese lado.

Trátase dun momumento funerario “construído e utilizado no momento de pleno apoxeo do megalitismo galaico, quizais correspondendo a unha fase asimilable ao Neolítico Final I-Calcocítico Precampaniforme”.

No lugar tamén se atoparon instrumentos como machados, unha aixola (ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns 10 cm, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira), dúas láminas de sílex ou tres puntas de frecha de base triangular ou restos cerámicos.

mamoacampinhos

> Post no blog de cando estivemos alí con Juan Carlos Collazo e con Rabunho Rexeita.

 

Onde se atopa esta imaxe?

8 Dec

imaxe

Alguén sabería dicir en que sitio do Concello de Rianxo se atopa esta imaxe? O único que podemos dicir é que está na fachada dunha casa particular.